Saltar ao contido

Jairo Salgueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJairo Salgueiro
Biografía
Nacemento20 de novembro de 2000
Monforte de Lemos, Galicia Galicia
País de nacionalidadeEspaña España
Altura1,77 m
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor en Wikidata
DeporteAtletismo

Jairo Salgueiro Montero, nado en Monforte de Lemos o 20 de novembro de 2000, é un atleta paralímpico galego, campión de España en 100 metros lisos e en salto de lonxitude. En febreiro de 2018, foi considerado o mellor atleta español sub-20.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Padece albinismo ocular e nistagmus[1] e compite na categoría T12 do deporte paralímpico.[2] Iníciase no atletismo en setembro de 2016 na Escola Atlética Lucense.[3] Anteriormente xogaba ao fútbol, no Calasancio e no CF Monforte.

No torneo nacional de inverno da ONCE disputado en Alacant consegue dúas medallas de bronce,[3] en 100 metros lisos e salto de lonxitude. En maio de 2017, Jairo conquista tres medallas no campionato de España de verán da ONCE disputado en Segovia: unha de ouro en salto de altura e dúas pratas, en 100 metros e lonxitude.[3] En xuño do mesmo ano, acaba cuarto en 100 metros e quinto en salto de lonxitude no campionato de España absoluto adaptado.[4]

En febreiro de 2018, proclámase campión de España de promesas paralímpicas na proba de 100 metros lisos e subcampión na de salto de lonxitude en Torrent (Valencia), mellorando as súas marcas nas dúas disciplinas. As medallas válenlle para ser considerado o mellor atleta sub-20 de España.[1] En abril de 2018 foi convocado pola Federación Española de Deportes para Cegos para participar no Meeting Internacional de Marrakech (Marrocos),[2] no que obtivo a medalla de ouro en salto de lonxitude e dúas medallas de prata nas probas de 100 e 200 metros lisos.[5]

No mes de xuño destaca no campionato de España de menores paralímpicos disputado en Segovia, acadando a medalla de prata nos 100 metros lisos, bronce en 200 metros lisos e mellorando a súa mellor marca persoal en salto de lonxitude.[6] No campionato de España absoluto paralímpico disputado en Fuenlabrada (Madrid) conquista dúas medallas de prata, nas probas de salto de lonxitude e de 100 metros lisos.[7]

Jairo Salgueiro en competición.

En marzo de 2019 proclámase campión de España sub-20 de 100 metros lisos e de salto de lonxitude en Collado Villalba (Madrid), cun salto de 5,74 m, acadando a marca mínima para o campionato do mundo júnior.[8] Ademais tamén superou a súa mellor marca persoal, cun salto de 6,06 m, aínda que esa marca só era válida para a competición.[8] No campionato de España sub-20 disputado en Segovia en xuño proclámase campión en salto de lonxitude e bate a súa marca persoal, con 5,97 m. Tamén acada a medalla de prata en 100 metros lisos.[9] O 1 de agosto de 2019 debuta nun Campionato do Mundo en Nottwil (Suíza), no que conquista a medalla de bronce na proba de salto de altura, con 5,75 m.[10] En 100 metros lisos é duodécimo.[11]

En xaneiro de 2020 debuta no campionato galego de xoves promesas en Ourense, no que mellora a súa marca persoal en salto de lonxitude. En 60 metros lisos é noveno e en 200 metros lisos, sétimo.[12]

En marzo de 2021 acadou a súa mellor marca persoal en salto de lonxitude no control de marcas de Gandia, con 6,07 m.[13] En abril do mesmo ano é convocado para o Grand Prix de Jesolo, en Italia, coa selección absoluta. Nese campionato cambia de categoría T-12 a T-13. En salto de lonxitude logrou unha marca de 6,06 m, mentres que nos 100 metros lisos ten 12,35 s.[14]

En xuño de 2021 debuta no campionato de Europa absoluto de atletismo celebrado na cidade de Bydgoszcz, en Polonia. En salto de lonxitude foi sétimo, batendo a súa marca persoal, cun salto de 6,25 m. Nos 100 metros lisos tamén bateu a súa marca con 12,12 s.[15] Uns días despois participou no Campionato de España absoluto en Sevilla, no que logrou dúas medallas de bronce. Nos 100 metros lisos bateu o seu récord persoal, baixando a súa marca a 11,80 s. En lonxitude conseguiu un salto de 6,17 m.[16]

Progresión

[editar | editar a fonte]

Salto de lonxitude

[editar | editar a fonte]
Data Campionato Lugar Marca (m)
3 de febreiro de 2019 Campionato de España Liberty de Promesas Paralímpicas Torrent (Valencia) 5,20
26 de abril de 2018 Meeting Internacional Marrakech (Marrocos) 5,05
16 de xuño de 2018 Campionato de España de Menores Segovia 5,59
30 de xuño de 2018 Campionato de España de clubs Fuenlabrada (Madrid) 5,22
23 de marzo de 2019 Campionato de España Liberty de Promesas Paralímpicas Collado Villalba (Madrid) 6,06
22 de xuño de 2019 Campionato de España de Menores Segovia 5,97
1 de agosto de 2019 Campionato do mundo júnior sub-20 Nottwil (Suíza) 5,75
19 de xaneiro de 2020 Campionato de Galicia sub-23 en pista cuberta Ourense 5,58
22 de marzo de 2021 Campionato de España por comunidades autónomas Gandia 6,07
Abril de 2021 Grand Prix Jesolo (Italia) 6,06
Xuño de 2021 Campionato de Europa absoluto Bydgoszcz (Polonia) 6,25
12 de xuño de 2021 Campionato de España absoluto Sevilla 6,17


60 metros lisos

[editar | editar a fonte]
Data Campionato Lugar Marca (s)
19 de xaneiro de 2020 Campionato de Galicia sub-23 en pista cuberta Ourense 7,87


100 metros lisos

[editar | editar a fonte]
Data Campionato Lugar Marca (s)
3 de febreiro de 2019 Campionato de España Liberty de Promesas Paralímpicas Torrent (Valencia) 12,54
26 de abril de 2018 Meeting Internacional Marrakech (Marrocos) 12,59
16 de xuño de 2018 Campionato de España de Menores Segovia 12,32
1 de xullo de 2018 Campionato de España de clubs Fuenlabrada (Madrid) 12,69
23-24 de marzo de 2019 Campionato de España Liberty de Promesas Paralímpicas Collado Villalba (Madrid) 12,17
22 de xuño de 2019 Campionato de España de Menores Segovia 12,35
2 de agosto de 2019 Campionato do mundo júnior sub-20 Nottwil (Suíza) 12,36
Abril de 2021 Grand Prix Jesolo (Italia) 12,35
Xuño de 2021 Campionato de Europa absoluto Bydgoszcz (Polonia) 12,12
13 de xuño de 2021 Campionato de España absoluto Sevilla 11,80


200 metros lisos

[editar | editar a fonte]
Data Campionato Lugar Marca (s)
27 de abril de 2018 Meeting Internacional Marrakech (Marrocos) 25,56
17 de xuño de 2018 Campionato de España de Menores Segovia 25,88
30 de xuño de 2018 Campionato de España de clubs Fuenlabrada (Madrid) 25,86
19 de xaneiro de 2020 Campionato de Galicia sub-23 en pista cuberta Ourense 25,65


Palmarés

[editar | editar a fonte]

Campionatos do mundo

[editar | editar a fonte]
Ano Campionato Lugar Medalla Competición
2019 Campionato do mundo júnior sub-20 Suíza Nottwil, Suíza Bronce Salto de lonxitude

Encontros internacionais

[editar | editar a fonte]
Ano Campionato Lugar Medalla Competición
2018 Meeting Internacional de Marrakech Marrakech, Marrocos Ouro Salto de lonxitude
Prata 100 metros lisos
Prata 200 metros lisos

Campionatos de España

[editar | editar a fonte]
Ano Campionato Lugar Medalla Competición
2021 Campionato de España absoluto Sevilla Bronce Salto de lonxitude
Bronce 100 metros lisos
2019 Campionato de España de menores Segovia Ouro Salto de lonxitude sub-20
Prata 100 metros lisos sub-20
Campionato de España Liberty de promesas paralímpicas Collado Villalba, Madrid Ouro Salto de lonxitude sub-20
Ouro 100 metros lisos sub-20
2018 Campionato de España adaptado clubs Fuenlabrada, Madrid Prata Salto de lonxitude
Prata 100 metros lisos
Campionato de España de menores Segovia Prata 100 metros lisos
Bronce 200 metros lisos
Campionato de España Liberty de promesas paralímpicas Torrent, Valencia Ouro 100 metros lisos sub-20
Prata Salto de lonxitude sub-20
2017 Campionato de España FEDC menores de verán Segovia Ouro Salto de altura
Prata 100 metros lisos
Prata Salto de lonxitude
Campionato de España FEDC menores de inverno Alacant Bronce 100 metros lisos
Bronce Salto de lonxitude

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Jairo, mellor atleta nacional sub-20". La Voz de Galicia. 6 de febreiro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Outro paso de superación para Jairo Salgueiro". El Progreso. 25 de abril de 2018. Consultado o 30 de abril de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "O atleta Jairo Salgueiro pide paso". La Voz de Galicia. 30 de maio de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  4. "Matrícula para o atletismo local". La Voz de Galicia. 27 de xuño de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  5. "Ao asalto do campionato de España". La Voz de Galicia. 14 de xuño de 2018. Consultado o 30 de abril de 2020. 
  6. "Jairo brilla no atletismo español". La Voz de Galicia. 22 de xuño de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  7. "Salgueiro logrou dúas medallas no campionato de España". La Voz de Galicia. 1 de xullo de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  8. 8,0 8,1 "Jairo Salgueiro proclámase campión de España de salto de lonxitude". La Voz de Galicia. 23 de marzo de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  9. "Jairo Salgueiro, campión de España". La Voz de Galicia. 22 de xuño de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  10. "Jairo Salgueiro conquista a medalla de bronce no seu primeiro mundial". La Voz de Galicia. 1 de agosto de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  11. "Jairo Salgueiro, máis preto de París 2024". La Voz de Galicia. 3 de agosto de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  12. "Jairo Salgueiro mellora a súa marca en salto de lonxitude no galego". La Voz de Galicia. 20 de xaneiro de 2020. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  13. "Jairo bate su récord personal". La Voz de Galicia. 23 de marzo de 2021. Consultado o 1 de maio de 2022. 
  14. "Jairo triunfa en Italia y confía en estar en el Europeo". La Voz de Galicia. 18 de abril de 2021. Consultado o 1 de maio de 2022. 
  15. "Salgueiro, séptimo en el Europeo". La Voz de Galicia. 5 de xuño de 2021. Consultado o 1 de maio de 2022. 
  16. "Jairo Salgueiro logró dos bronces en el campeonato de España". La Voz de Galicia. 14 de xuño de 2021. Consultado o 1 de maio de 2022. 
  17. "Homenaxe aos mellores en Monforte". La Voz de Galicia. 5 de maio de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  18. "Resolución de 20 de decembro de 2019, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, sobre a relación de deportistas de alto nivel correspondente ao segundo listado do ano 2019" (PDF). La Voz de Galicia. 20 de decembro de 2019. Consultado o 30 de abril de 2020.