Gazeta
Gazeta | |
---|---|
![]() | |
A/ León de San Marcos de fronte. S · MARCVS · VEN ·. No exergo, indicación de valor: II (2 soldos) | R/ CORF / CEFAL / ZAN en tres liñas (Corfú, Cefalonia, Zante). |
Gazeta veneciana a nome do Dux Giovanni II Corner (1709-1722), para a súa circulación nas illas do Levante. CU. 26,8 mm. 4,39 g. |
Gazeta (voz veneciana; en italiano; gazzetta; en véneto de Venecia: gaxeta), foi a denominación que se lle deu popularmente a unha moeda cuñada na República de Venecia e na súa zona de influencia no Mediterráneo, inicialmente en prata e posteriormente en billón e en cobre, co valor de dous soldos.[1][2][3][4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A orixe da denominación xera controversia. Tradicionalmente entendeuse que o nome da moeda pasou a designar tamén un popular folleto informativo que comezou a editarse en Venecia cara a 1563, polo feito de ter este o prezo de dous soldos (unha gazeta). A partir dese momento, o termo gazeta (posteriormente adaptado como gazzetta) pasaría a designar en italiano calquera xornal lixeiro de papel e de aí estenderíase a outros idiomas da nosa contorna (gal: "gaceta"; pt: gazeta; es: gaceta; ca: gaseta).[1] Neste caso, apúntase a que a etimoloxía da denominación da moeda puidese estar na palabra latina medieval gāza ("tesouro") ou na do grego χαλκός (khalkós, “cobre ou aliaxe de cobre”).[5]
Para outros autores, a relación sería a inversa: o feito de que a gaxeta ou gazeta (o folleto) valese dous soldos foi o que fixo que esa denominación comezase a aplicárselle tamén á moeda dese valor.[5]
Historia
[editar | editar a fonte]Gazeta | |
---|---|
![]() | |
A/ León de San Marcos de fronte. SAN · MARC · VEN ·. No exergo, indicación de valor: II (2 soldos) | R/ DALMA / ET / ALBAN en tres liñas. |
Gazeta da República de Venecia cuñada para as colonias de Dalmacia e de Albania, consonte o Decreto do 10 de febreiro de 1691. CU. 27 mm. 5,74 g.[6] |
A gazeta foi introducida en 1539 polo dux Pietro Lando (1539-1548).[1] No momento da súa creación, tiña unha lei de 948 milésimas de prata e un peso de 0,24 gramos, e con estas características métricas seguiu cuñándose ata 1559, xunto cos múltiplos de 2, de 3 e de 4 unidades.[1][7]. No norte de Italia foi moi imitada ata mediados do século XVII.[3]
Os seus anversos estaban caracterizados pola presenza dunha alegoría da Xustiza sedente, en tanto que os reversos amosaban o león de San Marcos, símbolo de Venecia.[8]
A partir do século XVII comezaron a cuñarse en cobre, tanto a unidade como os seus múltiplos. Entre outras, a gazeta emitiuse en Candia cara a 1632 e tamén durante a guerra contra os Otománs (1646-1650). A gazeta cuñada en Zadar amosa as lendas ISOLE ET ARMATA ou ARMATA ET MOREA.[2]
A gazeta emitiuse tamén nos séculos XVII e XVIII para a súa circulación nos territorios coloniais venecianos en Creta, en Dalmacia e en Albania, así como nas Illas Xónicas e outras illas do Levante.[9][10]
A gazeta das Illas Xónicas
[editar | editar a fonte]Gazeta das Illas Xónicas | |
---|---|
![]() | |
A/ ΕΠΤΑΝΗΣΟΣ ΠΟΛΙΤΕΙΑ. León estilizado, que sostén escudo con setas. | R/ - I - ΓΑΖΕΤΑ 1801. |
Gazeta das Illas Xónicas. 1801. CU. 5,4 g. 26 mm. |
- Artigo principal: Gazeta das Illas Xónicas.
O uso da gazeta nas Illas Xónicas mantívose mesmo ata o século XIX. Alí cuñáronse moedas autónomas con valor de 1, de 5 e de 10 unidades en 1801,[11] e mantivéronse en uso ata 1819, cando foron substituídas no inicio da época de influencia británica.[2][3][12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Martinori, E. (1915). Páxina 178 Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine..
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Frey, A. R. (1916). Páxina 91.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Gazzetta". En Schrötter, F. F. (1970). Páxina 211.
- ↑ "Gazetta". En Münzen Lexikon. Reppa.de.
- ↑ 5,0 5,1 Infelise, M. (2016).
- ↑ "2 Soldi Dalmatia et Albania". Numista.com
- ↑ Gamberini di Scarfèa, C. (1969). Páxina 68.
- ↑ "2 Soldi for circulation in the Levant". Numista.com
- ↑ Lazari, V. (1851). Páxinas 11-15, 72-73.
- ↑ "2 Soldi, 1 Gazzetta - Isole Del Levante". Numista.com
- ↑ Moedas das Illas Xónicas (1801): 1 gazeta, 5 gazetae, 10 gazetae. Numista.com
- ↑ Lazari, V. (1851). Páxina 73.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gazeta ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50, (en inglés).
- Gamberini di Scarfèa, C. (1969). Prontuario prezzario delle monete, oselle e bolle di Venezia. Forni, Boloña. ISBN 88-271-0428-3, (en italiano).
- Infelise, M. (2016). “The History of a word: Gazzetta / Gazette”. En Raymond, J. et al. (esds.). News Network in Early Modern Europe. Páxinas 241-260. ISBN 978-90-04-27719-9, (en inglés).
- Lazari, V. (1851). Le monete dei possedimenti veneziani di oltremare e di terraferma descritte ed illustrate da Vincenzo Lazari. Santini e Figlio, Venecia, (en italiano).
- Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Roma. Istituto italiano di numismatica, (en italiano).
- Papadopoli, N. (1893). Le monete di Venezia. Ongania, Venecia, (en italiano).
- Schrötter, F. F. (1970). Wörterbuch der Münzkunde. De Gruyter, Berlín, (en alemán).