Cape Town Stadium
Cape Town Stadium | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 33°54′12″S 18°24′40″L / -33.903461111111, 18.411152777778 |
Localización | Cidade do Cabo, Suráfrica |
Construción | |
Inauguración | 14 de decembro de 2009 |
Arquitecto | GMP Architekten |
Custo | $600 millóns |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Capacidade | 69.070 |
Propietario | Kaapstad |
Web | https://capetownstadium.co.za/ |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Cape Town Stadium en Cidade do Cabo, Suráfrica, é un estadio deportivo construído para o Mundial de Fútbol de Suráfrica 2010.[1] Durante a fase de proxecto o estadio era coñecido como Green Point Stadium, o cal era o nome da zona deportiva que estaba situada no lugar previamente. Ese nome é aínda ás veces utilizado na documentación do Mundial.
O estadio está situado en Green Point, entre o outeiro de Signal e o océano Atlántico, preto do centro da cidade de Cidade do Cabo e ao Victoria & Alfred Waterfront, un popular centro de comercio e turismo. O estadio ten capacidade para 69.070 espectadores.[2] É tamén coñecido como o African Renaissance Stadium (Estadio do Rexurdimento Africano).
Datos
[editar | editar a fonte]Levantado sobre os terreos que ocupaba un antigo campo de golf, Green Point (situado no barrio homónimo de Cidade do Cabo) sitúase moi próximo ao océano Atlántico, nunha zona próxima aos principais centros de transportes da cidade. O seu aforamento durante a Copa do Mundo de Fútbol será de 69.070 espectadores, divididos nun anfiteatro inferior de 23.800 e dous superiores de 23.000 espectadores cada un, sendo o segundo de maior capacidade do campionato. O custo total do complexo foi de 600 millóns de dólares. A pesar de que o prazo orixinal estipulado pola FIFA para a súa finalización expiraba en 2008, diferentes problemas atrasaron esta data. Finalmente, foi inaugurado o 14 de decembro de 2009. A cidade xa posuía outro grande estadio, o Estadio Newlands, onde se disputaron encontros correspondentes á Copa do Mundo de Rugby de 1995, que pasará a albergar exclusivamente encontros de rugby.
Copa do Mundo 2010
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Copa Mundial de Fútbol de 2010.
Partidos
[editar | editar a fonte]O Cape Town Stadium albergou durante o campionato oito encontros: cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final, e un de cuartos de final e unha semifinal. Os partidos foron os seguintes:
Data | Fase | Equipo | Resultado | Equipo | Espectadores | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
11 de xuño | Primeira rolda | Uruguai | Francia | ||||
14 de xuño | Primeira rolda | Italia | Paraguai | ||||
18 de xuño | Primeira rolda | Inglaterra | Alxeria | ||||
21 de xuño | Primeira rolda | Portugal | Corea do Norte | ||||
24 de xuño | Primeira rolda | Camerún | Países Baixos | ||||
29 de xuño | Oitavos de final | España | Portugal | ||||
3 de xullo | Cuartos de final | Arxentina | Alemaña | ||||
6 de xullo | Semifinal | Uruguai | Países Baixos |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Stadium Complete". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2011. Consultado o 10 de xuño de 2010.
- ↑ African Renaissance Stadium
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cape Town Stadium |
- Fifa.com: Cape Town Stadium Arquivado 04 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.
- Cape Town Stadium en Google Maps