Saltar ao contido

Fermín Cacho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFermín Cacho

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Ágreda, España Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Peso65 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmediofondista, atleta Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportiva1500 metros Editar o valor en Wikidata
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996
1992Xogos Olímpicos de 1992 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IAAF: 14167006 Olympic.org: fermin-cacho-ruiz Editar o valor en Wikidata
Cadro de medallas
Atletismo
Xogos Olímpicos
Ouro Barcelona 1992 1500 m
Prata Atlanta 1996 1500 m
Campionato do Mundo de Atletismo
Prata Stuttgart 1993 1.500 m
Prata Atenas 1997 1.500 m
Campionato de Europa
Ouro Helsinqui 1994 1.500 m
Bronce Budapest 1998 1.500 m

Fermin Cacho, nado en Ágreda (provincia de Soria) o 16 de febreiro de 1969, é un atleta castelán, xa retirado.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Considerado como un dos mellores atletas españois de todos os tempos, no seu amplo palmarés destaca a medalla de ouro acadada nos 1500 metros nos Xogos Olímpicos de Barcelona en 1992. Foi medalla de prata na mesma proba dos Xogos de Atlanta en 1996.

Sempre na súa proba de 1.500 metros lisos, proclamouse unha vez campión de Europa, nos Europeos de 1994 e tamén posúe unha medalla de bronce obtida no Europeo de 1998.

Nos Campionatos do Mundo, obtivo dous importantes subcampionatos nos anos 1993 e 1997.

En pista cuberta destacan as medallas de prata no Campionato do Mundo celebrado en Sevilla en 1991 e no Campionato de Europa de 1990 en Glasgow.

A súa mellor marca en 1.500 metros de 3:28.95, conseguida o 13 de agosto de 1997 en Zürich, continúa sendo récord de España e de Europa da especialidade, e a quinta mellor marca mundial de todos os tempos.

Mellores marcas

[editar | editar a fonte]
Proba Resultado Data Lugar -
800 m 1:45.37 08/09/1991 Albacete (España)
1500 m 3:28.95 13/08/1997 Zürich (Suíza) Récord de Europa