Xoel López
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de agosto de 1977 (47 anos) A Coruña, España |
Outros nomes | Deluxe |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Período de actividade | 2000 - |
Xénero artístico | Música pop |
Selo discográfico | EMI |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Sitio web | xoel.com |
Xoel López, nado na Coruña o 12 de agosto de 1977, anteriormente coñecido polo nome da súa banda musical unipersoal Deluxe, é un músico galego. As principais linguas que utiliza nas letras son o inglés e o castelán, aínda que tamén ten algún tema en galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desde 1996 formou parte do grupo Elephant Band, co que chegou a tocar no Festival da Illa de Wight.[1]
Xa en solitario, como Deluxe, deu numerosos concertos en España e participou no Festimad, Festival Internacional de Benicàssim (2002, 2003 e 2005), Sonorama, Contempopranea, Espárrago Rock, Festival do Norte e moitos outros. Ademais deu unha xira con Juan Aguirre (Amaral) e participou no proxecto Laboratorio Ñ con Iván Ferreiro, Amaral e Quique González, entre outros[2]. Deu concertos ademais en Renania do Norte-Westfalia, Alemaña durante o Mundial de Fútbol de 2006.[3]
Os seus primeiros álbums graváronse baixo o selo de Mushroom Pillow, pero o seu traballo, Fin de un viaje infinito, gravouse con Virgin Records. O seu LP Los Jóvenes Mueren Antes de Tiempo foi considerado o mellor de 2005 segundo a revista Rolling Stone.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums como Deluxe
[editar | editar a fonte]Not What You Had Thought | (2001) |
If Things Were to Go Wrong | (2004) |
Los jóvenes mueren antes de tiempo | (2005) |
Fin de un viaje infinito | (2007) |
Reconstrucción | (2008) |
Álbums como Xoel López
[editar | editar a fonte]- Atlántico (2012)
- Paramales (2015)
- Sueños y pan (2017)
- Si mi rayo te alcanzara (2020)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El gran paso de la «Elephant Band»
- ↑ "Grandes planes para una vida mejor", post de Xoel López en Laboratorio Ñ, 20 de novembro de 2005 (en castelán).
- ↑ Páxina sobre o artista na páxina oficial do Mundial de fútbol de 2006 Arquivado 30 de xuño de 2007 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoel López |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Deluxe". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.