Saltar ao contido

Igrexa católica bizantina belarusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Igrexa Católica Bizantina Bielorrusa»)
Igrexa greco-católica belarusa
Беларуская грэка-каталіцкая царква
(Bielaruskaja hreka-katalickaja carkva)
Historia
Fundación988 (Bautismo de Kíiv)
1595 (Unión de Brest)
MotivoVolta á comuñón coa Santa Sé da Igrexa rutena
Separada deIgrexa ortodoxa
Parte deIgrexa católica
Goberno
Tipo de gobernoEpiscopal
PapaFrancisco
Prefecto para as Igrexas orientaisLeonardo Sandri
Visitador apostólicoSiarhiej Hajek
Estrutura18 parroquias en dous arciprestados
Clasificación
GrupoCatolicismo
OrientaciónCristianismo oriental
Demografía e cultura
Fieisarredor de 3.000 en Belarús
PaísesBelarús e diáspora
Linguas litúrxicasEslavo eclesiástico, belaruso
Ritos litúrxicosBizantino
Outros datos
Sede centralMinsk

A Igrexa católica bizantina belarusa, ou Igrexa greco-católica belarusa (en belaruso: Беларуская грэка-каталіцкая царква, Bielaruskaja hreka-katalickaja carkva) é unha igrexa particular oriental da Igrexa católica. Actualmente a Igrexa non ten xerarquía propia, polo que depende da Congregación para as Igrexas Orientais e dos ordinarios latinos, e a atención das necesidades cotiás da mesma é responsabilidade do visitador apostólico para os greco-católicos belarusos, Siarhiej Hajek.

A Igrexa é unha das sucesoras da aceptación do cristianismo polo gran príncipe Vladimiro o Grande de Kíiv, en 988, e xunto coa Igrexa ucraína é herdeira da Unión de Brest de 1595.

O 1 de outubro de 2017 o arcebispo maior Sviatoslav celebrou a divina liturxia en Minsk, primeira vez que o metropolita de Kíiv-Galicia o facía no territorio de Belarús dende a abolición da Unión de Brest polas autoridades imperiais rusas en 1839.[1]

Organización

[editar | editar a fonte]

A Igrexa organízase en Belarús en dous protopresbiterados (equivalentes aos arciprestados latinos):

  1. "Упершыню з часоў скасаваньня Уніі грэка-каталіцкі мітрапаліт Кіеўскі адслужыў сьв. Літургію ў Беларусі". Царвка. Беларуская грэка-каталіцкая газета (en belaruso). 1 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2018. Consultado o 19 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gajek, Siarhiej; Ablamejka, Siarhiej (2003). "La Chiesa greco-cattolica bielorussa". Fede e martirio: le Chiese orientali cattoliche nell'Europa del Novecento. Libreria Editrice Vaticana.