Helga de Alvear
![]() (2010) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1936 ![]() Kirn, Alemaña ![]() |
Morte | 2 de febreiro de 2025 ![]() Madrid, España ![]() |
Residencia | España ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid (1967–2012) ![]() |
Ocupación | coleccionista de arte, marchante de arte ![]() |
Familia | |
Fillos | María, Ana e Patricia de Alvear ![]() |
Sitio web | helgadealvear.com ![]() |
![]() |
Helga de Alvear, nada en Kirn (en Renania-Palatinado, Alemaña) en 1936 e finada o 2 de febreiro de 2025,[1] foi unha galerista e coleccionista de arte alemá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Estudou no Salem College no lago Constanza, así como en Lausana, Xenebra e Londres.[2]
Chegou a España en 1957 para aprender castelán e estudar Cultura Hispánica na Complutense de Madrid.[1] Pouco despois, en 1958, coñeceu o arquitecto Jaime de Alvear con quen casou en 1959,[2] fixando a súa residencia en Madrid,[3] e tivo tres fillas.
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]En España iniciou e desenvolveu a súa actividade profesional internacional. O comezo da actividade como coleccionista prodúcese en 1967 cando coñeceu a Juana Mordó e entrou en contacto cos artistas do Grupo de Cuenca e co Grupo El Paso[3] e fai a súa primeira adquisición, unha pintura de Fernando Zóbel, pagada a prazos.[1][2]
En 1980, pasou a traballar na galería de Juana Mordó e, pouco despois, foi unha das impulsoras da Feira de Arte Contemporánea de Madrid, ARCO.[1][3]
En 1984. ao morrer Mordó, se converte na directora da galería desta e, en 1995, decide crear a súa propia galería a poucos metros co Museo Raíña Sofía,[1] dedicada á arte contemporánea internacional, interesándose na fotografía, no vídeo e nas instalacións.[2]
En 2006, crea a Fundación Helga de Alvear;[4] en 2010, o Centro de Artes Visuales e, en 2021, inaugura o Museo de Arte Contemporánea Helga de Alvear, en Cáceres[1] que é a máis importante colección privada de arte contemporánea de España[4] con máis de 2.500 pezas de diferentes artistas[3] como: "Descending Light" de Ai Weiwei,[5] "Expand Constantly" de Zhang Peili,[5] "Faux Rock" de Katharina Grosse,[5] "Trois pommes sur un plateau" de Picasso,[5] un libro de gravados de Goya, que inclúe unha primeira edición dos "Caprichos"[5] (da que non hai máis que vinte exemplares no mundo).
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2007, Medalla de Extremadura.[3][6]
- 2008, Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes do Ministerio de Cultura de España.[3][7]
- 2011, Medalla de Ouro de Cáceres.[2][8]
- 2011, Premio AD, Premio Especial da Redacción Architecture Digest.[4]
- 2012, Premio da Fundación Arte e Mecenazgo na categoría Coleccionista.[9]
- 2014, Cruz de la Orden del Mérito Civil (Bundesverdienstkreuz am Bande) concedida por Alemaña.[2]
- 2015, Medalla de Ouro de Madrid.[2]
- 2017, Premio "A" ao coleccionismo ARCO 2017.[2]
- 2020, Medalla Internacional das Artes da Comunidade de Madrid 2020.[10]
- 2021, Académica de honor de Real Academia das Letras e as Artes de Extremadura.[4]
- 2023, Premio Patrimonio 2023, que concede o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade.[11]
- 2023, Premio Ceán Bermúdez das Artes na Real Academia de San Fernando.[2][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Redacción (3 de febreiro de 2025). "Muere la galerista Helga de Alvear a los 88 años". elDiario.es (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2025.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Helga de Alvear". museohelgadealvear.com (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2025.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Helga de Alvear". arteinformado.com (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2025.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 EFE (3 de febreiro de 2025). "Muere a los 88 años Helga de Alvear, coleccionista y galerista fundamental en el arte contemporáneo". efeminista.com (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2025.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Redacción (30 de xullo de 2021). "10 obras que no debes perderte del Museo de Arte Contemporáneo Helga de Alvear". extremadurate.es (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2025.
- ↑ "Helga de Alvear: "Me han concedido la medalla por regalar mi colección"" (en castelán). 2007-07-27. Consultado o 2023-02-18.
- ↑ "Helga de Alvear, Medalla de Oro en Bellas Artes" (en castelán). 2008-05-10. Consultado o 2023-02-18.
- ↑ Muñoz, Miguel Ángel (2011-11-29). "Medalla de Cáceres para Helga de Alvear" (en castelán). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ labs-dev (2012-03-28). "La Fundación Arte y Mecenazgo entrega en CaixaForum Madrid sus premios 2012 a Elena Asins, Soledad Lorenzo y Helga de Alvear" (en castelán). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ REDACCIÓN (2020-11-25). "Helga de Alvear, Medalla Internacional de las Artes" (en castelán). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ Prensa (2022-07-26). "La galerista Helga de Alvear recibirá el Premio Patrimonio 2023, que concede el Grupo de Ciudades Patrimonio de la Humanidad" (en castelán). Consultado o 2023-02-18.