Kunsthistorisches Museum
O Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena (Austria) é un dos primeiros museos de belas artes e artes decorativas do mundo. O termo Kunsthistorisches Museum aplícase tanto á institución como ao seu edificio principal.
Inaugurouse en 1891 ao mesmo tempo que o Naturhistorisches Museum polo emperador Francisco Xosé I de Austria-Hungría. Os dous museos teñen exteriores idénticos e están un fronte ao outro a ámbolos dous lados da Praza de María Teresa. Ambos edificios foron erixidos entre 1872 e 1891 de acordo aos planos deseñados por Gottfried Semper e Karl Freiherr von Hasenauer.
Os dous museos da Ringstraße encargounos o emperador para encontrar un aloxamento adecuado para a magna colección de arte dos Habsburgo. A fachada do edificio é de pedra arenita. Ten planta rectangular, e acaba nunha cúpula de 60 metros de alto. Está coroado por unha estatua colosal de Palas Atenea. O interior do edificio está luxosamente decorado con mármore, decoracións de estuco, pan de ouro, e pinturas.
Colección
[editar | editar a fonte]-
Arte exipcia
-
Camafeu romano
-
Busto de Xulio César
-
Moedas chinesas
-
Teniers: O Arquiduque Leopoldo Guillerme na súa galería en Bruxelas
-
Velázquez: Infanta Margarita Teresa en vestido azul
-
Baldung: A Sagrada Familia
-
Canova: Teseu
-
Vermeer: Alegoría da Pintura
-
Holbein: Retrato de Jane Seymour
-
Rafael: Madonna no gramado
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kunsthistorisches Museum ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Monreal, L., Grandes Museos, vol. 2, Editorial Planeta, 1975. ISBN 84-320-0460-X (colección completa)
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en inglés)