Javier López Facal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1944 (80 anos) Toba, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Familia | |
Irmáns | Xan López Facal Ramón López Facal |
Javier López Facal, nado en Toba (Cee) o 3 de agosto de 1944, é un lingüista galego, especialista en lexicografía e en grego.
Licenciado e doutorado en filoloxía Clásica pola Universidade Complutense de Madrid en 1971, especializouse no estudo da lingua grega antiga e en concreto nos casos en Heródoto. Como investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) traballou durante quince anos na elaboración dun dicionario grego-español aínda en elaboración, dirixido por Francisco Rodríguez Adrados. É profesor de investigación en política científica e xestión de I+D no CSIC e entre 1992 e 1994 foi secretario do Instituto Cervantes.
Como tradutor, destacan as súas traducións de clásicos da literatura grega, así como de varias obras do lingüista sueco Bertil Malmberg.
Obra
[editar | editar a fonte]- Mi lenguaje (libro de texto para a EXB).
- La presunta autoridad de los diccionarios (2010).
- La hoja del olmo no es perfecta (Clave Intelectual, 2017).[1]
Traducións
[editar | editar a fonte]- La lengua y el hombre (Bertil Malmberg).
- La América hispanohablante. Unidad y diferenciación del castellano (Bertil Malmberg).
- Fábulas (Esopo).
- La Ilíada (Homero).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É irmán do economista e político Xan López Facal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La hoja del olmo no es perfecta". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2018. Consultado o 19 de febreiro de 2018.