Iván Ferreiro
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1970 (54 anos) Nigrán, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositor de cancións |
Período de actividade | 1990 - |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Irmáns | Amaro Ferreiro |
Páxina web | ivanferreiro.es |
Iván Ferreiro, nado en Nigrán o 15 de agosto de 1970, é un músico galego. Acadou sona por ser durante trece anos o cantante e líder do grupo pop-rock Los Piratas, do que tamén compuxo a maioría das cancións, e tamén pola súa carreira en solitario. A súa voz, peculiar e cun amplo rexistro, interpretou as cancións míticas deste grupo, como foron "Promesas que no valen nada", "Años 80" ou "Mi coco".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Trala separación de Los Piratas a finais de 2003, Iván decidiu non afastarse do mundo da música, e comezou a tocar co seu irmán Amaro nun pub de Vigo, chamado El Ensanche. As actuacións celebrábanse tódolos mércores anunciadas como «Rai Doriva e As Ferreiro». Os irmáns Ferreiro facíanse pasar por dúas amas de casa (Ivonne e Tamara) que para perder o seu medo escénico acompañaban ó cantante portugués Rai Doriva, que porén nunca acudiu ós concertos. Pese a non facer publicidade, pronto moita xente soubo del e comezou a acudir ós concertos que semanalmente daban os irmáns Ferreiro, que máis tarde comezaron a actuar tamén en Nigrán (Pontevedra), versionando cancións de Los Planetas, Andrés Calamaro e Alaska y Dinarama entre outros.
Mentres, Iván Ferreiro continuaba creando temas e pronto tivo suficiente material como para editar un disco: Canciones para el tiempo y la distancia (2005), que o consagraría como cantante en solitario. Na súa xira Tournedo, coa que percorreron toda España, Iván tocou acompañado do seu irmán Amaro á guitarra e de Karlos Arancegui á batería.
En novembro de 2005, Iván ideou un proxecto chamado Laboratorio Ñ, consistente en reunirse con outros músicos e amigos durante dúas semanas nunha casa de Buenos Aires para crear entre todos novas canciones. Os acompañantes de Iván nesta experiencia foron Juan Aguirre e Eva Amaral (o dúo Amaral), Xoel López (cantante de Deluxe), Pereza, Quique González, así como varios artistas arxentinos.
O seu seguinte álbum de estudio, publicado a finais de outubro de 2006, titúlase Las siete y media e reúne oito cortes que o artista compuxo durante a súa xira "Tournedo 2006".
Amaro Ferreiro gravou en solitario un novo disco, xa á venda, co título de Laciudadelasagujas. Mentres, Iván gravou un novo disco chamado Mentiroso mentiroso, que saíu á venda o 25 de marzo de 2008, aínda que comezou a xira de presentación o 13 do mesmo mes.
En 2018 puxo voz a "Fariña", canción de apertura de Fariña (serie de televisión de Antena 3), en galego, unha lingua que non empregou demasiado ao longo da súa carreira.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En 2024 casou coa xornalista Noa García.[2]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]* | Canciones para el tiempo y la distancia | (2005) | CD + DVD |
* | Las siete y media | (2006) | EP |
* | Mentiroso mentiroso | (2008) | |
* | Mentiroso mentiroso en directo | (2008) | |
* | Picnic extraterrestre | (2010) | |
* | Confesiones de un artista de mierda | (2011) | |
Casa | (2016) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Iván Ferreiro pone voz a la cabecera de Fariña". Faro de Vigo (en castelán). 27/2/2018.
- ↑ Alejandro Espiño (9 de xuño de 2024). "Iván Ferreiro e Noa García dan o 'si, quero' en El Náutico de San Vicente". Pontevedra Viva.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iván Ferreiro |