Gene Trautmann
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) Portland, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | batería, percusionista, músico |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Gene Trautmann, nado en Portland (Oregón) en 1966, é o antigo batería das bandas Queens of the Stone Age, Eagles of Death Metal e Miracle Workers.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criouse na súa cidade natal, e comezou a tocar en gravacións aos 11 ou 12 anos. Comezou a tocar e bandas punk no instituto e finalmente uniuse a un grupo chamado The Miracle Workers, que se dedicaba a revivir a primeira xeración punk de bandas de garage de madiados dos 60 como The Sonics e The Count Five. Despois de graduarse en 1985 na Oregon Episcopal School, foi coa banda aos Ánxeles e tocou en varios álbums, ademais de realizar xiras polos Estados Unidos e Europa.
Despois de que Brant Bjork deixase Kyuss, Trautmann foi chamado por Josh Homme para unha audición. A pesar de que tocou co grupo durante dúas semanas, o posto foi finalmente para Alfredo Hernández. Homme non se esqueceu del, e chamouno novamente para tocar no álbum de Queens of the Stone Age Rated R. Trautmann sería membro da banda dende xuño de 1999 ata setembro do 2001.