Festival de Mozos Músicos de Eurovisión
Festival de Mozos Músicos de Eurovisión | |
---|---|
Localización | Europa |
Anos | Dende 1982 |
Nº edicións | 20 |
Fundadores | |
Data | Maio-xuño (17 edicións) - xullo (1 edición) - agosto (1 edición) |
Xénero | Todos |
Organizador | Unión Europea de Radiodifusión |
Web oficial | http://www.youngmusicians.tv/ |
Na rede |
O Festival de Mozos Músicos de Eurovisión (Eurovision Young Musicians, en inglés e en francés: Concours Eurovision des jeunes musiciens) é un concurso organizado pola Unión Europea de Radiodifusión (UER), e baseado no BBC Young Musician of the Year en da BBC. O festival está destinado para nenos de entre 8 e 16 anos da Europa. A primeira edición celebrouse na cidade inglesa de Manchester, Reino Unido. O país con máis vitorias é Austria, tendo 5 vitorias (a máis recente do país foi grazas a Ziyu He e o seu violín. A próxima competición celebrarase no Corum en Montpellier, Francia, durante a celebración Festival Radio France Occitanie Montpellier.[1]
Galicia no Festival de Mozos Músicos Eurovisión
[editar | editar a fonte]Galicia nunca participou como tal no Festival de Mozos Músicos de Eurovisión, e non o podería nunca facer, xa que por definición a Televisión de Galicia (TVG) non pode ser membro da UER. Aínda así os galegos poden representar a España.
Descoñécese a orixe dalgúns representantes salvo coas excepcións de: José Ramón Méndez de Asturias, Dolores "Lola" Rodríguez Paredes de Murcia, Antonio Serrano, Leticia Muñoz Moreno e Sara Valencia de Madrid (a representante máis recente de España).
Instrumentos por primeira aparición
[editar | editar a fonte]- Piano (Reino Unido en 1982)
- Clarinete (Francia en 1982)
- Violín (Noruega en 1982)
- Viola (Francia en 1982)
- Cello (Suíza en 1982)
- Trompa (Reino Unido en 1988)
- Acordeón (Bélxica en 1990)
- Harmónica (España en 1992)
- Trombón (Suíza en 1994)
- Órgano (Dinamarca en 1994)
- Percusión (Reino Unido en 1998)
- Contrabaixo (Hungría en 2000)
- Trompeta (Francia en 2000)
- Arpa (Países Baixos en 2000)
- Saxofón (Alemaña en 2004)
- Óboe (Suíza en 2006)
- Frauta (Austria en 2006)
- Címbalo (Belarús en 2012)
- Fagot (República Checa en 2012)
- Qanun (Armenia en 2012)
- Guitarra (Malta en 2014)
- Frauta doce (Países Baixos en 2014)
- Contrabaixo (Austria en 2016)
- Tamburica (Croacia en 2016)
Gañadores
[editar | editar a fonte]Aquí abaixo móstranse os gañadores do festival (por tres categorías):
Por ano
[editar | editar a fonte]Por país
[editar | editar a fonte]Vitorias | País | Ano/s |
---|---|---|
5 | Austria | 19888 - 1998 - 2002 - 2004 - 2014 |
3 | Polonia | 1992 - 2000 - 2016 |
2 | Alemaña | 1982 - 1996 |
2 | Países Baixos | 1984 - 1990 |
1 | Noruega | 2012 |
1 | Eslovenia | 2010 |
1 | Reino Unido | 1994 |
1 | Francia | 1986 |
1 | Rusia | 2018 |
1 | Suecia | 2006 |
1 | Grecia | 2008 |
Por instrumentos
[editar | editar a fonte]A partir de 2018, vinte e catro instrumentos apareceron polo menos unha vez nas finais televisivas (non incluídas as roldas preliminares e as semifinais). Os seguintes sete foron usados por un gañador polo menos unha vez.
Instrumento | Familia | Total | Anos gañados |
---|---|---|---|
Violin | Corda | 8 | 1984, 1988, 1992, 1996, 1998, 2002, 2004 e 2014 |
Piano | Teclado | 5 | 1982,1986,1990,2000 e 2018 |
Cello | Corda | 2 | 1994 e 2006 |
Clarinete | Vento-madeira | 1 | 2008 |
Frauta | Vento-madeira | 1 | 2010 |
Viola | Corda | 1 | 2012 |
Saxofón | Vento-madeira | 1 | 2016 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "EUROVISION JEUNES MUSICIENS - MONTPELLIER 2022". tourisme-occitanie.com. European Broadcasting Union. 30 de maio de 2022. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2022. Consultado o 23 de xuño de 2022.
- ↑ "2010 Eurovision Young Musicians - Slovenian Winner". eurovoix.com. European Broadcasting Union. 17 de maio de 2010.
- ↑ "Norwegian viola prodigy wins Eurovision Young Musicians 2012". ebu.ch. European Broadcasting Union. 11 de maio de 2012.
- ↑ "EYM'14: Ziyu He (Austria) Has Won". eurovoix.com. European Broadcasting Union. 23 de agosto de 2019.
- ↑ "Poland: Łukasz Dyczko To Eurovision Young Musicians 2016". eurovoix.com. European Broadcasting Union. 12 de abril de 2016.
- ↑ "Russia: Ivan Bessonov Wins Eurovision Young Musicians 2018". eurovoix.com. European Broadcasting Union. 23 de agosto de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Eurovisión |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festival de Mozos Músicos de Eurovisión |