Joseph Werth
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de outubro de 1952 (72 anos) Qarağandı, Kazakhstán |
Bispo diocesano | |
11 de febreiro de 2002 – ← Jerzy Mazur Diocese: Roman Catholic Diocese of Transfiguration at Novosibirsk (en) | |
Bispo titular | |
13 de abril de 1991 – Diocese: Bulna (en) | |
Administrador apostólico | |
Diocese: Roman Catholic Diocese of Transfiguration at Novosibirsk (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Kaunas Priest Seminary (en) |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1991–), sacerdote católico (1984–) |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Consagración | Francesco Colasuonno |
Premios | |
Joseph Werth, nado o 4 de outubro de 1952 en Karaganda (RSS de Kazakhstán), é un relixioso ruso-alemán, dende 1991 ao cargo da diocese da Transfiguración en Novosibirsk.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia e primeiros anos
[editar | editar a fonte]Joseph Werth naceu en Karaganda o 4 de outubro de 1952;[1] é o duodécimo fillo dunha familia de alemáns do Volga que foran deportados á RSS de Kazakhstán en 1929, no marco da campaña soviética contra os kulak. Logo de realizar o servizo militar no exército da Unión Soviética, entrou o 14 de agosto de 1975 no novizado da Compañía de Xesús en Lituania. Comezou posteriormente os seus estudos de teoloxía en Kaunas, e foi ordenado sacerdote o 27 de maio de 1984.[1] Logo de pasar un ano en Lituania, foi vigairo patriarcal en Aqtöbe (Kazakhstán) e posteriormente na parroquia de Marks (provincia de Saratov, RSFS de Rusia).
Pontificado
[editar | editar a fonte]Coa caída da Unión Soviética, foi nomeado o 13 de abril de 1991 polo papa Xoán Paulo II administrador apostólico de Siberia e bispo titular de Bulna.[1] Recibiu a consagración episcopal o 16 de xuño[1] de mans do legado apostólico a Rusia, Francesco Colasuonno, e tivo como co-consagrantes principais ao administrador apostólico da Rusia europea Tadeusz Kondrusiewicz e ao bispo auxiliar de Vilnius Juozas Tunaitis.[2] Cando o territorio foi dividido en dúas administracións apostólicas, o 18 de maio de 1999, permaneceu como administrador apostólico de Siberia occidental.
O 11 de febreiro de 2002 a administración foi elevada a diocese, tomando o nome de diocese da Transfiguración en Novosibirsk, e Werth foi nomeado bispo diocesano.[1] O 20 de decembro de 2004 foi nomeado tamén ordinario do exarcado católico de Rusia.[1] Entre febreiro de 2005 e xaneiro de 2011 foi presidente da Conferencia Episcopal Católica de Rusia. O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Annuario pontificio per l'anno 2009. Libreria Editrice Vaticana. p. 760.
- ↑ "Bischof Joseph Werth, S.J". Кафедральный собор Преображения Господня в Новосибирске (en alemán). Consultado o 22/09/2018.
Die Bischofsweihe am 16. Juni 1991 spendete ihm Francesco Colasuonno, Apostolischer Delegat in Russland und späterer Kardinal; Mitkonsekratoren waren Tadeusz Kondrusiewicz, der am selben Tag zum Administrator in Russland bestellt wurde, und Juozas Tunaitis, Weihbischof in Vilnius.
- ↑ "Conferme e nomine nella Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0120). 19 de febreiro de 2014.
Il Santo Padre Francesco [...] ha nominato Membri: [...] Joseph Werth, Vescovo della Trasfigurazione a Novosibirsk.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: (creación da sé) |
Administrador apostólico de Siberia 1991 - 1999 |
Sucesor: (división da sé) |
Predecesor: (división da sé) |
Administrador apostólico de Siberia occidental 1999 - 2002 |
Sucesor: (elevación da sé) |
Predecesor: (elevación da sé) |
Bispo da Transfiguración en Novosibirsk dende 2002 |
Sucesor: (no cargo) |
Predecesor: Klymentii Sheptytskyi (exarca apostólico) |
Ordinario para os greco-católicos de Rusia dende 2004 |
Sucesor: (no cargo) |
Predecesor: Tadeusz Kondrusiewicz |
Presidente da Conferencia Episcopal Católica de Rusia 2005 - 2011 |
Sucesor: Paolo Pezzi |
- Nados en 1952
- Nados en Qarağandı
- Xesuítas
- Relixiosos católicos de Kazakhstán
- Bispos católicos de Kazakhstán
- Bispos católicos de Rusia
- Bispos da Igrexa católica latina
- Bispos da Igrexa católica bizantina rusa
- Bispos católicos do século XX
- Bispos católicos do século XXI
- Membros da Congregación para as Igrexas Orientais