Guerra da Independencia de Mozambique
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Piquito (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 1 hora. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Guerra da Independencia de Mozambique | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerra colonial portuguesa | |||||||
Samora Machel con soldados da FRELIMO. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
FRELIMO | Portugal | ||||||
Líderes | |||||||
Eduardo Mondlane Filipe Samuel Magaia Samora Moisés Machel |
António Augusto dos Santos Kaúlza de Arriaga | ||||||
Forzas en combate | |||||||
De 10 000 e 15 000[1][2] | 50 000 (a 17 de maio de 1970)[3] | ||||||
Baixas | |||||||
Cerca de 10 000 combatentes mortos[4] 50 000 civis mortos[4] |
3 500 mortos[4] |
A Guerra da Independencia de Mozambique, tamén coñecida (en Mozambique) como Loita Armada de Liberación Nacional,[5] ben como Guerra Colonial Portuguesa foi un conflito armado entre as forzas da guerrilla da FRELIMO (Frente de Libertação de Moçambique) e as Forzas Armadas de Portugal. Oficialmente, a guerra iniciouse o 25 de setembro de 1964, cun ataque ao posto administrativo de Chai no daquela distrito (actualmente provincia) de Cabo Delgado, e terminou cun alto o fogo o 8 de setembro de 1974, resultando nunha independencia negociada en 1975.
Ao longo dos seus catro séculos de presenza en territorio africano, a primeira vez que Portugal tivo que enfrontarse a guerras de independencia, e forzas de guerrilla, foi en 1961, na Guerra de Independencia de Angola. En Mozambique, o conflito comezou en 1964, resultado da frustración e a axitación entre os cidadáns mozambicanos, contra a forma de administración estranxeira, que defendía os intereses económicos portugueses na rexión. Moitos mozambicanos resentíanse das políticas portuguesas en relación aos nativos. Influenciados polos movementos de autodeterminación africanos de posguerra, moitos mozambicanos volvéronse, progresivamente, nacionalistas e, de forma crecente, frustrados polo continuo servilismo da súa nación ás regras exteriores. Por outra banda, aqueles mozambicanos máis integrados no sistema social portugués implementado en Mozambique, en particular os que vivían nos centros urbanos, reaccionaron negativamente á vontade, cada vez maior, de independencia. Os portugueses estabelecidos no territorio, que incluían a maior parte das autoridades, responderon cun incremento da presenza militar e cun aumento de proxectos de desenvolvemento.
Un exílio en masa de políticos da intelligentsia de Mozambique a países vecinhos propiciou un ambiente ideal no cal os independentistas mozambicanos podían planear accións, e crear axitación política, no país. A creación da organización guerrilleira FRELIMO e o apoio da Unión Soviética, a República Popular da China e Cuba, por medio do fornecemento de armamento e de instrutores, levaron ao xurdimento da violencia que continuaría durante máis dunha década.[6]
Desde o punto de vista militar, o continxente militar portugués foi sempre superior durante todo o conflito contra as forzas de guerrilla. Aínda que en desvantaxe, as forzas da FRELIMO saíron vitoriosas, logo da Revolución dos Caraveis en Lisboa, o 25 de abril de 1974, que acabou co réxime ditatorial en Portugal. Mozambique acabaría por obter a súa independencia o 25 de xuño de 1975, logo de máis de 400 anos de presenza portuguesa nesta rexión de África. De acordo con algúns historiadores da Revolución Portuguesa do 25 de abril, este golpe de Estado militar foi impulsado principalmente polo esforzo de guerra e impases políticos nos diversos territorios ultramariños de Portugal, polo desgaste do réxime entón vixente e pola presión internacional.[7][8][9]
Antecedentes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Mozambique.
Colonia portuguesa
[editar | editar a fonte]Os primeiros da actual rexión na que se sitúa a actual Mozambique eran designados como San e adicábanse à caza. Dos séculos I a IV d.C., seguíronlles varios pobos bantús que migraran a través do río Zambeze. En 1498, os exploradores portugueses desembarcaron na rexión[10] e estabeleceron varias colonias nela. O ouro e a escravitude eran as principais fontes de riqueza para os europeos; con todo, a influencia era exercida polos colonos locais, e non existía unha administración centralizada.[11] Mentres tanto, Portugal desviaba a súa atención cara a India e o Brasil.
Contra o século XIX, o colonialismo europeo en África acadou o seu apoxeo. Perdido o control do territorio brasileiro en América do Sur, os portugueses concentráronse na expansión dos territorios africanos. Esta mudanza de política fixo a Portugal entrar en conflito cos británicos.[10] Dende que David Livingstone volveu á rexión en 1858, nun itento de explorar rotas comerciais, os intereses británicos en Mozambique aumentaron, alarmando o goberno portugués. Durante o século XIX, gran parte da rexión da África Oriental estaba baixo o control británico e, como xeito de aumentar aínda máis este control, o goberno británico solicitou diversas concesións ás colonias portuguesas.[6] Como resultado, nunha tentativa de evitar unha confrontación naval coa Mariña Real Británica, Portugal, en desvantaxe, axustou as actuais fronteiras de Mozambique en maio de 1881.[10] O control de Mozambique ficou nas mans de varias organizacións tales como a Compañía de Mozambique, a Compañía de Zambézia e a Compañía de Niasa, que estaban financiadas con man de obra barata polo Imperio Británico, e que traballaban na explotación de minas e na construción de ferrocarril.[10] Estas compañías desenvolvéronse dende a costa cara o interior, estabelecendo plantacións e cobrando impostos á poboación local que, ata entón, resistía á invasión dos colonos.[12]
O Imperio de Gaza, ata a data resistente, estaba constituído por un grupo de tribos que habitaban a rexión equivalente a Mozambique e a Zimbabue. En 1885, foi derrotado,[6] e as tribos restantes foron derrotadas definitivamente contra o ano 1902; ese mesmo ano, Portugal estabelece en Lourenço Marques (actual Maputo) a capital.[13] En 1926, a crise económica e política dá como resultado a implantación do Estado Novo, e leva a reavivar o interese polas colonias africanas. Un sentimento de autodeterminación comezou a nacer en Moçambique logo da segunda guerra mundial, á luz do que ía acontecendo con outras colonias ao redor de todo o mundo, nunha vaga de descolonizacións.[1][11] Nos anos 50, en Mozambique, nacían as primeiras organizacións de ideais nacionalistas.[14]
Masacre de Mueda
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Masacre de Mueda.
A principios dos anos 60, o descontento dos agricultores era grande. A partir de 1929, o Estado portugués iniciou un forte control sobre as compañías comerciais, especialmente sobre o monopolio que exercían. O goberno de Lisboa pasou a centralizar a política de colonización. Dos produtos producidos en Mozambique para a exportación - algodón, azucre, caju e sisal - o algodón era un dos máis importantes, tendo sido imposta a súa explotación a gran escala. De 4 000 toneladas producidas entre 1931 e 1935, pasouse a cerca de 130%nbsp;mil na década de 1960. Asociado a este forte aumento de produción, estaba o elevado número de traballadores, que eran recrutados entre a poboación maconde[15] na rexión de Mueda. O descontento dos macondes tiña que ver, esencialmente, cos baixos salarios, as malas condicións de traballo, o autoritarismo da administración colonial[16] e cuestións económicas - o algodón era comprado por baixo do valor e vendido a un prezo máis alto.[15]
A mediados de 1960, organizouse unha reunión entre o gobernador do distrito de Cabo Delgado, o capitán de fragata Teixeira da Silva, e Garcia Soares, administrador da rexión dos macondes. A Unión Nacional Africana de Mozambique (MANU polas súas siglas en inglés) foi a portavoz dos macondes e á súa fronte estaban Faustino Vanomba e Chibilite Vaduvane. Estaba prevista unha reunión para o día 16 de xuño, na cal os macondes presentarían as súas reivindicacións: prezos de compra máis altos para a produción e uhulu, liberdade para a terra. Fora do edificio no que se celebraba a reunión xuntáronse cerca de 5 000 macondes[17] celebrando. Con todo, Teixeira da Silva só falou do aumento do prezo ao que ia mercar o algodón, mais non se referiu á «liberdade da terra». Os representantes da MANU reclamaron, e foron detidos á vista da multidão, que protestou violentamente. O gobernador mandou á policía disparar sobre os manifestantes, matando a algúns: fontes locais sinalan 16 mortos; o iforme militare sinala 20; e o informe da administración cerca de 30. A FRELIMO, anos máis tarde, dixo que foram 150 as vítimas; e outra fonte, Alberto Joaquim Chipande, nun texto publicado no libro de Eduardo Mondlane Lutar por Moçambique, sinala 600 mortos.[16][17]
O «16 de xuño» foi unha das primeiras manifestacións de insatisfacción contra o colonialismo, aínda que non foi un movemento politicamente organizado, senón unha manifestación espontánea de campesiños.[15]
Ascenso da FRELIMO
[editar | editar a fonte]En 1951, Portugal designou a Mozambique como territorio de ultramar, como xeito de transmitir ao mundo a imaxe de que a colonia tiña unha gran autonomía. Pasou a ter a designación oficial de Província Ultramarina de Moçambique.[18] Mesmo así, o control das provincias ultramariñas continuaba a ser exercido por Portugal. O crecente número de nacións africanas independentes logo da segunda guerra mundial,[1] xunto cos malos tratos á poboación africana, alentou o crecemento do sentimento nacionalista dentro de Mozambique.[10]
No seu libro Lutar por Moçambique (1968), o primeiro presidente da FRELIMO, Eduardo Mondlane, escribiu:[19]
“ | Como todo o nacionalismo africano, o de Mozambique naceu da experiencia do colonialismo europeo. A fonte de unidade nacional é o sufrimento común durante os últimos cincuenta anos baixo o dominio portugues. | ” |
Mozambique caraterizábase socialmente polas grandes disparidades entre os portugueses, máis ricos, e a gran maioría da poboación rural. Debido á súa baixa taxa de alfabetización e á preservación das tradicións e dos modos de vida locais, as oportunidades de emprego cualificado e os postos na administración e no goberno eran escassas para as poboacións tribais. Neste contexto, non había espazo para elas no estilo de vida moderno e urbano. Moitos cidadáns africanos sentían que a súa tradición e cultura estaba oprimida pola cultura externa de Portugal.[11] Varios disidentes que se opuñan á política portuguesa e clamaban pola independencia foron forzados ao exilio. A administración portuguesa obrigaba aos agricultores mozambicanos a plantar arroz e algodón para a exportación, deixándolles pouco para a súa subsistencia. Moitos traballadores - máis de 250 mil contra o ano 1960 - foron enviados a traballar nas minas de ouro e diamantes de África do Sur.[1][10][11][20] Contra o ano 1950, 4 353 mozambicanos, dun total de 5 733, recibiron do goberno colonial portugués o dereito ao voto.[11] A fenda entre os colonos portugueses e a poboación mozambicana é patente polo número reducido de mestizos: preto de 31O 465, dun total de 8–10 millóns de habitantes en 1960, de acordo co censo dese ano.[1]
A FRELIMO foi creada en Dar es Salaam, capital da veciña Tanzania, o 25 de xuño de 1962, no transcurso dunha conferencia de varios políticos forzados ao exílio,[21] a través da fusión de varios grupos nacionalistas, entre os cales estaban a União Nacional Africana de Moçambique (MANU), a União Nacional Africana de Moçambique Independente (UNAMI) e a União Democrática Nacional de Moçambique (UDEMANO), nacida dous anos antes.[22] Estas organizacións só conseguiran desenvolverse no exilio, dado o estrito control sobre a actividade dos disidentes en Mozambique.[11] No seu primeiro congreso, en setembro dese mesmo ano, a FRELIMO declarou, nos seus estatutos, pretender acabar coa presenza colonial e imperial portuguesa no país, conseguir a independencia de Mozambique e defender as reivindicacións dos cidadáns mozambicanos.[23] Un ano máis tarde, en 1963, a FRELIMO estabeleceu unha sede en Dar-es-Salaam, liderada polo sociólogo Eduardo Mondlane, e comezou a esixir a independencia de Portugal.[24] En 1964, nun encontro con Alberto Joaquim Chipande e un grupo de mozos, en Dar-es-Salaam, Samora e Mondlane transmitiron a mensaxe de que o obxectivo da súa loita era a estrutura portuguesa instalada en Mozambique, e non o cidadán branco ou civil.[25] A loita, segundo Machel, era contra o colonialismo e o imperialismo (representado pola presenza de capitais norte-americanos, ingleses, franceses, alemáns e xaponeses.[26] Logo de dous anos de organización e de fracasos nos contactos políticos, nunha tentativa de procurar a independencia de forma pacífica, Mondlane mudou a súa estratexia e iniciou unha campaña de guerrilla, en 1964.
A primeira vítima do conflito foi o relixioso neerlandês Daniel Boormans, da Misión Católica de Nangololo, o 24 de agosto de 1964, que, supostamente foi confundido co xefe do posto.[27] A FRELIMO, que acabara de entrar en Mozambique procedente de Tanzania, axiña atribuíu este incidente ás forzas da Manu e da Udenamo,[28][29] e un mes despois, o 25 de setembro, lanzou os primeiros ataques na rexión de Mueda, marcando, oficialmente, o inicio do conflito.[30] Nesta data, Alberto Joaquim Chipande, á fronte dun grupo de 12 homes, atacou un posto administrativo na localidade de Chai, matando ao xefe do posto e a outras seis persoas, segundo a súa versión.[31][32] No entanto, segundo outra versión, das tropas portuguesas, ninguén tería sido abatido; tan só as paredes do posto administrativo terían sido alcanzadas.[33]
Historicamente, Chipande é considerado o primeiro en disparar o tiro que deu inicio ao conflito, aínda que hai voces discordantes, mesmo no seo da FRELIMO.[34] Eduardo Nihia, membro do Consello de Estado e antigo combatente, reclamou igualmente a autoría dese disparo, sinalando mesmo que tamén houbo disparos noutras frontes, aínda que sen éxito. Chipande reaccionou a estas declaracións afirmando a súa abertura a novas versións sobre o que realmente sucedera.[35]
Ao principio, os Estados Unidos ofreceron apoio aos grupos nacionalistas en África. Este apoio pretendía seguir os principios de Thomas Woodrow Wilson, que defendían a autodeterminación e independencia das nacións colonizadas. As Nacións Unidas tamén meteron presión a Portugal para que procedera á descolonización.[13] No entanto, Portugal, ameazando con saír da OTAN, conseguiu soster esa presión, forzando aos grupos nacionalistas de Mozambique a procurar axuda da Unión Soviética.[1]
Apoios á FRELIMO
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Guerra Fría: A Distensión (1962 - 1979).
Durante o período da Guerra Friía, en particular a finais da década de 1950, a Unión Soviética e a República Popular da China adoptaron unha estratexia de desestabilización dos poderes dos países de occidente a través da ruptura do seu dominio sobre as colonias africanas.[36] Nikita Khrushchov, en particular, vía "o terzo subdesenvolvido da humanidade" como un medio de debilitar a occidente. Para os soviéticos, África representaba unha oportunidade de crear unha fractura entre as potencias occidentais e os seus dominios coloniais, e crear estados procomunistas en África cos cales puidera desenvolver relacións no futuro.[37]
Antes da formación da FRELIMO, a posición da Unión Soviética respecto dos movementos nacionalistas en Mozambique non era clara. Existían varios movementos independentistas mais non había a certeza sobre cales terían éxito. Os grupos nacionalistas en Mozambique, tales como todos aqueles existentes por toda África daquela, reciberon o adestramento e o equipamento da Unión Soviética.[38]
O sucesor de Eduardo Mondlane, o futuro Presidente de Mozambique, Samora Machel, recoñeceu ter recibido apoio tanto de Moscova como de Pequín, describíndoos como "aqueles que realmente nos axudaron. … Eles xa estiveran involucrados en conflitos armados, e todo aquilo que aprenderan, e que sexa relevante para Mozambique, nós o utilizaremos".[39] As guerrillas recibiron formación en subversión e política bélica, así como axuda militar, especificamente o fornecimento de pezas de artillaría de 122 mm,[37] xunto con 1,6 mil conselleiros de Rusia, Cuba e a Alemaña Oriental.[40] A Unión Soviética continuaría a apoiar o novo goberno da FRELIMO contra a contrarrevolución nos anos seguintes a 1975. Contra o ano 1981, mantíñanse en Mozambique 230 soviéticos e 800 conselleiros militares cubanos.[37] A presenza de Cuba en Mozambique formaba parte dun esforzo continuo de "exportar" a súa ideoloxía antiimperialista da Revolución Cubana e de conseguir novos aliados. Cuba forneceu apoio aos movementos de liberación e gobernos de esquerda en varios países africanos, incluíndo Angola, Etiopía, Guinea-Bissau e o Congo.[41]
Tamén os países nórdicos, especialmente Suecia, apoiaron a causa da FRELIMO a nivel político e financeiro, durante todo o conflito.[42][43][44]
Conflito
[editar | editar a fonte]De 1964 a 1969
[editar | editar a fonte]Insurreción durante o goberno de Mondlane
[editar | editar a fonte]No inicio da guerra, a FRELIMO tiña poucas esperanzas dunha vitoria militar convencional dado o seu continxente de apenas 250 combatentes,[45] contra unha forza portuguesa mojito maior. Esperaban que a poboación local os apoiara na insurreción, como xeito de conseguir negociar a independencia con Lisboa.[1] En 1967, as forzas da FRELIMO aumentaran ata preto dos 8 000 combatentes.[45] A estratexia de Portugal era efectuar no terreo unha guerra convencional, á que enviou cerca de 10 000 tropas nos comezos do conflito en 1964;[45] ata 1967, o número de tropas situaríase entre os 23 000[45] e os 24 000.[46] O número de soldados locais recrutados polos portugueses, máis de 11 000,[45] levou a un aumento das forzas ata case is 35 000 no mesmo período. Cerca de 860 elementos das Forzas Especiais estabam, tamén, a ser adestrados nos Comandos en 1969.
A facción militar da FRELIMO estaba liderada por Filipe Samuel Magaia, cuxas forzas foran adestradas en Arxelia.[47] As guerrillas da FRELIMO estaban equipadas con varios tipos de armas, moitas fornecidas pola Unión Soviética e China.[48] Entre estas armas estaban a espingarda Mosin-Nagant, a Espingarda semiautomática SKS, o AK-47, unha espingarda automática e a soviética PPSh-41. As metralladoras Degtyaryov empregáronse moito, xunto coa DShK e a SG-43 Goryunov. A FRELIMO estaba apoiada por morteiros, espingardas sen retroceso, RPGs, defensa antiaérea coma o ZPU-4 e, dende 1974, o sistema portátil de lanzamento de mísiles Strela 2.[49][50] Nalgunhas fases menos activas do conflito, a FRELIMO tería recibido un número limitado de Strela 2 por parte de China. Durante o conflito foi abatido un avión das FAP, un T-6 en outubro de 1967, pola defensa antiaérea da FRELIMO; en novembro de 1971 un DO-27, foi alcanzado polos disparos, dando como resultado a morte do oficial observador en Niassa.[51]
As forzas portuguesas, pola súa banda, estaban comandadas polo xeneral António Augusto dos Santos, un militar que cría nas novas teorías de contrainsurxencia. Augusto dos Santos apoiou a Rodesia na creación de unidades de exploradores africanos e outros equipos de forzas especiais, e as forzas de Rodesia levaron a cabo as súas propras operacións durante o conflito. Debido á política de retención do armamento novo en Portugal, mentres se enviaba o vello ás colonias, os soldados portugueses combatían con radios da segunda guerra mundial e con antigas espingardas Mauser. No transcurso dos combates recoñeceuse rapidamente a necesidade de empregar armamento novo, e en boas condicións, polo que se adoptaron as espingardas automáticas Heckler & Koch G3 e FN FAL[52] como as principais do exército, xunto coas AR-10 para os paracaidistas. A MG42 e,[53] en 1968, a HK21,[54] eran as metralladoras pesadas dos portugueses con proxecctís de calibre 60, 81 e 120 mm, e carros de combate blindados Panhard AML, Panhard EBR, Fox e Chaimite para apoio à infantaria.[50]
Aínda que a utilización de helicópteros en Mozambique foi inferior que en Vietnam, Portugal estaba equipado cos Alouette II e Alouette III (dende 1966), e co Puma (a partir de 1970);[55] os primeiros serían máis empregados, mais o Puma tería máis éxito nas operacións nas que participaba. Outras aeronaves utilizadas foron o T6 e o Fiat G.91[56] para apoio aéreo de proximidade; o Dornier Do 27 para recoñecemento aéreo do terreo. A Forza Aérea Portuguesa empregou, esencialmente para transporte, o Nord Noratlas e o C-47.[57] A Mariña Portuguesa tamén empregou barcos de patrulla,[58] lanchas de desembarco[59] e barcos insuflables.
En 1964, abandoáronse algunhas das tentativas de negociación da FRELIMO e, o 25 de setembro dese mesmo ano, Eduardo Mondlane iniciou ataques de guerrilla contra obxectivos da rexión norte de Mozambique a partir da súa base en Tanzania.[20] Os soldados da FRELIMO, co apoio loxístico da poboación local, realizaron pequenos ataques a postos administrativos no distrito de Cabo Delgado; nas cidades, a vida continuou, sen sentir a influencia destes ataques.[30] Os militantes da FRELIMO eran capaces de vixiar, perseguir e fuxir empregando técnicas de guerrilla convencional: realizando emboscadas a patrullas, saboteando comunicacións a liñas de ferrocarril, e efectuando pequenos ataques contra postos coloniais antes de desapareceren rapidamente na vexetación. Os rebeldes estaban armados con espingardas e pistolas, e souberon aproveitar a época dos monzóns para retirarse mellor logo dos ataques.[1] Durante as fortes chuvias, era bastante máis difícil de perseguir os guerrilleiros por vía aérea, anulando a superioridade aérea de Portugal, e mesmo por vía terrestre dificultando os movementos dos carros de combate. Pola súa banda, as tropas rebeldes, co seu equipamento mais lixeiro, eran capaces de escapar polo monte e unirse às poboacións locais, pasando despercibidas. Amais diso, as forzas da FRELIMO conseguían alimentarse dos produtos do terreo polo que pasaban, non dependendo dunha loxística organizada e complexa.[60] Inicialmente, o centro de loxística das forzas portuguesas estaba estabelecido en Lourenço Marques. No entanto, dada a xeografía accidentada de Mozambique e a grande distancia - 2 000 km - das zonas de combate, a zona norte, descentralizouse o centro de toma de decisións, pasando a haber tres centros loxísticos: Beira, Nacala e Porto Amélia.[61]
Inicialmente, a estratexia da FRELIMO pasaba por transmitir a súa mensaxe de revolución a cinco provincias: Cabo Delgado, Niassa, Tete, Zambézia e Nampula. Axiña déronse conta da súa incapacidade numérica para facelo, e centraron as súas operacións nas dúas primeiras rexións, nos primeiros anos de conflito.[62] Durante o período inicial do conflito, a actividade da FRELIMO limitábase a ataques con unidades de pequena dimensión ás instalacións portuguesas. Os seus soldados operaban, habitualmente, en grupos de 10 a 15 elementos. Os ataques puntuais e dispersos eran un intento de separar as forzas portuguesas.[1] Aínda que os guerrilleiros conseguiran avanzar rapidamente de norte a sur, os seus problemas non se limitaban ás forzas portuguesas. Tamén dentro da FRELIMO xurdiron os primeiros problemas: unha división de ideias, que separou os pro occidentais - Uria Simango, Lázaro Kavandame e Mateus Gwengere -, dos pro comunistas - Samora Machel e Marcelino dos Santos.[63]
As primeiras vítimas dos portugueses datan de novembro, en combates na rexión norte de Mozambique, Xilama.[45] Co crescente aumento do apoio da poboación local, e o reducido número de tropas regulares portuguesas, a FRELIMO axiña conquistou terreo avanzando cara o sul ata Meponda e Mandimba, unindo Tete coa axuda da forza aérea do veciño Malaui, que se converteu en membro independente da Commonwealth o 6 de xullo. Mesmo co aumento das operacións da FRELIMO, os ataques continuaban a ser efectuados con pequenos equipos a postos administrativos portugueses pouco armados; o sistema de comunicacións e abastecemento, facíase a através do emprego de canoas ao longo do río Rovuma e do lago Niassa.[1]
Só en 1965 o número de soldados recrutados aumentou co apoio popular, subindo, así, a dimensión dos grupos de ataque. Este aumento debeuse, en parte, á dispoñibilidade da FRELIMO para axudar os mozambicanos exilados, que fuxiran do conflito e se refuxiaran en Tanzania.[1] Do mesmo xeito que nos conflitos contra Francia e contra as Forzas Armadas dos Estados Unidos en Vietnam, os rebeldes tamén recorreron á colocación, a grande escala, de minas como xeito de diminuír a vantaxe das forzas portuguesas,[64] e desmoralizar os seus soldados.[1]
Os grupos de guerrilla da FRELIMO tamén continuaron a medrar ata acadar preto de 100 guerrilleiros nalgunhas ocasións, incluíndo tamén algunhas mulleres.[65] O 10 ou 11 de outubro de 1966,[66] ao regresar de Tanzania logo dunha inspeccón á liña da fronte, Filipe Samuel Magaia foi abatido a tiros por Lourenço Matola, un compañeiro da guerrilla da FRELIMO, supostamente ao servizo dos portugueses.
En 1967, cerca do 14 % da poboación e o 20 % do territorio estaban controlados pola FRELIMO;[67] nese momento, había 8 000 guerrilleiros en combate.[1] Durante este período, Mondlane quería un aumento do esforzo de guerra, mais tamén procurou manter os pequenos grupos de ataque. Co aumento do custo dos abastecementos, expansión do territorio conquistado aos portugueses e a adopción de medidas que permitiran obter o apoio da poboación, Mondlane solicitou apoio externo,[1] en particular da Unión Soviética e da China; estes fornecéronlle metralladoras de grand tamaño, armamento antiaéreo, espingardas sen recúo de 75 mm e granadas propulsadas por foguete de 122 mm.[68]
En 1968, o segundo Congreso da FRELIMO resultou nunha vitoria, en termos de propaganda, para os insurretos, a pesar das tentativas dos portugueses, que dispuñan de superioridade aérea, de bombardear o lugar da reunión.[1] Esta situación deulle máis forza á FRELIMO para impoñerse nas Nacións Unidas.[69]
Programa de desenvolvemento portugués
[editar | editar a fonte]Debido á gran diferenza tecnolóxica entre os bandos, Portugal foi un dos principais responsábles do desenvolvemento dos países africanos nos que estivo presente dende o século XV. nas décadas de 1960 e principios da de 1970, para combater a crecente insurxencia das forzas da FRELIMO e mostrar aos portugueses, e ao mundo, que todo o territorio estaba baixo control, o goberno portugués acelerou o seu programa de desenvolvemento para expandir e mellorar as infraestruturas de Mozambique, creando novas estradas, liñas ferroviarias, pontes, encoros, sistemas de irrigación, escolas e hospitais para estimular un nivel de crecemento económico aínda maior, e o apoio da poboación local.[6][70]
Parte deste programa de desenvolvemento, foi a construción do encoro de Cahora Bassa que se iniciou en 1969. Este proxecto en particular converteuse nun dos principais motivos de preocupación constante pola seguridade nos territorios de ultramar. O goberno portugués vía a construción do encoro como un testemuño importante da "misión civilizadora" de Portugal para o mundo e,[71] ademais diso, un xeito de demonstrar a Mozambique a forza e a seguridade do goberno colonial portugués. Para mostrar as súas intencións, Portugal enviou un continxente de 300 soldados e mais de 1 millón de minas para defender este proxecto.[1]
Ao percibir a importancia simbólica do encoro para os portugueses, a FRELIMO pasou sete anos tentando parar a construción a través da forza. Ningún ataque directo tivo éxito; no entanto, a FRELIMO tivo algún éxito no ataque a tropas e persoal relacionado coa construcciónn que se dirixían cara ao local.[1] A FRELIMO presentou unha protesta ante as Nacións Unidas polo proxecto, apoiado por informes comprometedores das accións dos portugueses en Mozambique. A pesar da retirada posterior dunha gran parte da axuda financeira estranxeira para o encoro, este sería finalizado en decembro de 1974. A propaganda efectuada por Portugal logo da finalización do proxecto, acabou quedando eclipsada pola negativa reacción pública mozambicana das poboacións locais, que foron obrigadas a mudar as súas casas para outras zonas e así permitir a construción do encoro. O encoro tamén acabou privando aos agricultores das crecidas anuais que axudaban a fertilizar as súas plantacións.[72]
Asasinato de Eduardo Mondlane
[editar | editar a fonte]O día 3 de febreiro de 1969, Eduardo Mondlane foi asasinado. Fontes sinalan que, nun intento de solucionar a situación en Mozambique, a policía secreta portuguesa asasinou a Mondlane enviándolle un paquete bomba á súa oficina en Dar es Salaam. Dentro do paquete había un libro que contiña un sistema de detonación que se accionou á súa abertura. Outras fontes afirman, con todo, que Mondlane tería morto a causa dunha bomba colocada debaixo da súa cadeira na sede da FRELIMO, e que os responsables nunca foron identificados.[73] As investigacións que seguiron acusaron a Silverio Nungo (máis tarde executado) e Lázaro Kavandame, líder da FRELIMO en Cabo Delgado. Este último nunca escondeu a súa desconfianza por Mondlane, ao que vía como un líder moi conservador; a policía de Tanzania acusou a Kavandame de traballar para a PIDE (policía secreta de Portugal) e de ter asasinado a Mondlane. Kavandame acabou rendéndose aos portugueses en abril dese mesmo ano.[1]
Aínda que os pormenores exactos do asasinato continúan sen coñecerse na súa totalidade, varios historiadores e biógrafos aceptan que o goberno portugués e, en particular, a Aginter Press ou PIDE,[74][75] estiveron involucrados e foron apoiados pola rede portuguesa de stay-behind Gladio (coñecida como Aginter Press). En 1990, suxeriuse que eles foran os responsables do asasinato. No entanto, logo da morte de Mondlane, e dada a incerteza sobre os responsables, levantáronse sospeitas dentro da propia FRELIMO, o que deu como resultado un ambiente de alta tensión, e dunha mudanza da política cara á á esquerda.[21][76] O sucesor inmediato de Mondlane foi o Reverendo Uria Simango, que serbiu con el como vicepresidente da FRELIMO, dende a súa creación ata 1969. Na loita que seguiu polo liderado da organización, Simango foi expulsado por Samora Machel e Marcelino dos Santos, unha liña máis dura, da FRELIMO, sendo apresado e executado logo da independencia, en 1975.[77]
De 1969 a 1974
[editar | editar a fonte]Guerra continua
[editar | editar a fonte]En 1969, o xeneral António Augusto dos Santos foi retirado do comando e, en marzo do ano seguinte, as tropas en Mozambique pasaron a estar lideradas polo xeneral Kaúlza de Arriaga. Kaúlza de Arriaga era máis favorable a un método de combate directo contra os rebeldes, e a política estabelecida de empregar forzas africanas de contra insurxencia foi substituída por forzas regulares portuguesas acompañadas por un pequeno número de soldados africanos. Continuaba a reclutarse persoal local para operacións especiais, tal como o Grupo Especial de Paracaidistas en 1973, aínda que tiveran un papel menos importante baixo as ordes do novo comandante. As súas tácticas estaban parcialmente influenciadas logo dunha reunión co xeneral William Westmoreland dos Estados Unidos.[1][64]
Contra o ano 1972, no entanto, comezou a haber presións doutros comandantes, en particular do segundo comandante, o xeneral Francisco da Costa Gomes, que defendía o uso de Flechas, forzas de operacións especiais dependentes da Policía Internacional e de Defensa do Estado (PIDE) creadas, inicialmente, en Angola, para actuar na Guerra de Ultramar. Os Flechas estaban compostos por homes de tribos locais, especializados en seguir o rasto, recoñecemento local e operacións antiterroristas.[78] Costa Gomes consideraba que os soldados africanos eran máis baratos e estaban máis preparados para crear unha mellor relación coa poboación local, unha táctica semelhlante á empregada polas tropas norteamericanas na Guerra de Vietnam. As unidades Flechas participaron nalgúns combates cara o final do conflito, logo da dimisión de Kaúlza de Arriaga na véspera da revolución do 25 de abril de 1974. Estas unidades continuarían a causar problemas á FRELIMO, mesmo despois da revolución e da retirada de Portugal de Mozambique, cando o país entrou nunha guerra civil.[79]
Na práctica, foron varias as forzas especiais que tiveron un papel importante do lado portugués, tanto no conflito mozambicano como na Guerra Colonial:[80][81][82][83]
- Grupos Especiais (GE; 1971): unidades semelñantes aquelas empregadas en Angola;
- Grupos Especiais Paracaidistas (GEP; 1971): unidades de soldados voluntarios locais con adestramento en paracaidismo;
- Grupos Especiais de Pisteiros de Combate (GEPC; 1971): unidades especiais de seguimento de rastro;
- Flechas (1970): homes de tribos locais e desertores, especializados en seguir o rasto, recoñecemento local e en operacións antiterroristas. En varias ocasións realizaron patrullas con uniformes capturados, e foron gratificados con cartos por cada guerrilleiro, ou arma, capturado.
Durante todo o período de 1970 a 1974, a FRELIMO intensificou as súas operacións de guerrilla, especializándose en terrorismo urbano.[1] A utilización de minas tamén aumentou, téndose informado de que eran responsables de dúas de cada tres baixas do lado portugués.[64] Durante o conflito, a FRELIMO empregou varios tipos de minas antitanque e antipersoa, como a PMN, a TM-46 e a POMZ.[84] Mesmo empregáronse minas anfíbias, como as PDM.[50] Este emprego a grande escala de minas, acabou creando un serio problema psicolóxico entre as tropas portuguesas. Este medo, asociado á frustración por sufrir baixas mesmo sen ter visto o inimigo, foi botando por terra a moral dos homens e dificultando o progreso do bando portugués.[1][64]
O 10 de xuño de 1970, o exército portugués lanzou unha contraofensiva de grandes dimensións: a Operación Nó Górdio.[85] O seu obxectivo consistía en erradicar as rotas de infiltración das guerrillas independentistas ao longo da fronteira con Tanzania e destruír as súas bases permanentes en Mozambique. Esta operación durou sete meses, e mobilizou un total 35 mil militares (en particular, unidades de elite como paracaidistas, comandos e fusileiros),[47] e foi parcialmente bem-sucedida.[1]
A coordinación entre os diferentes medios militares, bombardeiros, helicópteros e patrullas terrestres, tivo éxito. Empregáronse técnicas norteamericanas de ataque rápido con helicópteros, apoiados por fortes bombardeos aéreos, dos campos da FRELIMO, pola Forza Aérea Portuguesa (FAP), para asím cercar e eliminar a guerrilla. Estes bombardeos estiveron acompañados de artillaría pesada terrestre. Os portugueses utilizaron, tamén, unidades de cabalería como xeito de cubrir os flancos das patrullas, en zonas onde o terreo non permitía a utilización de vehículos motorizados.[86]
As primeiras dificultades para os portugueses comezaron case de imediato coa chegada da época dos monzóns, creando problemas a nivel loxístico. Non só as tropas portuguesas estaban mal equipadas, senón que tampouco había moita cooperación entre a FAP e o exército. Polo tanto, o exército tiña pouco apoio FAP. As baixas do lado portugués comezaron a ser superiores ás da FRELIMO, o que levou a unha nova intervención política dende Lisboa.[1]
A operación deu como resultado, segundo os informes do bando portugués, 651 guerrilleiros mortos (aínda que o número podería rondar os 440) e 1 840 capturados, fronte a máis de 100 baixas nas tropas portuguesas.[87] O xeneral Kaúlza Arriaga tamén informou de que as súas tropas destruíran 61 bases dos guerrilleiros e 165 campos, e que capturaran 40 toneladas de municións nos primeiros dous meses. Aínda que a Operación Nó Górdio teña sido considerada a ofensiva portuguesa máis exitosa do conflito, debilitando as guerrillas a o punto de que deixaron de constituír unha ameaza, algúns oficiais consideraron esta operación como fracaso;[1] a gran concentración de tropas portuguesas nesta operación debilitou as zonas Norte e Centro de Mozambique, onde se produciu un aumento discreto da presenza dos rebeldes e a construción de novas bases, especialmente en Tete.[87]
En 1972, os militares portugueses mudaron a súa estratexia adaptando a norteamericana search and destroy ("procurar e destruír").[88] Esta estratexia, empregada durante a Guerra de Vietnam, consistía en inserir tropas en territorio hostil, "procurar" o inimigo, "destruí-lo" e retirarse inmediatamente. Esta estratexia xa fora a base da doutrina en vigor dende o inicio do conflito, mais foi substituída polo xeneral Augusto dos Santos por unha estratexia de minimización das baixas.[89] No entanto, o 18 de Novembro, a FRELIMO – cun continxente de cerca de 8 000 guerrilleiros – iniciou unha longa ofensiva nas provincias de Tete, Niassa e Cabo Delgado.[51] A resposta portuguesa non se fixo esperar; foi violenta e levou a ataques de represalia, nunha tentativa de debilitar o apoio da poboación local á FRELIMO. O 16 de decembro, a 6ª compañía de comandos matou os habitantes de tres aldeas do Norte de Mozambique, a 30 km da cidade de Tete.[1] Denominada "Massacre de Wiriyamu", os soldados portugueses mataron a entre 150 e 300 persoas acusadas de ser simpatizantes da FRELIMO. Moitas das vítimas eran mulleres e nenos. A masacre foi relatada, de novo, en xullo de 1973 por un sacerdote católico británico, Adrian Hastings, e outros dous misioneiros españois.[90] O goberno portugués negou os feitos, a pesar de discutilo no Consello de Ministros, o 18 de agosto de 1974, un informe de Jorge Jardim que comprobaba a súa veracidade, incluía fotografías da aldea destruída, e aconsellaba que a masacre fora recoñecida e explicado. Creáronse diferentes versións sobre os feitos, segundo informou o arcebispo de Dar es Salaam Laurean Rugambwa, que afirmou que as supostas mortes foran responsabilidade de soldados da FRELIMO, e non das forzas portuguesas.[91] Aínda que noutra versión dos acontecementos, as supostas masacres non eran máis que unha forma de propaganda cuxo obxectivo era destruír a reputación do estado portugués no estranxeiro.[92]
Entre 1972 e 1974, a FRELIMO adoptou unha estratexia de ataque contra as comunidades dos colonos; a liña de ferrocarril Beira-Tete foi atacada e, en 1974, provocaron o descarrilamento dun comboi na liña da Beira-Umtali.[93] Aínda en 1973, a FRELIMO comezou a minar as cidades e as aldeis nun intento de desacreditar a confianza dos civís nas forzas portuguesas.[1] "Aldeamentos: água para todos" (traducible ao galego como "Vilas: auga para todos") era unha mensaxe que podía verse habitualmente nas áreas rurais, e un medio dos portugueses para realoxar a poboación local, co fin de illar á FRELIMO das súas bases civís[94] No entanto, non todos os habitantes aderiron voluntariamente aos realoxos (algúns de forma forzada), xa que non crían na seguridade prometida polos portugueses; algúns chegaron mesmo a fuxir desas vilas, e outros nin sequera chegarin a ocupalas.[95] Este programa de realoxo formaba parte da estratexia "psicolóxica" de Kaúlza de Arriaga que incluía tamén, a construción dunha vila "modelo" en Nangade, xunto a fronteira con Tanzania, con todas as infraestruturas dun centro urbano desenvolvido. O obxectivo era atraer a poboación e crear unha barreira defensiva contra a FRELIMO. Este proxecto foi aprobado polo goberno da metrópole, e os materiais para a súa construción enviados para Mozambique; con todo, a distancia e as dificultades atopadas no terreo, acabaron facer fracasar o proxecto.[95]
Por contra, a política de misericordia de Mondlane cara os colonos civís portugueses abandonouse, en 1973, polo novo xefe, Samora Machel.[96] "Pánico, desmoralización, abandono e sensación de inutilidade - estas eran as emocións entre os brancos en Mozambique" afirma un historiador deste conflito, T. H. Henricksen en 1983.[64] Esta mudanza levou ao xurdimento de protestas dos colonos portugueses contra o goberno de Lisboa,[1] un sinal indicador da impopularidade do conflito. Xunto coas novas da masacre de Wiriyamu, e cos renovados ataques da FRELIMO en 1973 e 1974, o agravamento da situación en Mozambique contribuiría no futuro á caída do goberno portugués en 1974. Un jornalista portugués argumentou:
“ | En Moçambique dicimos que existem tres guerras: unha guerra contra a FRELIMO; unha guerra entre o exército e a policía secreta; e unha guerra entre o exército e a policía secreta e o goberno central.[97] | ” |
De 1974 a 1975
[editar | editar a fonte]Inestabilidade político-militar e alto o fogo
[editar | editar a fonte]En Lisboa, víñanse desenvolvendo desde ía algúns anos organizacións de protesta contra a Guerra Colonial. A Acción Revolucionaria Armada (ARA), unha organización portuguesa creada polo Partido Comunista Portugués (PCP) nos anos 60, cuxo obxectivo era a loita armada contra a ditadura fascista, e as Brigadas Revolucionarias, unha organización de esquerda, loitaban contra as guerras coloniais. Realizaron diversas operacións de sabotaxe e ataques con bomba a obxectivos militares, como os ataques á base aérea de Tancos onde destruíron varios helicópteros, o 8 de marzo de 1971, e á sede da OTAN no concello de Oeiras, o 27 de outubro do mesmo ano.[98] Salientan, tamén, as sabotaxes aos navíos Cunene, Vera Cruz (de transporte de tropas) e Niassa, o 9 de abril de 1974.[99][100] A falta de popularidade da Guerra Colonial entre moitos portugueses, levou á creación de varios xornais e revistas da esquerda radical, como os Cadernos Circunstância,[101] Cadernos Necessários, Tempo e Modo[102] e Polémica, que tiñan apoio das universidades, e apelaban por solucións políticas para os problemas coloniais.
No último ano do conflito, a opinión xeneralizada entre os militares era a de que a guerra se encontraba nunha situación insostible.[103] A principios do ano, en xaneiro, un ataque da FRELIMO provocou a morte da muller dun colono europeo, en Vila Pery, e instalou un sentimento de inseguridade na rexión central de Mozambique;[104][105] as Forzas Armadas foron acusadas de non facer nada. Dous días despois, tanto o comercio desta cidade, como o da de Beira, pechou en sinal de loito,[106] e tiveron lugar protestas violentas da poboación branca contra os militares; estes declinaron responsabilidades dadas as difíciles condicións polas que estaban a pasar.[104] O xeneral Francisco da Costa Gomes, partiu cara a Mozambique para enterarse destes acontecementos. Ante a gravidade dos acontecementos, o Movemento das Forzas Armadas (MFA) reuniuse, e expuxo as súas preocupacións ao xeneral Spínola, asinada por 180 oficiais.[51] Neste novo contexto do conflito, Costa Gomes destituiu o comandante da Rexión Militar de Mozambique. No entanto, en Lisboa tamén se produciron movementos políticos e, en marzo, tanto Costa Gomes como Spínola, foron destituídos, o que determinou a fin das operacións militares en Mozambique.[107] En abril de 1974, a FRELIMO estaba equipada co SAM-7, un mísil terra-aire de gran precisión, que ameazaba a supremacía aérea portuguesa. Segundo informacións militares, a FRELIMO aumentara a súa actividade nos primeiros catro meses de 1974.[108]
A crecente instabilidade en Portugal culminaría o 25 de abril de 1974, coa Revolución dos Caraveis, un golpe de estado realizado pola esquerda militar en Lisboa, que depuxo o goberno de Marcelo Caetano. Milleiros de cidadáns portugueses deixaron Mozambique, e o novo xefe de governo, o xeneral António de Spínola, anunciou o alto o fogo. Logo do "25 de abril", reinaba a confusión tanto a nível gobernamental como no seo dos militares. Costa Gomes partiu cara a Mozambique para reforzar a posición do Movemento das Forzas Armadas (MFA) entre as forzas portuguesas.[109] Coa mudanza de goberno en Lisboa, moitos soldados negáronse a combater, manténdose nas súas bases no canto de partir a patrullar,[100] chegando mesmo a confraternizar cos guerrilleiros da FRELIMO. Esta continuou a avanzar cara o sur, mais sen atopar xe calquera tipo de resistencia.[109]
Independencia
[editar | editar a fonte]As primeiras tentativas de negociación de paz datan de setembro de 1973, ano no que Jorge Jardim, empresario establecido en Mozambique ía moito tempo e con contactos privilexiados, tanto en Portugal como en África, reuniuse con Kenneth Kaunda, líder zambiano, para analizar un proxecto do "acordo de paz" - Programa de Luzaka - para as partes implicadas no conflito.[110] No entanto, a presentación desta proposta ao goberno presidido por Marcelo Caetano non foi ben recibida.[103] De novo, en xuño de 1974, logo do golpe de estado, Portugal realizou un novo intento de acordo de paz e alto o fogo, nunha reunión en Luzaka, na que estiveron presentes o presidente Kaunda, Mário Soares (ministro dos negocios estranxeiros), Otelo Saraiva de Carvalho (MFA) e Samora Machel;[111] o encontro non transcorreu ben, e a proposta non foi aceptada pola FRELIMO que, dada a inestabilidade e desorganización militar en Mozambique, atacaba as propiedades dos cidadáns brancos. Non foi ata agosto cando a FRELIMO cesou a súa actividade militar contra os portugueses.[109]
As negociacións entre a administración portuguesa, a través do MFA, e a FRELIMO culminaron coa sinatura dos Acordos de Lusaka o 7 de setembro de 1974 en Tanzania, coa transferencia de soberanía ás mans da organización mozambicana.[112] No entanto, a situación dos colonos non estaba ben definida, principalmente no que respectaba ás súas propiedades, outros bens e situación profesional, o que levou a unha insatisfacción xeneralizada entre estes, dando orixe a unha serie de levantamentos.[113]
A formalización da independencia de Mozambique estableceuse finalmente o 25 de xuño de 1975, o 13º aniversario da fundación da FRELIMO.[1]
Consecuencias
[editar | editar a fonte]Portugal
[editar | editar a fonte]Na zona Leste de África, os colonos portugueses eran diferentes dos seus conxéneres europeos. Se ben os restantes europeos eran típicos colonizadores de principios do século XX, no que respecta aos portugueses, estes descendían de familias que xa estaban estabelecidas na zona dende ía varios séculos.[114][115] Por iso e pola súa localización xeográfica xunto a Suráfrica e a Rodesia, países africanos onde existía unha forte cultura europea, Mozambique era considerada unha Provincia Ultramarina elitista.[14]
Logo da independencia de Mozambique, no entanto, o medo ás represalias e ás ideoloxías procomunistas do novo goberno da FRELIMO, deron como resultado un éxodo de milleiros de portugueses europeos, africanos e de doutras etnias dos novos territorios independentes para Portugal e outros países. En Mozambique, moitos portugueses étnicos considerábanse mozambicanos.[116]
Descoñécese o número exacto de portugueses que deixaron Mozambique, os chamados "retornados", no entanto podería variar entre os 165 mil e os 210 mil.[117][118][119] As cidades, vilas e aldeas fundadas polos portugueses, e que se desenvolveran baixo o goberno de Portugal, mudaron os seus nomes logo da independencia: por exemplo,[120] Lourenço Marques pasou a chamarse Maputo,[121] Vila Pery mudou a Chimoio, Vila Cabral a Lichinga e Vila Junqueiro a Gurúè. As estatuas colocadas durante o período da permanencia portuguesa foron retiradas de todos os centros urbanos.[122]
A Guerra Colonial consumiu cerca de 44% do orzamento portugués.[1][7][8] Este gasto excesivo, desviou fondos necesarios ao desenvolvemento das infraestruturas en Portugal e contribuiu á inestabilidade crecente nesta nación europea. No entanto, o crecemento do PIB portugués durante o período da Guerra Colonial, 1961-1974, foi grande, acadando unha taxa media de crecemento do 6%.[123] O PIB das provincias ultramarinas de África tivo, tamén, un crecemento significativo, xunto coa construción de infraestruturas.
Mozambique: crise económica e inicio da guerra civil
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Guerra civil mozambicana.
Co éxodo do persoal especializado (cerca do 90% da poboación era analfabeta),[124] os novos estados independentes non tiñan man de obra preparada para manter as súas infraestruturas e, deste xeito, asistiuse a unha decadencia económica. Combinado coa perda desta man de obra, todos aqueles que saíran do país, persoas e empresas, levaron consigo diñeiro e bens, agravando aínda máis a situación deficitaria de Mozambique.[124] O goberno da FRELIMO estabeleceu relacións comerciais con algúns países comunistas como a Unión Soviética ou Alemaña Oriental, en detrimento de Portugal, que viu, deste xeito, diminuír a súa influencia na rexión.[125]
Ao longo de todo o conflito, a FRELIMO foi creando as chamadas “zonas libertadas” que consistían en áreas administradas polas forzas de liberación. A nova administración puxo fin á anterior forma de goberno colonial, considerada como explotadora da poboación nativa, e daba os primeiros pasos cara a unha sociedade socialista, coa colectivización da produción e a comercialización dos bens. As primeiras zonas en ser administradas segundo este novo modelo foron as provincias de Cabo Delgado, Niassa e Tete. Logo da independencia, o novo goberno apostou polo desenvolvemento das áreas sociais, especialmente a saúde e a educación. Na saúde, apostouse polo desenvolvemento da rede sanitaria no interior, nas zonas rurais que consistían nunha vasta área do país; e no desenvolvemento da medicina preventiva. Na área educativa,[126] tentouse combater a elevada taxa de analfabetismo (90%) a través da entrada dun número elevado de nenas e nenos no ensino primaario e, tamén, a nivel dos adultos. No que respecta á agricultura, a FRELIMO estabeleceu programas de mecanización das plantacións, acabando, deste xeito, coa utilización en masa de medios humanos, a poboación local. No entanto, xunto coa crise económica que seguiu ao conflito, toda esta nova estratexia non tivo o efecto desexado de desenvolvemento do país, provocando, ata 1976, a unha diminución da produción, tanto para o consumo interno como para a exportación. Esta situación agravaria tamén a xa latente crise económica.[124]
Samora Machel converteuse no primeiro presidente de Mozambique. O reverendo Uria Simango, a súa esposa e outros elementos disidentes da FRELIMO foron arrestados en 1975, e executados sen xuízo, en data descoñecida.[77] Dous anos despois, iniciouse a guerra civil mozambicana contra os rebeldes da RENAMO. Mozambique experimentou serios problemas logo da independencia. A recesión económica e social, o totalitarismo marxista, a corrupción política, a pobreza, as desigualdades económicas e o fracaso da planificación central, fixeron nacer unha vontade revolucionaria.[127][128] A paz non regresou ata 1992, coa sinatura do Acordo Xeral de Paz, o 4 de outubro, en Roma, entre a FRELIMO de Joaquim Chissano e a RENAMO de Afonso Dhlakama.[129]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 Westfall, William C., Jr., Major, Corpo de Fusileiros Navais dos Estados Unidos, Mozambique-Insurgency Against Portugal, 1963–1975, 1984.
- ↑ Walter C. Opello, Jr. Issue: A Journal of Opinion, Vol. 4, No. 2 ,1974, p. 29
- ↑ Richard W. Leonard Issue: A Journal of Opinion, Vol. 4, No. 2, 1974, p. 38
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Mid-Range Wars and Atrocities of the Twentieth Century" (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2024.
- ↑ "Constituição da República de Moçambique - Preâmbulo" (PDF) (en portugués). Goberno de Mozambique. Consultado o 10 de novembro de 2024.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Malyn D. D. Newitt, Moçambique Arquivado 03 de xuño de 2008 en Wayback Machine., Encarta..
- ↑ 7,0 7,1 George Wright, The Destruction of a Nation, 1996
- ↑ 8,0 8,1 Phil Mailer, Portugal - The Impossible Revolution?, 1977
- ↑ Stewart Lloyd-Jones, ISCTE (Lisboa), História de Portugal desde 1974, "O Partido Comunista Português (PCP), que se infiltrou no MFA dende os primeiros días da revolución, decidiu que era o momento ideal para tomar a iniciativa. Moito do fervor radical que seguiu á tentativa de golpe pelo Xeneral Spínola foi fomentado polo PCP, parte dos seus propios planos para se infiltraren no MFA, e mudar o rumbo da revolución na súa dirección.", Centro de Documentação 25 de Abril, Universidade de Coímbra
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 "CATHOLIC ENCYCLOPEDIA: Mozambique" (en inglés). www.newadvent.org. Consultado o 10 de novembro de 2024.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 T. H. Henriksen, Remarks on Mozambique, 1975, p. 11
- ↑ Albert Adu Boa Hen, ed. (2010). História Geral da África – Vol. VII – África sob dominação colonial, 1880-1935 (en portugués). UNESCO. pp. 209–210. ISBN 8576521296.
- ↑ 13,0 13,1 Malyn Newitt, A History of Mozambique, 1995 p. 571
- ↑ 14,0 14,1 Melo 1988, p. 228.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 Revista "Visão História", nº12, xuño de 2011, páx. 37
- ↑ 16,0 16,1 Revista "Visão História", nº12, xuño de 2011, páx. 36
- ↑ 17,0 17,1 Os heróis de Mueda
- ↑ Estados novos, estado novo: ensaios de história política e cultural, vol. 1, pág. 489, de Luís Reis Torgal - Google books
- ↑ Comunidades imaginadas: nação e nacionalismos em África de Luís Reis Torgal, Fernando Tavares Pimenta, Julião Soares Sousa - Google books
- ↑ 20,0 20,1 Malyn Newitt, A History of Mozambique, 1995 pág. 517
- ↑ 21,0 21,1 Malyn Newitt, A History of Mozambique, 1995, pág. 541
- ↑ "A África na sala de aula: visita à história contemporânea" de Leila Leita Hernandez - Google books
- ↑ Torgal, Luís Reis; Pimenta, Fernando Tavares; Sousa, Julião Soares. Comunidades imaginadas: nação e nacionalismos em África. Imprensa da Universidade de Coimbra. 2008. ISBN 978-989-8074-87-7 - Google books
- ↑ Bowen, Merle. The State Against the Peasantry: Rural Struggles in Colonial and Postcolonial Mozambique. University Press Of Virginia; Charlottesville, Virginia, 2000
- ↑ Alberto Joaquim Chipande numa palestra sobre a vida e obra de Samora Machel no Centro Internacional de Conferências Joaquim Chissano.
- ↑ Excerto do livro de Samora Machel A Luta continua (inclui ligações para alguns discursos de Samora Machel)
- ↑ "Moçambique - Guerra Colonial". ultramar.terraweb.biz. Consultado o 2022-09-07.
- ↑ Centro de Documentação 25 de Abril
- ↑ Guerra Colonial 1961-1974 - O início da guerra
- ↑ 30,0 30,1 Melo, pág. 230
- ↑ "Macua.Org". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 20 de xullo de 2024.
- ↑ Jouanneau, Daniel (1 de xaneiro de 1995). Le Mozambique (en francés). KARTHALA Editions.
- ↑ Documental A Guerra de Joaquim Furtado
- ↑ TIM - Televisão de Moçambique[Ligazón morta][Ligazón morta]
- ↑ "O País online". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2011. Consultado o 20 de xullo de 2024.
- ↑ Robert Legvold, Soviet Policy in West Africa, Harvard University Press, 1970, pág. 1.
- ↑ 37,0 37,1 37,2 Valentine J. Belfiglio. A Ofensiva Soviética no Sul da África Arquivado 04 de outubro de 2006 en Wayback Machine., airpower.maxwell, af.mil, 1983.
- ↑ Kenneth W. Grundy, Guerrilla Struggle in Africa: An Analysis and Preview, New York: Grossman Publishers, 1971, pág. 51
- ↑ Brig. Michael Calvert, Counter-Insurgency in Mozambique no Journal of the Royal United Services Institute, nº 118, 1973
- ↑ U.S. Department of Defense, Annual Report to the Congress 1972
- ↑ Tor Sellstrǒm, Liberation in Southern Africa, 2000, págs. 38–54. - Google books.
- ↑ Sellström, Tor (1999). Sweden and National Liberation in Southern Africa: Solidarity and assistance, 1970-1994 (en inglés). Nordic Africa Institute.
- ↑ Eriksen, Tore Linné; Afrikainstitutet, Nordiska (2000). Norway and National Liberation in Southern Africa (en inglés). Nordic Africa Institute.
- ↑ Soiri, Iina; Peltola, Pekka (1999). Finland and National Liberation in Southern Africa (en inglés). Nordic Africa Institute.
- ↑ 45,0 45,1 45,2 45,3 45,4 45,5 Guerra Colonial: 1961-1974
- ↑ Borges Coelho, João Paulo. As Tropas Africanas no Exército Colonial Português, 1961–1974: Angola, Guiné-Bissau e Moçambique (PDF), Estudos Portugueses 10 (1) (2002): 129–50, apresentado nos Encontros Portugueses/Africanos : Um Congresso Interdisciplinar, Brown University, Providence MA, 26-29 de Abril 26–29 de 2002.
- ↑ 47,0 47,1 47,2 "Welcome to the Air Combat Information Group". 1map.com (en alemán). Consultado o 2022-09-07.
- ↑ "Guerra Colonial 1961-1974: Armamento dos Movimentos de Libertação". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2024.
- ↑ "Guerra Colonial 1961-1974 - Armamento dos Movimentos de Libertação". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2024.
- ↑ 50,0 50,1 50,2 Cann, John P, Counterinsurgency in Africa: The Portuguese Way of War, 1961–1974, Hailer Publishing, 2005
- ↑ 51,0 51,1 51,2 "Guerra Colonial 1961-1974: Cronologia". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2024.
- ↑ Guerra Colonial 1961-1974: Espingardas
- ↑ Guerra Colonial 1961-1974:: Patrulha portuguesa armada com G3, MG42, LGF, morteiro 60 e granadas de mão.
- ↑ Guerra Colonial 1961-1974: os Pára-quedistas em Moçambique
- ↑ Guerra Colonial 1961 - 1974: Helicópteros
- ↑ Guerra Colonial 1961-1974: Aviões de Combate
- ↑ "Guerra Colonial 1961 - 1974: Aeronaves". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2024.
- ↑ Guerra Colonial 1961-1974 - Lanchas de fiscalização
- ↑ Guerra Colonial 1961-1974 - Lanchas de desembarque
- ↑ Walter C. Opello, Jr. Issue: A Journal of Opinion, Vol. 4, Nº 2, 1974, páx. 29
- ↑ Guerra Colonial 1961-1974: Logística
- ↑ Melo, pág. 231
- ↑ Melo, pág. 232
- ↑ 64,0 64,1 64,2 64,3 64,4 Thomas H. Henriksen, Revolution and Counterrevolution, London: Greenwood Press, 1983, pág. 44
- ↑ Brendan F. Jundanian, The Mozambique Liberation Front, (Library of Congress: Institute Universitaire De Hautes Etudes Internacionales, 1970), pág. 76–80
- ↑ Douglas L. Wheeler, A Document for the History of African Nationalism, 1970
- ↑ Brendan F. Jundanian, The Mozambique Liberation Front, (Library of Congress: Institut Universitaire De Hautes Etudes Internacionales, 1970), pág. 70
- ↑ F. X. Maier, Revolution and Terrorism in Mozambique, New York: American Affairs Association, Inc., 1974, pág. 12
- ↑ F. X. Maier, Revolution and Terrorism in Mozambique, New York: American Affairs Association, Inc., 1974, pág. 41
- ↑ "Copia arquivada". www.cidadevirtual.pt. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 29 de xullo de 2024.
|dataacceso=
e|data-acceso=
redundantes (Axuda) - ↑ Allen Isaacman. Portuguese Colonial Intervention, Regional Conflict and Post-Colonial Amnesia: Cahora Bassa Dam, Mozambique 1965–2002, cornell.edu.
- ↑ Richard Beilfuss. International Rivers Network Arquivado 03 de xullo de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2006. Consultado o 29 de xullo de 2024. Parámetro descoñecido
|arquivourl=
ignorado (suxírese|url-arquivo=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|arquivodata=
ignorado (Axuda);|dataacceso=
e|data-acceso=
redundantes (Axuda) - ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2010. Consultado o 29 de xullo de 2024. Parámetro descoñecido
|arquivourl=
ignorado (suxírese|url-arquivo=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|arquivodata=
ignorado (Axuda);|dataacceso=
e|data-acceso=
redundantes (Axuda) - ↑ Priestland (2010-03-25). Bandera Roja: Historia política y cultural del comunismo (en castelán). Grupo Planeta (GBS). Parámetro descoñecido
|primeiro=
ignorado (Axuda) - ↑ Walter C. Opello Jr, Pluralism and Elite Conflict in an Independence Movement: FRELIMO in the 1960s, parte do Journal of Southern African Studies, Vol. 2, Nº 1, 1975, pág. 66
- ↑ 77,0 77,1 Cabrita, João M. Mozambique: a tortuous road to democracy. Editora Palgrave Macmillan. Londres. 2001. ISBN 970-0-333-97738-5
- ↑ Roelof J. Kloppers : Border Crossings : Life in the Mozambique / South Africa Borderland since 1975. Universidade de Pretoria. 2005. Online Arquivado 10 de xuño de 2019 en Wayback Machine..
- ↑ Brig. Michael Calvert, Counter-Insurgency in Mozambique, Journal of the Royal United Services Institute, nº 118, Março de 1973
- ↑ Guerra Colonial 1961-1974: Cronologia
- ↑ Guerra Colonial 1961-1974: Pára-quedistas
- ↑ "GRUPOS ESPECIAIS PÁRA-QUEDISTAS (GEP – MOÇAMBIQUE) | Operacional". www.operacional.pt (en portugués). Consultado o 2022-09-07.
- ↑ Hall, Margaret; Young, Tom (1997). Confronting Leviathan: Mozambique Since Independence (en inglés). Hurst.
- ↑ "Landmines in Mozambique, The Arms Project, Africa Watch", Human Rights Watch, 1994
- ↑ Guerra Colonial 1961-1974 - Operação "Nó Górdio"
- ↑ Guerra Colonial 1961-1974 - Guerra a Cavalo
- ↑ 87,0 87,1 Melo, pág. 237
- ↑ Sellström, Tor (1999). Sweden and National Liberation in Southern Africa: Solidarity and assistance, 1970-1994 (en inglés). Nordic Africa Institute.
- ↑ [Ligazón mortaModelo:Ligação inativa "Postal: Nó Górdio ou nó cego?", artigo no jornal Expresso]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2012. Consultado o 29 de xullo de 2024. Parámetro descoñecido
|arquivourl=
ignorado (suxírese|url-arquivo=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|arquivodata=
ignorado (Axuda);|dataacceso=
e|data-acceso=
redundantes (Axuda) - ↑ Arslan Humbarachi & Nicole Muchnik, Portugal's African Wars, N.Y., 1974.
- ↑ Adrian Hastings, The Daily Telegraph (26 de Junho de 2001)
- ↑ Newitt, pág. 532
- ↑ Brendan F. Jundanian Resettlement Programs: Counterinsurgency in Mozambique, 1974, pág. 519
- ↑ 95,0 95,1 Melo, pág. 238
- ↑ Kenneth R. Maxwell, The Making of Portuguese Democracy, 1995, pág. 98
- ↑ F. X. Maier, Revolution and Terrorism in Mozambique, (New York: American Affairs Association Inc., 1974), pág. 24
- ↑ Guerra Colonial 1961-1974
- ↑ "Acções das Brigadas Revolucionárias". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2024.
- ↑ 100,0 100,1 Richard W. Leonard Issue: A Journal of Opinion, Vol. 4, No. 2, 1974, pág. 38
- ↑ Estudos sobre o comunismo
- ↑ "A extrema-esquerda e as eleições de 69". Caminhos da Memória (en portugués). 2009-11-10. Consultado o 2022-09-07.
- ↑ 103,0 103,1 Melo, pág. 244
- ↑ 104,0 104,1 Melo, pág. 245
- ↑ Jardim, pág. 163-164
- ↑ Jardim, pág. 164
- ↑ Melo, pág. 246
- ↑ "Guerra Colonial 1961-1974: Cronologia". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2024.
- ↑ 109,0 109,1 109,2 Newitt, pág. 539
- ↑ Jardim, pág. 25
- ↑ Jardim, pág. 270-271
- ↑ Acordo de Lusaka na página do Centro de Documentação 25 de Abril - Universidade de Coimbra
- ↑ Newitt, pág. 540
- ↑ Robin Wright, White Faces In A Black Crowd: Will They Stay? Arquivado 15 de xullo de 2009 en Wayback Machine., The Christian Science Monitor (27 de Maio de 1975)
- ↑ Carlos Fontes, Emigração Portuguesa Arquivado 16 de maio de 2012 en Wayback Machine. . 20130525013808 https://www.webcitation.org/6GrrUiDTj?url=http://imigrantes.no.sapo.pt/page6portugal.html. Parámetro descoñecido
|dateformat=
ignorado (Axuda); Falta o|title=
(Axuda), Memórias da Emigração Portuguesa - ↑ VI Congresso de Sociologia - "A integração dos “retornados” no interior de Portugal: o caso do distrito da Guarda", Junho de 2008, de Nelson Clemente Santos Dias Oliveira, pág. 13-14
- ↑ Possidónio, Dora (2006-05-01). Descendentes de Angolanos e de Luso-Angolanos na Área Metropolitana de Lisboa: Inserção Geográfica e Social (en portugués). Observatório da Migrações, ACIME.
- ↑ Wasserstein, Bernard (2010). Barbarie y civilización: una historia de la Europa de nuestro tiempo (en castelán). Grupo Planeta (GBS).
- ↑ Guerra, João Paulo. Descolonização Portuguesa - O Regresso das Caravelas. Ed. Oficina do Livro. 2009. ISBN 978-9-895-55472-0
- ↑ Jardim, pág. 27
- ↑ "Fernandes, Jorge Luís P. - República de Moçambique. As Alterações Toponímicas e os Carimbos dos Correios. XXV - Quando se Chamava "Delagoa Bay" a Lourenço Marques. 1ª Parte. Em “A Filatelia Portuguesa”". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2010. Consultado o 29 de agosto de 2024.
- ↑ Jardim, pág. 27
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2011. Consultado o 29 de agosto de 2024. Parámetro descoñecido
|arquivourl=
ignorado (suxírese|url-arquivo=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|arquivodata=
ignorado (Axuda);|dataacceso=
e|data-acceso=
redundantes (Axuda) - ↑ 124,0 124,1 124,2 "RES: Moçambique". www.ces.uc.pt. Consultado o 2022-09-07.
- ↑ Fitzpatrick, Mary (2006-11). Mozambique (en inglés). Lonely Planet.
- ↑ Macua.Org - A educação nas zonas libertadas da FRELIMO
- ↑ Mark D. Tooley, Praying for Marxism in Africa Arquivado 2012-07-30 en Archive.is, FrontPageMagazine.com (13 de Março de 2009)
- ↑ Mário de Queiroz, ÁFRICA-PORTUGAL: Três Décadas Após ao Fim do Último Império Colonial Arquivado 10 de xuño de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2007. Consultado o 29 de agosto de 2024. Parámetro descoñecido
|arquivourl=
ignorado (suxírese|url-arquivo=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|arquivodata=
ignorado (Axuda);|dataacceso=
e|data-acceso=
redundantes (Axuda)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografia
[editar | editar a fonte]- Fontes impresas
- Bowen, Merle. The State Against the Peasantry: Rural Struggles in Colonial and Postcolonial Mozambique. University Press Of Virginia; Charlottesville, Virginia, 2000
- Calvert, Michael Brig. Counter-Insurgency in Mozambique do Journal of the Royal United Services Institute, nº 118, Março 1973
- Cann, John P. Counterinsurgency in Africa: The Portuguese Way of War, 1961–1974, Hailer Publishing, 2005, ISBN 0-313-30189-1
- Grundy, Kenneth W. Guerrilla Struggle in Africa: An Analysis and Preview, Nova Iorque: Grossman Publishers, 1971, ISBN 0-670-35649-2
- Galha, Henrique Terreiro, Descolonização e Independência em Moçambique-Factos e Argumentos, Ed. Edfera do Caos, ISBN 978-98-968-0020-8
- Garcia, Francisco Proença, A Guerra de Moçambique 1964-1974, Ed. Quidnovi, 2010, ISBN 978-98-9628-191-5
- Henriksen, Thomas H. Remarks on Mozambique, 1975
- Jardim, Jorge, Moçambique Terra Queimada, 1976, Editorial Intervenção
- Legvold, Robert. Soviet Policy in West Africa, Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press, 1970, ISBN 0-674-82775-9
- Mailer, Phil. Portugal - The Impossible Revolution? 1977, ISBN 0-900688-24-6
- Melo, João, Os Anos da guerra, 1961-1975: os portugueses em África - crónica, ficção e história, Publicações D. Quixote, Lisboa, 1988, ISBN 972-20-1481-1
- Newitt, Malyn. A History of Mozambique, 1995, ISBN 0-253-34007-1
- Wright, George. The Destruction of a Nation, 1996, ISBN 0-7453-1029-X
- Fontes en liña
- Belfiglio, Valentine J. (Julho–Agosto de 1983)The Soviet Offensive in Southern Africa Arquivado 04 de outubro de 2006 en Wayback Machine., Air University Review.
- Cooper, Tom. Central, Eastern and South African Datebase, Mozambique 1962–1992, ACIG, 2 de Setembro de 2003.
- Eduardo Chivambo Mondlane (1920–1969), Oberlin College, revisto em Setembro de 2005 por Melissa Gottwald.
- Frelimo, Britannica.com Inc..
- Modelo:Cita enciclopédia
- Newitt, Malyn. A history of Mozambique - Google books (Archived 1 de Novembro de 2009), Encarta.
- Melo, João (1988). Os Anos da guerra, 1961-1975: os portugueses em África - crónica, ficção e história (en portugués). Lisboa: Publicações D. Quixote.
harv
Texto "isbn972-20-1481-1 " ignorado (Axuda) - Thom, William G. (Julho–Agosto de 1974). Trends in Soviet Support for African Liberation Arquivado 04 de outubro de 2006 en Wayback Machine., Air University Review.
- Westfall, William C., Jr. (1 de Abril de 1984). Mozambique-Insurgency Against Portugal, 1963–1975.
- Wright, Robin (12 de Maio de 1975). Mondlane, Janet of the Mozambique Institute: American "Godmother" to an African Revolution.