Saltar ao contido

Imperio Cuxano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaImperio Cuxano
Βασιλεία Κοσσανῶν (grc) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 34°59′N 69°18′L / 34.98, 69.3
CapitalBagram Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua grega
Língua bactriana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación30 Editar o valor en Wikidata
Disolución375 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Sucedido porReino Quidarita (pt) Traducir e Imperio Gupta Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor en Wikidata
MoedaMoeda cuxana Editar o valor en Wikidata

O Imperio cuxano ou Cuxana (arredor dos séculos I e III) foi un estado que, no cumio do seu poder (entre 105 e 250) se estendeu dende Tadjiikistán ao Mar Caspio e polo Afganistán ata o val do río Ganxes. O imperio foi creado por unha tribo dos Yuezhi, a chamada cuxán, pobo procedente da moderna Xinjiang, China e posiblemente relacionado cos tocarios. Tiveron contactos diplomáticos con Roma, a Persia sasánida e a China, e durante varios séculos estiveron no centro dos intercambios entre Oriente e Occidente.

O Imperio Cuxano

O nome Cuxano deriva do termo chinés Guixuang (貴霜) que describe unha das cinco tribos de Yuezhi (月氏), unha feble confederación de indoeuropeos que falaban varias versións do tocario. Foron os indoeuropeos máis orientais, quen estaban vivindo nas estepas e semidesertos da conca do Tarim, no que é o actual Xinjiang, ata que se moveron ao oeste pola presión conxunta dos xiongnu e os wusun entre o 176 e o 160 a.C. As cinco tribos yuezhi foron coñecidas na historia chinesa coma Xiūmì (休密), Guixuang (貴霜), Xuangmi (雙靡), Xidun (肸頓), e Dūmì (都密).[1]

Os Yuezhi chegaron ao reino grego de Bactriana, no territorio de Bactriana (norte de Afganistán e Uzbekistán) arredor do -135, e desprazaron de alí ás dinastías gregas, que tiveron que trasladarse á conca do Indo (actual Paquistán), na parte occidental do Reino Indogrego.

Un imperio multicultural

[editar | editar a fonte]
Vaso do tesouro de Begram representando a un gladiador grecorromano (século II)

Durante o século -I, a tribo Yuezhi dos Guixuang (貴霜) alcanzou o poder sobre as demais, e reuniu todas as tribos nunha confederación. O nome Guixuang —transformouse despois en Cuxán— foi adoptado para designar a confederación no seu conxunto, se ben os chineses continuaron a denominalos yuezhi.

A causa da presión das tribos escitas, os Cuxanos expandíronse cara ao sur, á rexión coñecida como Gandhara (que inclúe parte dos actuais Paquistán (Pothowar e a Fronteira do Noroeste) e Afganistán (o val do río Cabul e parte de Candahar), onde fundaron tres capitais: Kapixi (actual Begram, no Afganistán), Puxclavati (actual Pexauar, en Paquistán) e Mathura (India).

Os cuxanos adoptaron moitos elementos da cultura helenística de Bactriana. Adaptaron a súa propia lingua ao alfabeto grego, desenvolvendo unha letra adicional, Þ ("x", coma na palabra "Kushan") e pronto comezaron a cuñar moeda seguindo o modelo grego. Nas súas moedas empregaron inscricións en grego e en Kharoxzi (antigo alfabeto da rexión de Gandhara) ata a época de Kanishka, e despois deste monarca utilizaron indistintamente o grego e a lingua cuxana, transcrita sempre mediante o alfabeto grego.

Dende a época de Vima Takto, os cuxanos comezaron a adoptar a cultura india, coma outros pobos nómades que invadiron a India. O primeiro grande emperador cuxano, Vima Kadphises, converteuse segundo indican as moedas, ao saivismo. Os seguintes emperadores Cuxanos representaron unha ampla variedade de deidades da India e de Asia Central, incluído o propio Buda.

Os primeiros reis tocarios importantes en Bactriana foron Sapadhizes (ca. -20) e Agesiles (ca. -35) —ámbolos dous nomes son helenizados—. Hereo foi probablemente o primeiro dos emperadores Cuxán. Pode ter sido aliado dos gregos, cos que compartiu o mesmo estilo de cuñaxe. Hereo foi probablemente o pai de Kujula Kadphises.

Kujula Kadphises

[editar | editar a fonte]

Kujula Kadphises emitiu as cuñaxes do reino grego de Bactriana, e nalgunhas moedas de cobre utiliza o retrato de Augusto, tomado de moedas romanas, con inscricións que o identifican como el mesmo.

A principios do século I, durante o reinado de Kujula Kadphises, os cuxanos sufriron un forte revés cando unha gran parte do seu imperio foi invadida polos partos. O líder parto Gondophares fundou un Reino Indo-Parto que durou ata finais de século. Arredor do ano 75, porén, os cuxanos tiñan recuperado a maior parte do seu territorio.

Kanishka I

[editar | editar a fonte]
Home cuxano co vestido tradicional con túnica e botas, século II, Gandhara este fragmento de friso é un típico exemplo da arte grecobúdica

O reinado de Kanishka I, o segundo grande emperador e quinto rei cuxano, que durou polo menos 28 anos dende 127, tivo dúas capitais: Puruxapura (Pexauar, no norte de Paquistán) e Mathura, no norte da India. Os cuxanos tiñan tamén unha capital de verán en Kapixí (actual Begram), onde se encontrou o Tesouro de Begram, que comprende obras de arte de lugares tan afastados entre si coma Grecia e a China. De acordo cunha inscrición atopada en Rabatak (norte de Afganistán), Kanishka era fillo de Vima Kadphises, neto de Vima Taktu e bisneto de Kujula Kadphises.

Durante o reinado de Canixca (Kaniška), o Imperio Cuxano alcanzou a súa máxima expansión. No apoxeo da dinastía, os cuxanos tiñan control máis ou menos directo sobre un territorio que abranguía dende o Mar de Aral ata os actuais Uzbekistán, Afganistán, Paquistán, e norte da India.

O goberno dos cuxanos uniu o comercio marítimo do océano Índico coa Ruta terrestre da Seda, a través do val do Indo, sede de civilizacións antiquísimas. A relativa paz que reinaba no Imperio facilitou o comercio de longa distancia entre a China e Roma, e na ruta desenvolvéronse florecentes centros urbanos.

Tamén foi unha época de intercambios culturais, que propiciaron o desenvolvemento do Grecobudismo, unha fusión de elementos helenísticos e budistas, que se estendería por Asia Central coma budismo Mahayana. A tradición budista recorda a Kanishka por convocar un gran concilio budista en Caxemira, que é considerado o inicio oficial do budismo Mahayana, de carácter panteísta e a súa escisión do budismo Nikaya. Kanishka tamén tivo o Gandhari orixinal vernáculo, ou prácrito, e os textos budistas mahayana traducíronse ao sánscrito. Xunto co rei hindú Asoca (Asoka), o rei indogrego Menandro I (Milinda), e Harxa Vardhana, Kanishka é considerado polo budismo coma un dos seus grandes benfeitores.

A arte e a cultura de Gandhara, nunha encrucillada da hexemonía cuxana, sendo a mellor expresión coñecida das influencias cuxanas aos occidentais.

Contactos con Roma

[editar | editar a fonte]

Algunhas fontes romanas describen as visitas de embaixadores dos reinos de Bactriana e a India durante o século II, probablemente referíndose aos cuxanos:

Elio Espartano, falando do emperador Hadriano (117 - 138) na súa Historia Augusta escribe:

Reges Bactrianorum legatos ad eum, amicitiae petendae causa, supplices miserunt ("Os reis dos bactrianos envían embaixadores suplicándolle, pedindo pola súa amizade").

Tamén en 138, segundo Aurelio Víctor [2] e Apiano,[3] Antonino Pío, sucesor de Hadriano, recibiu a algúns embaixadores indios, bactrianos (Kushan) e hircanios.

A Crónica Histórica China, de Hou Hanshou, tamén describe o intercambio de mercancías entre o noroeste da India e o Imperio Romano naquela época: "Ao oeste (Tiazhu, noroeste da India) tiña contactos con Da Qin (o Imperio Romano). Cousas belas de Da Qin poden ser atopadas aí, coma roupas de algodón fino, excelentes tapices de la, perfumes de toda clase, terróns de azucre, pementa, xenxibre e o sal negro".

Na capital de verán dos cuxano, Begram, atopáronse unha considerable cantidade de mercancías procedentes do Imperio Romano, en particular varios tipos de cristalería.

Contactos coa China

[editar | editar a fonte]

Durante os séculos I e II, o Imperio Cuxano expandiuse militarmente ata o norte e ocupou partes da conca do Tarim, as súas terras de orixe, poñéndoas no centro do produtivo comercio centroasiático co Imperio Romano. Nárrase que colaboraron militarmente cos chineses contra as incursións nómades, particularmente co xeneral chinés Ban Chao contra os sogdianos no 84, cando estes últimos intentaron apoiar a revolta do rei de Caxgar (Kašgar). Arredor do 85, os cuxanos axudaron ao xeneral chinés nun ataque en Turfán, ao leste da conca do Tarim.

En recoñecemento polo seu apoio aos chineses, os cuxanos solicitaron a unha princesa han, pero dita solicitude lles foi denegada, a pesar de enviaren regalos á corte chinesa. En vinganza, eles marcharon contra Ban Chao en 86, cunha forza de 70.000 homes pero, exhaustos pola expedición, foron finalmente derrotados polo exército chinés, menor en número. Os Yuezhi retiráronse e pagaron tributo ao Imperio Chinés durante o reinado do emperador chinés Han He (89-106).

Despois, arredor de 116, os cuxanos, baixo o goberno de Kanishka, estableceron un reino centrado en Kashgar, que controlaba tamén Khotán e Yarkand, antigas dependencias chinesas da conca de Tarim, no actual Xinjiang. Introduciron a escritura brāhmī, a lingua india chamada prácrito para a administración e expandiron a influencia da arte grecobúdica que evolucionou na arte serindia.

Os cuxanos aparecen de novo nas crónicas chinesas cando enviaron presentes á corte en 158 e 159 durante o reinado do emperador chinés Han Huan.

Seguindo con estas interaccións, os intercambios culturais incrementáronse bastante, e misioneiros budistas cuxanos, coma Lokaksema, desenvolveron a súa actividade nas máis importantes cidades de Loyang e ás veces tamén de Nanjing, onde se distinguiron como tradutores. Foron os primeiros difusores coñecidos das escrituras sagradas do budismo Theravada (Hinaiana) e Mahaiana na China, e contribuíron en grande medida á difusión do budismo a través da Ruta da Seda.

Decadencia

[editar | editar a fonte]

Dende o século III, o Imperio Cuxano comezou a fragmentarse. Polo ano 225 morreu Vasudeva I e o Imperio Cuxano dividiuse en dúas metades, oriental e occidental. Entre 224 e 240 os sasánidas invadiron Bactriana e o norte da India, onde son coñecidos como os Indo-Sasánidas. Polo 270, os cuxanos perderon os seus dominios na chaira do Ganxes, onde o Imperio Gupta se estableceu arredor do 320.

A mediados do século IV, un vasalo do Imperio Cuxano en Paquistán, chamado Kidara, alzouse co poder, destronando á antiga dinastía. Creou un reino coñecido coma Reino Kidarita, aínda que el se consideraba probablemente Cuxán, segundo parece inferirse das moedas que cuñou. O reino Kidarita parece ter sido próspero, aínda que nunha escala menor que o seu predecesor, o Imperio Cuxano.

Os restos do Imperio Cuxano terminaron sendo devastados no século V polas invasións dos Hunos Brancos e, posteriormente, pola expansión do islam.

Galería de moedas do Imperio Cuxano

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Moeda cuxana.

Principais gobernantes cuxanos

[editar | editar a fonte]

(Polo xeral o período de goberno dos cuxanos é disputado)

  1. Para máis información referida a este pobo antes da formación do Imperio Cuxano véxase o artigo tocarios.
  2. Epitomé, XV, 4
  3. Praef., 7

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]