Hefesto
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (grc) Ἥφαιστος ![]() |
---|---|
Biografía | |
Actividade | |
Ocupación | ferreiro ![]() |
Celebración | Relixión da Grecia antiga e Mitoloxía grega ![]() |
Patrón de | Volcán, lume e Forxa ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Afrodita Aglaia ![]() |
Parella | Aetna Cabeiro Atenea Anticleia Xea ![]() |
Fillos | Eufeme ( ![]() Talía ( ![]() Radamantis ( ![]() Cercyon of Eleusis ( ![]() Aethiops ( ![]() Eurymedon ( ![]() Pylios ( ![]() Palemon ( ![]() Olenus ( ![]() Ardalus ( ![]() Cadmilus ( ![]() Eucleia ( ![]() Euténia ( ![]() Erictónio de Atenas ( ![]() Filofrósine ( ![]() Periphetes ( ![]() Palici ( ![]() Broteas ( ![]() Alcon ( ![]() ![]() |
Pais | Zeus Talus ![]() ![]() |
Irmáns | Ares ![]() |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/53/Vulcan_Coustou_Louvre_MR1814.jpg/220px-Vulcan_Coustou_Louvre_MR1814.jpg)
Na mitoloxía grega, Hefesto (en grego Ἥφαιστος Hêphaistos, quizais de φαίνω phainô, ‘brillar’) é o deus do lume e da forxa, así como dos ferreiros, os artesáns, os escultores, os metais e a metalurxia. Era louvado en tódolos centros industriais e manufactureiros de Grecia, especialmente en Atenas. O seu equivalente na mitoloxía romana era Vulcano.
Hefesto era feo e tolleito. Mesmo o mito di que, ó nacer, Hera -súa nai- viuno tan feo que o tirou do Monte Olimpo e deixouno eivado. Tanto é así, que camiñaba coa axuda dunha vara e, nalgunhas vasillas pintadas, os seus pés aparecen do revés. Na arte, é representado coxo, suorento, coa barba desaliñada e o peito descuberto, inclinado sobre a súa bigornia, a miúdo traballando na súa forxa.
A aparencia física de Hefesto indica arsenicose, é dicir, envelenamento crónico por arsénico que provoca coxeira e cancro de pel. O arsénico engadíase ó bronce para endurecelo e a moitos dos ferreiros da Idade de Bronce padeceron esta enfermidade.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hefesto ![]() |