La straniera
La straniera A estranxeira | |
---|---|
Forma | Ópera seria |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Felice Romani |
Fontes literarias | L’Étrangère, de Victor d'Arlincourt |
Estrea | 14 de febreiro de 1829 |
Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
Lugar da estrea | Milán |
Duración | 3 horas |
Música | |
Compositor | Vincenzo Bellini |
Localización da partitura | Archivio Ricordi (Milán) |
Personaxes | |
Alaide (soprano) |
La straniera (en galego, A estranxeira) é unha ópera en dous actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Felice Romani, baseado na novela L'étrangère (1825) de Charles-Victor Prévot, vizconde d'Arlincourt. Foi composta en outono de 1828 e estreada o 14 de febreiro de 1829 no Teatro alla Scala de Milán, nesta estrea Henriette Méric-Lalande e Domenico Reina actuaron nos roles principais, mentres que Alessandro Sanquirico foi o encargado da escenografía. Esta ópera caeu no esquecemento durante a última parte do século XIX e boa parte do século XX, e só foi reposta en 1968 en Palermo (Teatro Massimo) con Renata Scotto no rol principal. A personaxe de Alaide foi posteriormente interpretado por Montserrat Caballé, Renée Fleming, e máis recentemente, por Patrizia Ciofi.
Esta ópera rara vez se representa na actualidade; nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece con só 1 representación no período 2005-2010.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 14 de febreiro de 1829 (Director: -) |
---|---|---|
Alaide, a estranxeira | soprano | Henriette Méric-Lalande |
Arturo, conde de Ravenstel | tenor | Domenico Reina |
Valdeburgo, barón, irmán segredo de Alaide | barítono | Antonio Tamburini |
Isoletta, prometida de Arturo | mezzosoprano | Caroline Unger |
Osburgo, confidente de Arturo | tenor | Luigi Asti |
Il signore di Montolino, pai de Isoletta | baixo | Domenico Spiaggi |
Prior dos Hospitalarios | baixo | Stanislao Marcionni |
Notas
[editar | editar a fonte]- Stelios Galatopoulos, Bellini: Life, Times, Music, Biddles Ltd, 2002.
- J. Warrack e E. West, The Oxford Dictionary of Opera, 1992.
- Bernard Holland, "Opera/Review: How Bellini's Second Thoughts Were Really First" , The New York Times, 10 de febreiro de 1993.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |