Rexión de Mahilioŭ
Магілёўская вобласць (be) Магілёўская вобласьць (be-tarask) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Belarús | ||||
Capital | Mahilioŭ | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 981.174 (2024) (33,83 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 29.000 km² | ||||
Altitude | 191 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1938 | ||||
Sucedido por | Babruysk Voblast (en) | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Piotr Rudnik (en) (2008–2014) Vladimir Domanevsky (en) (2014–2019) Anatol Isachenka (en) (2021–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | BY-MA | ||||
Páxina web | mogilev-region.gov.by |
A Rexión de Mahilioŭ (en belaruso Магілёўская вобласць, "Mahilioŭskaja voblasć") é unha rexión de Belarús, con capital na cidade de Mahilioŭ.
Tanto a rexión de Mahilioŭ como a de Homieĺ sufriron severamente a catástrofe nuclear de Chernóbil de abril de 1986.
As cidades máis importantes da rexión son Mahilioŭ, Asipovičy e Babrujsk.
Historia
[editar | editar a fonte]No século XII xurdiu o principado de Mscislavas (tamén Mstsislaw). Xa no século XIII aparece a primeira mención á cidade de Mahilioŭ.
En 1566 a cidade formaba parte do voivodato de Mscislavas, parte do Gran Ducado de Lituania, parte constituínte da República das Dúas Nacións.
Posteriormente, en 1772, a rexión pasou a ser unha gobernación do Imperio Ruso, a gobernación de Mogilev.
Entre 1863 e 1864 tivo lugar o alzamento de xaneiro liderado por Konstanty Kalinowski, que alcanzou tamén á gobernación de Mogilev.
O 1 de xaneiro de 1919 foi creado o distrito de Mahilioŭ na República Socialista Soviética de Belarús, e o 15 de xaneiro de 1938 foi creada a rexión en dito país.
Coa independencia de Belarús en 1990 a rexión mantivo os mesmos límites xeográficos.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A rexión de Mahilioŭ ten unha área total de 29.100 km²,[1] arredor do 14% da superficie do país.
A rexión está atravesada por numerosos ríos, entre eles o Dniapro, Biarezina, Sož, Druć e o Pcič.
Clima
[editar | editar a fonte]A rexión ten un clima temperado continental. A rexión ten invernos non especialmente severos, e veráns cálidos. A temperatura media en xaneiro varía entre os -8,2 °C ao nordeste e os -6,5 °C ao suroeste. A temperatura media en xullo varía entre os 17,8 °C ao nordeste e os 18,7 °C ao suroeste.
Divisións administrativas
[editar | editar a fonte]A rexión está composta por 21 distritos (raions), 195 selsovets, 14 vilas, 3 municipalidades e 12 núcleos urbanos.
Distritos da rexión de Mahilioŭ
[editar | editar a fonte]Os 21 distritos da rexión de Mahilioŭ son os seguintes:
Demografía
[editar | editar a fonte]A rexión tiña en 2009 unha poboación total de 1.099.374 habitantes, dos que 975.147 eran belarusos, 86.256 rusos, 13.110 ucraínos, 1.773 polacos e 1.461 xudeus, ademais doutros grupos étnicos:
Evolución da poboación da rexión de Mahilioŭ por grupo étnico[2] (Só se inclúen os grupos cunha poboación maior de 500 habitantes) | ||||||
Grupo | 1959 | 1970 | 1979 | 1989 | 1999 | 2009 |
---|---|---|---|---|---|---|
Belarusos | 1.033.760 | 1.050.359 | 1.050.901 | 1.051.885 | 1.044.249 | 975.147 |
Rusos | 90.398 | 120.504 | 138.643 | 166.007 | 132.075 | 86.256 |
Ucraínos | 16.404 | 21.407 | 23.798 | 29.394 | 21.132 | 13.110 |
Polacos | 3.643 | 3.145 | 3.649 | 3.661 | 2.798 | 1.773 |
Xudeus | 28.445 | 25.807 | 23.135 | 18.480 | 3.530 | 1.461 |
Armenios | ... | 288 | 258 | 404 | 1.171 | 937 |
Xitanos | ... | 1.001 | 1.268 | 1.386 | 1.079 | 730 |
Azarís | ... | 139 | 334 | 860 | 926 | 596 |
Total | 1.176.556 | 1.226.859 | 1.246.833 | 1.279.797 | 1.213.521 | 1.099.374 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Scientific and Production State Republican Unitary Enterprise “National Cadastre Agency” of the State Property Committee of the Republic of Belarus, ed. (2011). "Main Geographic Characteristics of the Republic of Belarus. Territory and population density of Belarus by region as of January 1, 2011". Land of Ancestors. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 30 de maio de 2014.
- ↑ National Statistical Committee of the Republic of Belarus (2011). Ethnic Composition of the Republic of Belarus. Population Census 2009 (en ruso e inglés) 3. Minsk. p. 20. ISBN 978-985-6858-73-7. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2012. Consultado o 30 de maio de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en ruso).