Eudosia Lorenzo Diz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de agosto de 1917 ![]() Fradalvite, España ![]() |
Morte | 16 de decembro de 2004 ![]() Reunión, Francia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestra ![]() |
Eudosia Lorenzo Diz, nada en Fradalvite (Lobeira) o 14 de agosto de 1917 e finada no Departamento de Reunión o 16 de decembro de 2004, foi unha mestra galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Agustín Lorenzo Puga e Basilisa Diz González. Dende 1923 foi á escola da aldea de Chaos de Limia. Ingresou na Normal de Ourense en 1931 e rematou a carreira de mestre en 1935. Exerceu como mestra en San Xes de Vilariño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse o 20 xullo nas terras de Castro Laboreiro coa súa familia. Dous anos despois, o 29 de xullo de 1938, fuxiron para evitar ser executados polos falanxistas. Foi expulsada de Portugal o 10 de agosto. Estivo exiliada en Marrocos mais de 25 anos, onde casou cun francés en xuño de 1943.
En 1965 a familia emigrou a Aix-en-Provence, preto de Marsella. Despois da morte do seu home en 1992, continuou a vida cos fillos en Grenoble e Alfortville (París) e posteriormente no departamento de Reunión onde morreu en decembro de 2004. En 1999 foi reintegrada no maxisterio.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Morais, Carlos; Féron Lorenzo, Paul (2020). Eudosia Lorenzo Diz, a jovem mestra do Val do Límia. Umha aproximaçom biográfica. Comité pola Memória Histórica do Val do Límia.
- Le parcours d'Eudosia Lorenzo Diz et de ses parents refugiés et cachés au Portugal de 1936 à 1938. (en francés)