Saltar ao contido

Esponxioblasto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chámase glioblasto ou esponxioblasto[1][2][3] ao tipo de células do sistema nervioso que se crean na zona ventricular do neuroepitelio do tubo neural a través do proceso de proliferación celular a partir da 4ª semana da xestación humana.[4]

Formación

[editar | editar a fonte]

As divisións das células proxenitoras orixinan neuronas inmaturas e glioblastos. Estes diferéncianse das neuronas inmaturas en que manteñen a súa capacidade proliferativa (capacidade de dividirse) ao longo da vida.

Na actualidade, mediante estudos de técnicas inmunocitoquímicas, chegouse á conclusión de que na zona ventricular existen dous tipos de células proxenitoras, unha que orixina glioblastos e outra que orixina neuronas inmaturas. É dicir, a determinación como neurona inmatura ou glioblasto xa procede das células proxenitoras das que se orixinan as células nerviosas.

  1. "Dicionario Galnet". ilg.usc.gal; esponxioblasto. Consultado o 2022-07-23. 
  2. "Dicionario Galego de Termos Médicos; esponxioblasto. Páx. 289" (PDF). edu.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2021. Consultado o 23 de xullo de 2022. 
  3. "glioblasto ; Dicionário Infopédia de Termos Médicos". infopedia.pt - Porto Editora. Consultado o 2022-07-23. 
  4. Rodríguez, Ángel (2015). "Embriología del Sistema Nervioso" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2018. Consultado o 5 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.