Zifios caldeirón
Zifios caldeirón Hyperoodon | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Zifio caldeirón boreal nun selo postal das illas Feroe | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies [2] | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Co nome de zifios caldeirón coñécense as dúas especies de cetáceos odontocetos que comprende o xénero Hyperoodon, da familia dos zifíidos, o zifio caldeirón [3] propiamente dito, ou zifio caldeirón boreal (Hyperoodon ampullatus) e o zifio caldeirón austral (Hyperoodon planifrons).[3]
Aínda que as dúas especies son fisicamente bastante semellantes, as súas historias recentes son moi diferentes: a especie austral foi pouco observada, nunca foi cazada e é probabelmente o zifíido o máis abundante das augas antárticas; porén, a especie do norte foi duramente cazada por noruegueses e británicos durante o século XIX e principios do XX. Noruega deixou de cazala en 1973.
Descrición
[editar | editar a fonte]As dúas especies son grandes, de 8 a 10 m de lonxitude en estado adulto. O melón é prominente e de forma ovalada (parecido ao dos caldeiróns, ao que alude o seu apelido). O fociño co bico relativamente longo (máis curto e arredondado nas crías), de cor branca nos machos e gris nas femias. Polo xeral teñen só dous dentes, na mandíbula inferior, visíbeis só nos machos (nas femias quedan ocultos nas enxivas). A aleta dorsal é relativamente pequena, desprazada cara a atrás e normalmente inclinada. A parte superior do corpo destes zifios adoita ser de cor gris escura na especie boreal e gris clara na austral. As dúas especies teñen a parte inferior de cor máis clara.[4]
Distribución e poboación
[editar | editar a fonte]Zifio caldeirón boreal
[editar | editar a fonte]O zifio caldeirón boreal é endémico do océano Atlántico norte, onde vive en augas frías árticas e subárticas preferiblemente profundas. Encóntrase no estreito de Davis, nas costas da Nova Escocia e nas máis setentrionais do mar do Labrador (Canadá), sobre todo na entrada do estreito de Hudson, no océano Ártico, no mar de Groenlandia e no e de Barents.[4]
Na parte oriental da súa área de distribución se estende desde as augas árticas, desde Groenlandia e as illas Spitzberg (Svalbard) ás máis temperadas do mar do Norte, chegando ás veces até latitudes tan baixas como o golfo de Biscaia. Hai citas de varamentos en todas as costas europeas, pero son moi raras nas costas atlánticas francesas, e non foi confirmada a súa presenza no Mediterráneo.[5]
A especie foi observada ocasionalmente nas Azores,[6] e ao sur das do Cabo Verde, aos 15 ºN.[7]
En xaneiro de 2006, un zifio caldeirón boreal foi avistado no centro de Londres, no río Támese.[8]
A poboación total descoñécese, aínda que se estima que é da orde de 10 000 individuos. A UICN, en 2013 consideraba que non había datos suficientes para avaliar o seu status de conservación, polo que cualificou á especie como CC.[9]
Zifio caldeirón austral
[editar | editar a fonte]O zifio calderón austral ten unha distribución circunscrita ao Polo Sur, no océano Antártico ao sur dos 30 °S.[10] Avistáronse tamén algúns individuos máis ao norte, até os 70 °S.
No verán encóntranse tan ao sur como nas augas da costa antártica, e en inverno tan ao norte como as costas de Suráfrica, a illa norte de Nova Zelandia, Australia, illas Malvinas, Arxentina, Uruguai e sur do Brasil.[11]
A súa presenza é incerta nas costas de Dinamarca, Marrocos, Sáhara Occidental, Mauritania e a Federación de Rusia.
Pénsase que existe unha poboación global duns 500 000 individuos, e a UICN cualificou en 2013 o seu estado de conservación como LC, pouco preocupante.[11]
Mapas de distribución
[editar | editar a fonte]-
Mapa de distribución do
zifio caldeirón -
Mapa de distribución do
zifio caldeirón austral
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Taylor, B.L., Baird, R., Barlow, J., Dawson, S.M., Ford, J., Mead, J.G., Notarbartolo di Sciara, G., Wade, P. & Pitman, R.L. (2008). "Ziphius cavirostris". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 26 February 2009.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Hyperoodon Lacépède, 1804 en WoRMS.
- ↑ 3,0 3,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 213).
- ↑ 4,0 4,1 Carwardine, M. (1995), pp. 108-111.
- ↑ Duguy e Robineau (1987), pp. 154-155.
- ↑ Steiner, L., Gordon, J. e Beer, C. J. (1998): "Marine Mammals of the Azores". Abstracts of the World Marine Mammal Conference. Monaco.
- ↑ Ruud, J. T. (1937): "Bottlenosen Hyperoodon rostratus". Norsk Hvalfangst Tidende 12: 456-458.
- ↑ Intentan devolver al mar una ballena que nadó por el río Támese hasta el centro de Londres El Mundo (España), 20/01/2006.
- ↑ Hyperoodon ampullatus Arquivado 19 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
- ↑ Jefferson, T. A., Leatherwood, S. e Webber, M. A. (1993) Marine Mammals of the World: FAO Species Identification Guide. Roma: FAO.
- ↑ 11,0 11,1 Hyperoodon planiofrons Arquivado 23 de outubro de 2013 en Wayback Machine. na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zifios caldeirón |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Zifios caldeirón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
- Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hyperoodon en ADW. (en inglés)