Ganso da tundra
Ganso da tundra | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Ganso da tundra pasando o inverno en Tainan, Taiwán | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
O ganso da tundra[1] (Anser serrirostris) é un ganso que se reproduce no norte de Siberia. Este e o ganso campestre recoñécense como especies separadas pola Sociedade Ornitolóxica Americana e a Unión Ornitolóxica Internacional, pero son considerados unha soa especie por outras autoridades (sería a subespecie Anser fabalis serrirostris). Estas dúas especies diverxeron hai uns 2,5 millóns de anos e estableceron un contacto secundario hai uns 60.000 anos, o que tivo como resultado un amplo fluxo xénico.[2] É unha ave migratoria e pasa o inverno máis ao sur en Asia.
Descrición
[editar | editar a fonte]A súa lonxitude varía de 68 a 90 cm, a envergadura alar de 140 a 174 cm e o peso de 1,7 a 4 kg.[3] Na subespecie nomeada os machos pesan como media 3,2 kg e as femias 2,84 kg.[3] O bico é negro na base e punta, cunha banda laranxa no medio; as patas e pés son tamén laranxas intensas.
As cobertoiras alares superiores son marróns escuras, como no ganso de testa branca (Anser albifrons) e ganso pequeno (A. erythropus), pero difiren destes en que teñen beiras brancas estreitas nas plumas.
A súa voz é un alto grallar, máis agudo nas subespecies menores.
A especie estreitamente relacionada ganso de bico curto (A. brachyrhynchus) ten un bico curto, con rosa intenso na parte media e pés tamén rosas, as cobertoiras alares superiores son case da mesma cor gris azulada que no ganso bravo.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5f/Tundra_bean_goose.jpg/220px-Tundra_bean_goose.jpg)
Hai dúas subespecies:[4]
- A. s. rossicus Buturlin, 1933. Vive na tundra do norte de Rusia polo leste ata a Península de Taimir. É pequeno, con bico curto e repoludo, cunha banda laranxa estreita. Anser fabalis rossicus é un dos taxons aos cales se aplica o Acordo para a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africanas-Eurasiáticas (AEWA).
- A. s. serrirostris Gould, 1852. Vive na tundra do leste de Siberia. É grande, de bico longo e robusto, con banda laranxa estreita.
Distribución
[editar | editar a fonte]O ganso da tundra non ten sitios de invernada regulares, pero encóntrase en pequenos grupos entre outras especies de gansos; entre as localidades máis regulares en Europa están WWT Slimbridge, Gloucestershire e Holkham Marshes, Norfolk.
Notas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ganso da tundra |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ganso da tundra |
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Ottenburghs, Jente; Honka, Johanna; Müskens, Gerard J. D. M.; Ellegren, Hans (2020-05-26). "Recent introgression between Taiga Bean Goose and Tundra Bean Goose results in a largely homogeneous landscape of genetic differentiation". Heredity (en inglés) 125 (1–2): 73–84. ISSN 1365-2540. PMC 7413267. PMID 32451423. doi:10.1038/s41437-020-0322-z.
- ↑ 3,0 3,1 Dunning, John B. Jr., ed. (1992). CRC Handbook of Avian Body Masses. CRC Press. ISBN 978-0-8493-4258-5.
- ↑ Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2019). "Screamers, ducks, geese, swans". World Bird List Version 9.1. International Ornithologists' Union. Consultado o 2 de abril de 2019.