Final Fantasy VII
Final Fantasy VII | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Square Enix |
Distribuidora(s) | Square e Square Enix |
Director(es) | Yoshinori Kitase |
Produtor(es) | Hironobu Sakaguchi |
Escritor(es) | Kazushige Nojima Yoshinori Kitase |
Artista(s) | Yusuke Naora Tetsuya Nomura |
Compositor(es) | Nobuo Uematsu |
Lanzamento | PlayStation 31 de xaneiro de 1997 |
Xénero | Rol de acción |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | PlayStation, iOS, Microsoft Windows, PlayStation 3, PlayStation 4, PSP, Android, Nintendo Switch, Xbox One |
Lingua/s | Textos en castelán |
Serie | Final Fantasy |
Na rede | |
https://eu.finalfantasy.com/titles/finalfantasy7 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Final Fantasy VII (abreviado FF7 ou FFVII) é un videoxogo de rol, lanzado inicialmente para consolas e desenvolvido polo equipo de Hironobu Sakaguchi de Squaresoft (agora a Square Enix) publicado en 1997.
Pese a que os europeos xa tiveran acceso aos videoxogos de rol xaponeses cos aparecidos en 16-bit, Final Fantasy VII foi o que deu a coñecer o xénero a un público máis amplo neste continente. Pola contra, no Xapón e os Estados Unidos foi unha adición máis aos éxitos de vendas que xa tiña esta saga.
A consola elixida para o seu lanzamento foi a PlayStation de Sony, logo de que Squaresoft rompera a súa exclusividade con Nintendo e cancelara o proxecto para Nintendo 64 e logo tamén de desenvolver probas marradas coa consola Sega Saturn. A posteriori apareceu tamén unha adaptación do xogo en formato PC para Windows 95. Circulan algunhas imaxes da versión cancelada para Nintendo 64 que mostran un estado moi primitivo de programación debido á pronta ruptura con Nintendo.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O xogo narra a historia de Cloud Strife, un mercenario que vive angustiado por un tormentoso pasado que non é quen de lembrar completamente e que decide unirse a un grupo de rebeldes que loitan contra a poderosa empresa Shin-Ra Corp. Axiña se verán arrastrados por unha complexa trama que os levará a loitar a morte contra Sephirot, un estraño experimento xenético que logrou poñer en perigo a vida do planeta.
Características
[editar | editar a fonte]O argumento desta entrega contrasta coas anteriores ao desenvolverse nun contexto máis futurista e apoiarse máis no simbolismo e na psicoloxía dos personaxes para desenvolver a trama.
As principais diferenzas coas anteriores entregas baséanse na mellora tecnolóxica. Os personaxes están modelados en tres dimensións, os fondos dos escenarios están xerados mediante computador (en vez de estar elaborados a man) e numerosas secuencias de vídeo acompañan o desenvolvemento da historia. Por esta última razón principalmente, o xogo ocupaba tres CD-ROM, cantidade até entón reservada a películas interactivas.
A banda sonora, composta por Nobuo Uematsu, saíu á venda en catro CDs. Tamén saíu á venda o disco Reunion Tracks, que incluía as cancións máis populares da banda sonora, algunhas delas interpretadas por unha orquestra.
O sistema de combates é de corte bastante clásico e réxese por un sistema de quendas controladas por un tempo de combate activo, o que fai que o combate sexa máis dinámico que nas anteriores entregas. As habilidades dos personaxes poden ir evolucionando grazas á combinación de elementos máxicos chamados Materia ou da compra de novas armas.
Final Fantasy VII demostrou que se podía dotar un videoxogo cun altísimo orzamento e, malia todo, obter beneficios. O xogo gañou numerosos premios en feiras especializadas do sector (como o ECTS ou o TGS[Cómpre clarificar]) e na actualidade Square Enix decidiuse a publicar novas precuelas (Final Fantasy VII: Before Crisis), secuelas (Final Fantasy VII: Advent Children) e spins off (Dirge of Cerberus), que son parte do proxecto Compilation of Final Fantasy VII.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lagunamov2k - Web de Final Fantasy en español.
- Final Fantasy Maniacs - Comunidade de Final Fantasy en español.
- Universo Final Fantasy - Páxina web Final Fantasy FF7