Lavandula latifolia
Lavandula latifolia | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Lavandula latifolia Medik. |
A Lavandula latifolia é un arbusto da familia das lamiáceas (Lamiaceae), presente en España, o sur de Inglaterra, e Francia, sobre todo en comunidades de zonas montañosas, en matogueiras. Tamén pode encontrarse nos Pireneos e nas montañas que separan Valencia de Aragón e de Cataluña, onde conviven Lavandula latifolia e Lavandula angustifolia, abrindo as primeiras flores L. latifolia, e L. angustifolia acabando a floración.
O aroma de Lavandula latifolia é desagradable, e o de L. angustifolia moi bo.
Descrición
[editar | editar a fonte]A Lavandula latifolia é un arbusto perenne en forma de mata. Alcanza os 80 cm de altura. As follas son lineares-oblongas, duns 10 cm de lonxitude. As flores (as cales son polinizadas por diferentes insectos) son perfumadas, hermafroditas e de cor azul ou violeta; aparecen en agosto e prodúcense en espigas terminais. Toda a planta desprende un olor alcanforado.
Composición química
[editar | editar a fonte]- d-alcanfor (36%)
- 1-8 cineol (33%)
- d-borneol (4%) (substancia coñecida como alcanfor de Borneo, de fórmula C10H18O)
- alfa Pineno (4%)
- beta pineno (3%)
- cariofileno (2%)
- d-canfeno (2%)
- azulenol 2%
- lineol
- xeraniol
Usos medicinais
[editar | editar a fonte]- A lavanda Lavandula latifolia ten características medicinais similares á Lavandula angustifolia. Produce tamén un aceite esencial, aínda que de inferior calidade. O aceite esencial obtido das flores é abortivo, antibacteriano e antiséptico, e pode ser utilizado con fins de aromaterapia.
- É utilizada vía tópica para tratar feridas, queimaduras, picaduras etc. Tamén pode ser utilizada para tratar desordes dixestivas e do sistema inmunitario.
- Débese lembrar que as esencias poden producir gastrite e úlcera péptica, reaccións alérxicas e, en doses elevadas, dores de cabeza, náuseas, vómitos e somnolencia; razón pola cal, para o seu uso, débese ter asesoramento médico ou farmacéutico.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]- Lavandula spica subsp. latifolia Bonnier e Layens [1894]
- Lavandula latifolia var. tomentosa Briq. [1895]
- Lavandula latifolia var. erigens (Jord. e Fourr.) Rouy [1909]
- Lavandula interrupta Jord. e Fourr. [1868]
- Lavandula inclinans Jord. e Fourr. [1868]
- Lavandula guinandii Gand. [1875]
- Lavandula decipiens Gand. [1875]
- Lavandula cladophora Gand.[1]
- Lavandula spica var. vulgaris Ging., Hist. Nat. Lavand.: 154 (1826), nom. inval.
- Lavandula major Garsault, Fig. Pl. Méd.: t. 330 (1764), opus utique oppr.
- Lavandula spica var. ramosa Ging., Hist. Nat. Lavand.: 154 (1826).
- Lavandula ovata Steud., Nomencl. Bot., ed. 2, 2: 17 (1841).
- Lavandula erigens Jord. e Fourr., Brev. Pl. Nov. 2: 88 (1868).
- Lavandula hybrida E.Rev. ex Briq., Lab. Alp. Mar.: 469 (1895).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sinonimia en Tela Botánica.". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 01 de decembro de 2013.
- ↑ "Lavandula latifolia". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 6 de abril de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lavandula latifolia |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lavandula latifolia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blumenthal M, Goldberg A, Brinckmann J. Herbal Medicine, Expanded Commission E Monographs. Integrative Medicine Communications, Newton. First Edition, 2000.
- Grases F, Melero G, Costa-Bauza A et al. Urolithiasis and phytotherapy. Int Urol Nephrol 1994; 26(5): 507-11.
- Paris RR, Moyse H. Matière Médicale. Masson & Cia., París; 1971. Tome.
- PDR for Herbal Medicines. Medical Economics Company, Montvale. Second Edition, 2000.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Lavandula latifolia". Real Jardín Botánico: Proyecto Anthos.