Festival Cultura Quente
Cultura Quente | |
---|---|
Taraf de Haïdouks no Cultura Quente de 2008. | |
Localización | Caldas de Reis, Galicia |
Anos | 1998-actualidade |
Nº edicións | 13 |
Fundadores | |
Data | xuño e xullo |
Xénero | Multidisciplinar |
Organizador | Concello de Caldas de Reis |
Web oficial | www.culturaquente.com |
Na rede |
O Festival Cultura Quente (CQ) é un festival cultural multidisciplinar celebrado en Caldas de Reis desde 1998.
O apartado musical abrangue estilos diversos como o rock, electrónica, pop, indie ou hip hop, con concertos celebrados no parque da Carballeira. A acampada é de balde na zona da Tafona, así coma tódolos concertos.
Historia
[editar | editar a fonte]Ten a súa orixe no festival Kaldarte, creado en 1997 e baseado na escultura. Nas primeiras edicións, os artistas eran na súa maior parte estudantes da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Nos primeiros anos o acceso á carballeira era libre, pero desde o 2005 a zona de concertos está valada e os accesos controlados, impedíndose a introdución con comida e bebida do exterior. Ao principio os concertos celebrábanse na primeira fin de semana de xullo, despois pasouse á segunda, e no 2010 tiveron lugar na terceira, evitando así a coincidencia co Festival Intercéltico de Ortigueira.
Edicións
[editar | editar a fonte]1998
[editar | editar a fonte]A edición de 1998 tiña como lema "Pola participación e o compromiso". Os concertos tiveron lugar o venres 3 e o sábado 4 de xullo. O venres tocaron Berrogüetto, O Caimán do río Tea, Atahide, Joglars e Senglars Quinta feira e Cataventos. O sábado fixérono Hamlet, Buenas noches Rose, Saratoga, Mandrágoras, La Gripe, Riff-Raff e Disfasia.
1999
[editar | editar a fonte]A edición de 1999 tiña como lema "Pola diversidade e a utopía". Tocaron Os Diplomáticos de Monte Alto
2000
[editar | editar a fonte]A edición de 2000 tiña como lema "Pola cultura da paz". Os concertos tiveron lugar o venres 30 de xuño e o sábado 1 de xullo. O venres tocaron Dismal, Ill, Tako, After Feed Back e Skunk D.F.. O sábado fixérono Daniel y la Quarter de baño band, Sôber, Sugarless, Sonotones e Sudden Blaze.
2001
[editar | editar a fonte]A edición de 2001 tiña como lema "Pola cultura sen papeis". Os concertos foron o venres 6 e o sábado 7 de xullo. O venres actuaron Killer Barbies, Grass, Kannon, Karbon 14 e Revelbeat. O sábado fixérono Australian Blonde, Sex Museum, theDismal, Deluxe e Superskunk.
2002
[editar | editar a fonte]A edición de 2002 tiña como lema "Promoción humana". Os concertos foron o 12 e 13 de xullo e actuaron Big Soul, Gigolo Aunts, Deluxe, Sidonie e Ya te Digo o primeiro día e Rosendo, Dismal, NDNO, Fe de Ratas e Skunk D.F. o segundo.
2003
[editar | editar a fonte]A edición de 2003 tiña como lema "ManifestAcción". Os concertos foron o venres 11 e o sábado 12 de xullo. O venres actuaron Maestro Pocero (Josele Santiago), Mastretta, Jet Lag, Le Punk e Ectoplasma. O sábado foi a quenda de Sepultura (suspendido, no seu lugar estiveron Dover), Freak XXI, Breed 77, Kannon, N.D.No e Liquid Sun.
2004
[editar | editar a fonte]A edición de 2004 tiña como lema "Fonte do Camiño", ao coincidir co Ano Santo Xacobeo. Os concertos foron o venres 11 e o sábado 12 de xullo, en tres escenarios. O venres actuaron Steelwood, Overlook, Holywater, The Jeevas, Danko Jones, Boedekka, La Habitación Roja, Río Bravo, Los High Sierras, Luxury 54 e Jakovo Doll City. O sábado foi a quenda de Gardening, Guru Deva, Medusa, Fun-Da-Mental, O´ Funkillo, Le Punk, Paul Collins, La Kinki Beat, B-Violet, Mandalas e Sound System.
2005
[editar | editar a fonte]A edición de 2005 tiña como lema "Doble Lectura". Os concertos foron o venres 15 e o sábado 16 de xullo. O venres actuaron The Gift, La Mala Rodríguez, Def Con Dos, El Bicho, Kannon e DJ Prozack. O sábado tocaron Second, Steelwood, Love (sen Arthur Lee), Avant Garde, Vacazul, Atom Rhumba, Rinôçérôse e DJ Amable.
2006
[editar | editar a fonte]A edición de 2006 tiña como lema "Festambiente". Os concertos foron o venres 14 e o sábado 15 de xullo, contando con grupos como Mando Diao, Heavytrash, Ferpectamente (Los Enemigos), Lori Meyers, Robert Gordon & Chris Spedding, Los Coronas e Dhira.
2007
[editar | editar a fonte]A edición de 2007 tiña como lema "Caldas 10", ao ser o décimo aniversario do festival. Os concertos foron o venres 13 e o sábado 14 de xullo. O venres actuaron Asian Dub Foundation, Fancy, Gong Gong, Nortec Collective, The Ellas, Morley, Garrett Wall, Galegoz e Dismal. O sábado tocaron Kula Shaker, White Rose Movement, Jay Jay Johanson Dj, Marky Ramone, Sex Museum, Zodiacs, Elodio y los Seres Queridos, Ectoplasma, CatPeople, Dj Israel e Dj Lagartija.
2008
[editar | editar a fonte]A edición de 2008 tiña como lema "Dialogo Intercultural". Os concertos foron o venres 11 e o sábado 12 de xullo. O venres actuaron Taraf de Haïdouks, The Godfathers, Deluxe, Telephunken, 08001, Alex Gopher, Hans Nieswandt, Slow Motion Beer Walk, La Tuna Rastafari e Kogito. O sábado tocaron Café Tacuba, Vive la Fête (suspendido), The Sunday Drivers, John Aquaviva, Koacha, Vetusta Morla, Niño y Pistola e Pacífico.
2009
[editar | editar a fonte]A edición de 2009 tiña como lema "Im-pulso Creativo". Os concertos tiveron lugar os días 10 e 11 de xullo. O venres actuaron Arizona Baby, Igloo, Los Coronas, MC5 (substituíndo a The New York Dolls, que finalmente atrasaron a súa xira), Kap Bambino, Vive la Fëte e Jeff Automatic, e o sábado Atomic Garden, Zahara, Delahoja, Lagartija Nick, The Wedding Present, Facto Delafé y las Flores Azules e Pin&Pon DJ´s.
2010
[editar | editar a fonte]A edición de 2010 tiña como lema "o verbo camiñar", ao coincidir de novo co Ano Santo Xacobeo. Os concertos celebráronse os días 16 e 17 de xullo. O venres 16 actuaron Dirty Socks, Johnny Winter, Ocean Colour Scene, Tricky, Clã e DJ Amable. O sábado 17 foi a quenda de Pulsa Denura, Hola a todo el mundo, Magnêtica, The Sonics, Kitty, Daisy & Lewis, The Raveonettes, Tony Lomba & Elio dos Santos e DJ Lagartija.