Saltar ao contido

Jorge Eduardo Acosta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jorge Eduardo Acosta, coñecido como "el Tigre", nado o 27 de maio de 1941, era un capitán de corveta xefe do Grupo de Tarefas 3.3.2 baseado na ESMA e dese centro clandestino de detención.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Delitos e asasinatos

[editar | editar a fonte]

Acosta era quen tomaba as decisións sobre tortura e morte na ESMA[Cómpre referencia]. En particular foi quen tomou a decisión de lanzar ao río ao grupo de monxas francesas Duquet e Domon e as nais de Praza de Maio Villaflor, Ballestrino e Ponce , así como a morte de Dagmar Hagelin[Cómpre referencia].

Descubríronselle polo menos 82 delitos probábeis. Entre eles os secuestros, desaparición e torturas da familia Tarnopolsky, Nilda Noemí Actis Goretta, Lisandro Cubas, Carlos Alberto García e Ricardo Coquet, da adolescente sueco-arxentina Dagmar Hagelin, do grupo de Nais de Praza de Maio e activistas de dereitos humanos secuestrados na igrexa da Santa Cruz entre o 8 e o 10 de decembro de 1977 entre quen estaban tamén a monxas francesas Alice Domon e Léonie Duquet.

Membro do Centro de Informacións sobre a Represión.

En 1981 viaxou a Suráfrica para asesorar ao goberno do apartheid na loita contrainsurxente.

En 1998 descubriuse que posuía unha conta secreta en Suíza, que podería haberse usado para bens subtraídos aos detidos-desaparecidos [1].

Beneficiado pola Lei de Obediencia Debida, foi detido novamente e permanece en arresto preventivo pola súa participación no roubo de nenos nacidos en cativerio.

Anuladas as leis de Punto Final e Obediencia Debida polo Congreso en 2003, reabríronse as causas nas que estaba imputado. En agosto de 2006 a xustiza arxentina decidiu elevar a xuízo oral e público a causa da ESMA na que Jorge Eduardo Acosta será axuízado xunto a Alfredo Astiz e Adolfo Miguel Donda [2]

En Italia acúsaselle de crimes cometidos contra cidadáns italianos durante a ditadura.[3][4]

Xuízo en España

[editar | editar a fonte]

En 1997 o xuíz español Baltasar Garzón solicitou a detención e extradición de 45 militares arxentinos e un civil a quen procesou por xenocidio, terrorismo de Estado e someter a torturas a presos políticos durante o réxime de facto que gobernou na Arxentina entre 1976 e 1983. Entre eles atópase Rubén Franco [5]. A petición foi rexeitada varias veces polo goberno arxentino alegando o principio de territorialidade.

O 27 de xullo de 2003 o presidente Néstor Kirchner mediante o Decreto 420/03 modificou o criterio de rexeitamento das extradicións sustentado ata ese momento ordenando a "obrigatoriedade do trámite xudicial" solicitado pola Xustiza española, e abrindo así o camiño á extradición efectiva dos militares requiridos [6].

En agosto de 2003 o entón presidente de España José María Aznar ordenou non continuar co proceso de extradición dos solicitados por crimes durante o goberno de facto na Arxentina. Esta decisión foi anulada polo Tribunal Supremo de España en 2005 [7] ordenando continuar adiante coas extradicións solicitadas por Garzón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]