Patrick Hutchinson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Halifax, Canadá |
Outros nomes | Hutch |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, enxeñeiro de son |
Xénero artístico | Música rock |
Instrumento | Piano |
Selo discográfico | Elektra Records |
Patrick Hutchinson, máis coñecido coma Hutch, e un enxeñeiro de son e membro da banda Queens of the Stone Age nos seus concertos. Joshua Homme, o líder da banda, considérao o seu "road brother" (irmán da estrada) dende que os dous colaboraron na banda de desert rock Kyuss.
Biografía
[editar | editar a fonte]Hutch naceu e medrou en Halifax, Nova Scotia e traballou con varias bandas de punk rock durante os anos 80, antes de ser contratado para sonorizar a Kyuss. Despois da desaparición da banda, o guitarrista Josh Homme levouno para o seu novo proxecto, Queens of the Stone Age. Hutch foi o responsable de recrutar ao seu amigo Dave Catching para a banda como guitarrista de xira en 1998, e comezando así a relación profesional con Homme que culminaría posteriormente con The Desert Sessions e continúa con Eagles of Death Metal.
A banda debe gran parte do seu son en directo a Hutch, que tamén contribúe co piano e coas voces ao seu repertorio. Á vez que traballa con Queens of the Stone Age, tamén é técnico de son doutros grupos, coma Eagles of Death Metal, The Raconteurs e Them Crooked Vultures.