Igrexa de Sant Quirze de Pedret
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Igrexa de Sant Quirze de Pedret | |
---|---|
Imaxe da igrexa. | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Igrexa parroquial |
Localización | Berga, Barcelona |
Coordenadas | 42°06′26″N 1°53′00″L / 42.10722222, 1.88333333 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Arquidiocese de Solsona |
Arquitectura | |
Construción | Século IX - Século X |
Estilo | Románico e prerrománico |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Sant Quirze de Pedret está situada no termo de Cercs, na comarca catalá do Berguedà.
Historia
[editar | editar a fonte]A igrexa é unha mostra salientable da arquitectura prerrománica. Está composta por tres naves. A nave central é a máis alta e antiga (século IX) sendo coroada por unha ábsida trapezoidal. As naves laterais corresponden a unha ampliación do século X, rematando en dúas absidiolas. Como o edificio aséntase sobre unha pendente, a nave norte queda a un nivel superior e comunícase coa central a través de dúas aberturas con arco de ferradura.
En 1959 o bispado de Solsona cedeulla ó concello de Berga para o seu coidado. Entre os anos 1959 e 1964 foi restaurada baixo a dirección do arquitecto Camil Pallàs. Posteriormente no 1989 levouse a cabo outra restauración encabezada polo arquitecto Antoni González. Desta volta tamén se fixeron traballos de arqueoloxía e de investigación histórica. O cal permitiu respectar a aparencia orixinal do século X.
Pinturas
[editar | editar a fonte]Na igrexa atopáronse pinturas dun gran valor artístico e histórico. Datan posiblemente de finais do século XI. As da nave norte mostran os martirios dos santos da igrexa: sant Quirze e Santa Julita, un fragmento que representa o sacrificio de Isaac e unha representación de bustos de diversos santos. A absidiola sur mostra pinturas tamén románicas do século XI. Nelas mostrase a virxe entronizada co neno Xesús e unha representación da parábola das virxes prudentes e das virxes necias.
Ademais tamén existen motivos vexetais e cortinas coma decoración. Estas pinturas foron arrincadas no 1922 e consérvanse no MNAC e no museo diocesano e comarcal de solsona. No 1995 Emili Julià fixo unhas reproducións dos orixinais na propia igrexa.
Porén as pinturas máis importantes son as da ábsida central, prerrománicas do século X. Unha delas mostra unha cruz radial e dentro dela un cabaleiro con lanza e estandarte. Este cabaleiro é rodeado por un can, unha pequena cruz, unha figura humana e dous paxaros. Fóra da cruz móstrase unha figura humana e o outro lado outra figura axeonllada cun bastón e unha fogueira diante. Está última figura ten sido identificada coma o demo. Noutro extremo da ábsida existe outra pintura representando un home orante con barba e cos brazos estendidos dentro dun círculo decorado con motivos zigzagueantes. A composición é coroada por un paxaro que se ten identificado cunha aguia ou un pavo.