LXI Festival de Ópera da Coruña
O LXI Festival de Ópera da Coruña tivo lugar entre os días 5 e 28 de setembro de 2013. Nesta edición do festival, amais dos concertos e representacións habituais celebráronse conferencias e proxeccións en distintos puntos da cidade.
Óperas
[editar | editar a fonte]Nesta edición do Festival interpretaranse dúas óperas: Lucia di Lammermoor de Donizetti, e Tristan und Isolde de Wagner.
- Lucia di Lammermoor será representada nunha nova produción dos Amigos da Ópera da Coruña no Palacio da Ópera da Coruña os días 10 e 13 de setembro coa Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos baixo a dirección do israelí Daniel Oren e con Alfonso Romero Mora da dirección escénica. Os papeis principais serán interpretados por Celso Albelo (tenor), María José Moreno (soprano) e Javier Franco (barítono) nos papeis principais.
- Tristan und Isolde será interpretada en versión de concerto o día 28 de setembro coa Orquestra e Coro da Sinfónica de Galicia baixo a batuta do director israelí Eliahu Inbal. Os papeis principais serán interpretados por Catherine Foster (soprano), Stephen Gould (tenor), Iris Vermillion (mezzosoprano) e Jukka Rasilainen (barítono). Está será a primeira vez que se interprete integramente a ópera do compositor alemán en Galiza.[1]
Gala lírica
[editar | editar a fonte]O 21 de setembro tivo lugar unha gala lírica adicada ao compositor italiano Giuseppe Verdi con motivo do 200 aniversario do seu nacemento. No concerto, celebrado no Palacio da Ópera coruñés, o tenor Gregory Kunde e o barítono Juan Jesús Rodríguez, acompañados pola Orquestra e Coro Gaos baixo a dirección de Ramón Tébar, interpretaron arias, dúos e coros das óperas La traviata, Rigoletto, Il trovatore, Don Carlos, Otello, Macbeth e Les vêpres siciliennes.
Novas voces galegas
[editar | editar a fonte]O 20 de setembro tivo lugar a VII edición do ciclo Novas Voces Galegas cun concerto do barítono Pedro Martínez Tapia no auditorio do Conservatorio Profesional de Música da Coruña.
Conferencias e proxeccións
[editar | editar a fonte]Nesta edición do festival realizáronse varias conferencias no Museo de Belas Artes da Coruña os días 6 e 27 de setembro, así como varias proxeccións na Biblioteca da Deputación da Coruña os días 5, 12, 19 e 26 de setembro.
- No centenario de Benjamin Britten (5 de setembro): Proxección da ópera Billy Budd na Biblioteca da Deputación da Coruña.
- En torno a Lucia di Lammermoor (6 de setembro): Conferencia a cargo do presidente da Sociedade Filharmónica da Coruña Antonio Vasco no Museo de BelasArtes.
- Verdi no Festival de Ópera da Coruña (12 de setembro): Proxección de Otello de Giuseppe Verdi na Biblioteca da Deputación da Coruña.
- Wagner en Buenos Aires (19 de setembro): Proxección dun documental sobre a estrea dunha nova produción de Der Ring des Nibelungen de Richard Wagner no Teatro Colón de Buenos Aires na Biblioteca da Deputación da Coruña.
- 26 de setembro: Proxección do filme Melancholia de Lars von Trier, con Kirsten Dunst, premio á mellor actriz no Festival de Cannes de 2011 na Biblioteca da Deputación da Coruña.
- Unha introdución a Tristan und Isolde (27 de setembro): Conferencia a cargo de Marián Cordero e Carlos Ríos, membros da Asociación Wagneriana de Galiza no Museo de BelasArtes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O Festival de Ópera estreará Tristán e Isloda en Galicia", artigo de Luís Pousa en La Voz de Galicia, 28 de xuño de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: LX Festival de Ópera da Coruña |
LXI Festival de Ópera da Coruña 2013 |
Sucesor: LXII Festival de Ópera da Coruña |