Saltar ao contido

Galadhrim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os galadhrim ou galaðrim (que se traduce como «pobo das árbores» en sindarin) son un pobo ficticio que forma parte do legendarium creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien e que aparece na súa novela O Señor dos Aneis e na colección de relatos publicada polo seu fillo Christopher baixo o título Unfinished Tales of Númenor and Middle-earth. É o nome co que se coñece ós elfos silvanos que habitan o bosque e reino de Lothlórien durante as Segunda e Terceira Idade do Sol na Terra Media.

Triloxía cinematográfica

[editar | editar a fonte]

Na triloxía cinematográfica realizada polo director neozelandés Peter Jackson sobre a novela O Señor dos Aneis, os galadhrim aparecen na primeira e segunda partes. Na The Fellowship of the Ring, os galadhrim van vestidos con roupas parecidas ás dos elfos de Valfendido, feitas á base de teas, pero con cores máis pálidas como o gris, o verde ou o marrón, pois debían servirlles para camuflarse. O equipo de rodaxe filmou algunhas escenas nas que os galadhrim se enfrontaban ós trasgos de Moria que perseguían a Irmandade do Anel e mesmo algunhas imaxes apareceron no tráiler do filme, pero finalmente descartáronse e tan só apareceu o recibimento do elfo Haldir e os seus irmáns.[1][2]

Debido a que na triloxía non aparecería a loita dos galadhrim contra os orcos que atacan Lothlórien na Guerra do Anel e ó escura que fixeron a batalla do Abismo de Helmo en The Two Towers, os guionistas Philippa Boyens, Peter Jackson e a súa esposa Fran Walsh, decidiron que un pequeno exército de elfos ó mando de Haldir interviñese para dar unha pequena esperanza á situación. No guión inicial, Arwen, a neta de Galadriel, ía acudir cos galadhrim á batalla, pero as protestas dos fans cando a noticia se estendeu por Internet fixeron que os guionistas suprimisen a súa aparición.[Cómpre referencia]

Armadura utilizada polos galadhrim no filme The Lord of the Rings: The Two Towers, de Peter Jackson.

Neste contexto, a historia describe que Haldir, co apoio de Elrond de Valfendido, convenceu a Galadriel e a Celeborn para que axudaran os homes de Rohan e reuniu a douscentos galadhrim para combater os uruk-hai no Abismo de Helmo. Grazas á súa axuda, os rohirrim lograron resistir máis e mataron uns dous mil uruks cos seus arcos, pero co prezo de que ningún regresou a Lothlórien, incluído Haldir.[Cómpre referencia]

O equipo de deseñadores da empresa Weta Workshop foi o encargado de realizar a armadura do exército de galadhrim que chega ó Abismo de Helmo en axuda de Rohan. Esta foi considerada por Richard Taylor, creador e director de Weta, como a máis difícil que el e o seu equipo tiveron que crear.[3] Nun principio, foi deseñada para os elfos da Última Alianza que aparecen no prólogo de The Fellowship of the Ring. Aínda que tódolos traxes élficos que deseñaron eran moi soltos, as armaduras eran axustadas para facilitar a loita.[4] As formas da armadura final inspíranse no Art Nouveau, sen liñas rectas e con motivos de plantas. Para elaborar a cota de malla, o equipo de costureiras investiu arredor de seis meses de traballo, unindo as follas á armadura, feita de plástico prateado con elementos de fibra de vidro, acabados cunha capa de zinc para darlles un toque metálico. En total, os galadhrim levaban unhas seis ou sete capas de vestimenta, entre armadura e roupaxes, o que obrigaba os actores a manter unha posición erguida.[3][5]

  1. "Los orcos de Moria persiguen a la Compañía del Anillo" (en español). El fenómeno. Consultado o 12 de xullo de 2008. 
  2. "Los orcos de Moria persiguen a la Compañía del Anillo" (en español). El fenómeno. Consultado o 12 de xullo de 2008. 
  3. 3,0 3,1 (21 de novembro de 2003) «Comentarios de la película - Equipo de producción» en El Señor de los Anillos: las dos torres, disco 2 (DVD, versión estendida). New Line Cinema.
  4. Russell, Gary (2003). "El Abismo de Helm". El Señor de los Anillos: el arte de Las dos torres. Barcelona: Minotauro. ISBN 84-450-7438-5. 
  5. (21 de novembro de 2003) «Diseñando y construyendo la Tierra Media - Weta Workshop» en El Señor de los Anillos: las dos torres, los apéndices, disco 3: El viaje continúa... (DVD, versión estendida). New Line Cinema.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]