Florence Foster Jenkins
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Narcissa Florence Foster 19 de xullo de 1868 Wilkes-Barre, Estados Unidos de América |
Morte | 26 de novembro de 1944 (76 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Educación | Moravian University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | música, socialité, pianista, cantante de ópera, compositora de cancións |
Período de actividade | 1912 - |
Xénero artístico | Outsider music (pt) |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | RCA Victor |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Pai | Charles Dorrance Foster |
Parentes | Kyle Lai-Fatt, bisneto |
|
Florence Foster Jenkins, nada como Narcissa Florence Foster[a] en Wilkes-Barre, Pensilvania o 19 de xullo de 1868 e finada en Nova York o 26 de novembro de 1944, foi unha socialite e soprano afeccionada estadounidense, que foi coñecida e ridiculizada polo seu vestiario rechamante e a súa pobre habilidade para cantar. Stephen Pile considerouna "a peor cantante de ópera do mundo... Ninguén, antes ou despois, tivo éxito en liberarse tan completamente dos grillóns da notación musical".[1][2]
A causa da súa incompetencia técnica, converteuse nunha figura musical de culto durante as décadas de 1920 a 1940. Cole Porter, Gian Carlo Menotti, Lily Pons, Sir Thomas Beecham, e outras celebridades eran fans dela.[3][4] Dise que Enrico Caruso a "contemplou con afecto e respecto".[5]
O poeta William Meredith escribiu que un recital de Jenkins "nunca era exactamente unha experiencia estética, ou só ata o grao da experiencia estética que proporcionaba un antigo cristián entre os leóns; era sobre todo unha inmolación, e Madame Jenkins sempre era devorada ao final".[6][7]
Gravacións
[editar | editar a fonte]Son
[editar | editar a fonte]As únicas gravacións profesionais de Jenkins consisten en nove seleccións en cinco discos de 78-rpm (Melotone Recording Studio, New York City, 1941–1944), producido pola propia Jenkins, financiado por ela[3] e vendido aos seus amigos por 2,50 dólares cada copia.[b][8] As seleccións inclúen catro arias de coloratura de óperas de Mozart, Delibes, Johann Strauss II e Félicien David, e cinco cancións, dúas escritas para Jenkins polo seu acompañante musical, Cosmé McMoon. Sete das seleccións foron publicada por RCA Victor nun LP de 10 polgadas en 1954 e nun de 12 polgadas en 1962, The Glory (Modelo:Not a typo) of the Human Voice.[9]
- Cara A
- Mozart: "Aria da Raíña da Noite", de Die Zauberflöte (en inglés)
- Liadoff: "The Musical Snuff-Box" (versión inglesa de Adele Epstein)
- McMoon: "Like a Bird" (letra de Jenkins)
- Delibes: "Bell Song", from Lakmé (en francés)
- David: "Charmant oiseau" (con frauta e piano), de La perle du Brésil (en francés)
- Bach/Pavlovich: "Biassy" (baseado no preludio de Preludio e fuga en G menor, BWV 861 de Bach, con letra de Alexander Pushkin, en ruso)
- Johann Strauss II: "Mein Herr Marquis" de Die Fledermaus (versión inglesa de Lorraine Noel Finley)
- Cara B de Faust, de Gounod, Jenny Williams (soprano), Thomas Burns (piano)
- "Valentine's Aria" (Ere I leave my native land)
- "Jewel Song" (O heavenly jewels)
- "Salut, demeure" (Emotions strange)
- Final Trio (My heart is overcome with terror, cantada como dúo)
Imaxes
[editar | editar a fonte]Jenkins encargou a filmación das súas actuacións no evento anual do Verdi Club, o "Baile das Calandras Prateadas", que se celebraba cada outubro no Ritz Carlton Hotel.[10] Críase que todas estaban perdidas[11] ata que en 2009 se atoparon copias dende 1934 a 1939 e de 1941.[12]
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]- Precious Few, obra sobre Jenkins e o novelista inglés Ronald Firbank, de Terry Sneed, estreouse en 1994 en Little Rock, Arkansas.
- Goddess of Song, obra dunha única actriz do dramaturgo surafricano Charles J. Fourie, interpretada por Carolyn Lewis en 1999 en Cidade do Cabo.
- Viva La Diva, de Chris Ballance, estreouse en Edimburgo en 2001.[13]
- Souvenir: a Fantasia on Florence Foster Jenkins, de Stephen Temperley, estreouse en off-Broadway no York Theatre en 2004 con Jack Lee como Cosme McMoon e Judy Kaye como Jenkins. Pasou a Broadway en 2005, dirixida por Vivian Matalon e protagonizada por Donald Corren e Judy Kaye.[14]
- Glorious!, de Peter Quilter,[15] estreouse en 2005 en Londres con Maureen Lipman como Jenkins. Foi candidata ao premio Olivier á mellor nova comedia,[16] e dende entón foi estreada en máis de corenta países en 27 linguas.[17]
Outros medios
[editar | editar a fonte]- A peza curta de Anne McCaffrey "Euterpe on a Fling" (1994) é unha entrevista ficticia con Jenkins.[18]
- En 2007 estreouse o documental biográfico Florence Foster Jenkins: A World of Her Own.[19]
- O filme francés de 2015 Marguerite está vagamente inspirado na vida e na carreira de Jenkins.[20]
- Florence Foster Jenkins, é un biopic británico protagonizado por Meryl Streep dirixido por Stephen Frears e estreado en Londres o 12 de abril de 2016.[21][22] Streep foi eloxiada pola súa interpretación e recibiu unha candidatura ao Óscar.[23]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Unha referencia, Encyclopaedia Britannica, lista o seu nome como "Nascina", mais segundo todas as demais fontes, incluído o censo federal de 1870, era Narcissa.
- ↑ 2,50 dólares era unha suma considerable, equivalente a uns 45 dólares de 2019; nesa época un disco típico de fonógrafo vendíase por entre 25 e 50 céntimos.
- Referencias
- ↑ Orixinal en inglés: "the world's worst opera singer ... No one, before or since, has succeeded in liberating themselves quite so completely from the shackles of musical notation".
- ↑ Pile, Stephen (2011). The Ultimate Book of Heroic Failures (en inglés). Faber and Faber. p. 115. ISBN 978-0-571-27728-5.
- ↑ 3,0 3,1 Florence Foster Jenkins Arquivado 12 de novembro de 2016 en Wayback Machine. en American National Biography Online, consultado o 18 de outubro de 2016.
- ↑ "Celebrity fan club: the stars who loved the world's worst singer" Arquivado 4 de abril de 2018 en Wayback Machine., The Daily Telegraph, consultado o 20 de setembro de 2016.
- ↑ Florence Foster Jenkins Arquivado 5 de xullo de 2003 en Wayback Machine. en maxbass.com, consultado o 21 de novembro de 2016.
- ↑ Orixinal en inglés: "was never exactly an aesthetic experience, or only to the degree that an early Christian among the lions provided aesthetic experience; it was chiefly immolatory, and Madame Jenkins was always eaten, in the end".
- ↑ The Worst Singer in the World. psmag.com, consultado o 11 de agosto de 2016.
- ↑ "Florence Foster Jenkins: An Appreciation". Loyola University New Orleans Special Collections and Archives Online. Melotone Recording Studio. 1946. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2018. Consultado o 2018-07-16.
- ↑ The Glory (????) of the Human Voice en Discogs
- ↑ Historic Films Stock Footage Archive (2016-10-19). "The Real Florence Foster Jenkins – The Lost Films". Consultado o 2016-10-30.
- ↑ Collup, Donald. "Orchids, Tiaras, Minks, Ermines and Top Hats: My recent revelations about Florence Foster Jenkins". collup.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2016. Consultado o 30 de outubro de 2016.
- ↑ Collup, Donald (xaneiro de 2016). "Discovering a Survival". collup.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2016. Consultado o 30 de outubro de 2016.
- ↑ "Singing sensation Florence Foster Jenkins". CBC. 8 de agosto de 2008. Consultado o 28 de xaneiro de 2010.
- ↑ Gardner, Elysa (10 de novembro de 2005). "'Souvenir' squeals with diva delight". USA Today. Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2011. Consultado o 28 de xaneiro de 2010.
- ↑ Quilter, Peter (2005). Glorious. Londres e Nova York: Bloomsbury Methuen Press. ISBN 978-0413775405. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2015. Consultado o 13 de xuño de 2015.
- ↑ "Maureen Lipman on soprano Florence Foster Jenkins". The Guardian (Londres). 3 de novembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2011.
- ↑ Spencer, Charles (4 de novembro de 2005). "The triumph of a comforting illusion". The Daily Telegraph (Londres). Arquivado dende o orixinal o 5 de xuño de 2011. Consultado o 28 de xaneiro de 2010.
- ↑ McCaffrey, Anne (maio de 1994). The Girl Who Heard Dragons. Tor Books. pp. 78–89. ISBN 978-0312931735. Consultado o 29 de outubro de 2017.
- ↑ Jeremy Nicholas, "Review: Florence Foster Jenkins – (A) World of Her Own" Arquivado 2016-04-18 en Wayback Machine., Gramophone.
- ↑ "'Marguerite': Venice Review". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2016. Consultado o 15 de agosto de 2016.
- ↑ "Florence Foster Jenkins London premiere April 12". simplystreep.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 25 de agosto de 2016.
- ↑ "London premiere of Florence Foster Jenkins". starwatchbyline.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2016. Consultado o 25 de agosto de 2016.
- ↑ Evans, Suzy, "'Florence Foster Jenkins' Screenwriter, Co-Stars Praise Meryl Streep's Dedication, Commitment" Arquivado 20 de agosto de 2016 en Wayback Machine., Hollywood Reporter, 10 de agosto de 2016, consultado o 19 de setembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Florence Foster Jenkins |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martin, Nicholas; Rees, Jasper (2016). Florence Foster Jenkins: The Inspiring True Story of the World's Worst Singer. St. Martin's Griffin. ISBN 1250115957.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Florence Foster Jenkins ephemera, a scrapbook kept for Jenkins and her husband, St. Clair Bayfield, in the Music Division of The New York Public Library for the Performing Arts
- Liner-notes from the RCA CD, photos, and an article on Jenkins by Daniel Dixon
- Maureen Lipman, "Playing the diva of din", The Guardian, 3 de novembro de 2005
- "Tra-la-laughable, but loving it" about the play Glorious!, The Sydney Morning Herald (4 de outubro de 2007)
- 5 People Who Failed Their Way to Fame And Fortune – #2. Florence Foster Jenkins