Lavandula angustifolia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Lavandula angustifolia | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lavandula angustifolia | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Lavandula angustifolia Mill. |
A Lavandula angustifolia Mill. 1768, tamén chamada Lavandula vera DC. 1815 ou Lavandula officinalis Chaix 1786 é unha especie do xénero Lavandula. Varios nomes latinos que demostran o interese que lle manifestou a farmacia hai moito tempo (officinalis) e que detallan os seus aspectos morfolóxicos (angustifolia : “con follas angostas”). En galego pódese denominar lavanda [1], nome que tamén recibe todo o xénero.
A Lavandula angustifolia forma pequenas matas con sumidades floridas curtas sen ramificacións. Dado que a súa espiga floral pode ter varios aspectos tanto na súa forma como na súa cor, poderase utilizar o termo “lavanda angustifolia de poboación”.
Descrición
[editar | editar a fonte]Presenta follas opostas, simples, enteiras e pinnatífidas. Posúe inflorescencias de tipo verticilastro dispostas en pisos separados ao longo do eixo florífero, axilados por brácteas "florais", e unha coroa de brácteas que aparecen no alto da inflorescencia, cuxa función é atraer os insectos polinizadores.
As flores son de cor azul-violácea, pequenas, cun cáliz tubular, case actinomorfo, acostelado con 5 dentes curtos e un apéndice romboidal na parte superior. A corola é bilabiada, co labio superior recto, ergueito, formado por dous lóbulos. O labio inferior é trilobado. Posúen catro estames, didínamos e o ovario dividido en catro partes. O froito preséntase en tetranúcula.
A planta florea no verán e a colla das flores para uso medicinal lévase a cabo nos meses de xullo e agosto.
Cultivo
[editar | editar a fonte]Esta planta é endémica da rexión mediterránea occidental e reprodúcese por sementes, é dicir, naturalmente. Non se pode atopar brava noutra parte do mundo. A Lavandula angustifolia atura ben o frío e os terreos que máis lle corresponden áchanse entre 800 metros de altitude e 1400 metros ou máis alto.
Uso
[editar | editar a fonte]Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde agosto de 2017) |
A Lavandula angustifolia na súa forma de aceite esencial serve para o tratamento de[Cómpre referencia]:
- Os insomnios (2 a 3 gotas sobre o traveseiro), a irritabilidade (difusión no ar), as dores de cabeza (masaxar as tempas), o estrés (5 a 6 gotas no baño). A Lavandula angustifolia é calmante.
- As feridas e queimaduras (1 a 2 gotas), o eccema seco (2 a 3 gotas nun cacho de algodón e pasar sobre as placas sen fretar), as escamas, as queimaduras do sol, as picadas de insectos. A Lavandula angustifolia é desinfectante e cicatrizante.
- Os arrefriados e a sinusite (1 a 2 gotas por inhalar en auga quente). A Lavandula angustifolia é antiinfeccioso.
- As dores de gorxa (1 a 2 gotas sobre unha pedra de azucre o unha culler de mel).
- As contraccións e reumatismos (fretar cunhas gotas na zona). A lavanda é relaxante e calma a dor.
- Os piollos (1 gota detrás das orellas en prevención), os parasitos intestinais (1 gota nunha pedra de azucre en cura de 3 días). A Lavandula angustifolia é antiparasitario.
Uso da flor
[editar | editar a fonte]Apáñanse os extremos dos talos ao principio da floración coas flores azuis ou violetas. Cando se enxuguen poden facerse moitas cousas con elas, como:
- Metelas en saquiños para pólos en armarios ou zapateiros xa que é excelente contra a traza.
- Caixas de perfumes.
- Dúas presadas de flor de Lavandula angustifolia nun recipiente cheo ata a metade con auga destilada e con alcol de 90º o resto, é un desinfectante ecolóxico.
- Se no preparado anterior engadimos unha presada de pétalos de rosa e un vaso de vinagre de sidra obterase unha loción suavizante para as mans.
- Unha presada de flor de esprego macerado durante 15 días en 1/4 L de aceite de oliva, é bo contra as picadas de insectos.
- Unha cataplasma xunto con tomiño e romeu alivia os retorzóns e as escordaduras.
- Para facer infusións: 8 g por litro para o insomnio e 20 g para febre.
Variedades e sinonimia
[editar | editar a fonte]subsp. angustifolia. De Francia a Italia.
- Lavandula spica L., Sp. Pl.: 572 (1753), nom. rej.
- Lavandula minor Garsault, Fig. Pl. Méd.: t. 331 (1764), opus utique oppr.
- Lavandula vulgaris Lam., Fl. Franç. 2: 403 (1779).
- Lavandula officinalis Chaix, Pl. Vapinc.: 51 (1785).
- Lavandula fragrans Salisb., Prodr. Stirp. Chap. Allerton: 78 (1796).
- Lavandula vera DC. in J.B.A.M.de Lamarck & A.P.de Candolle, Fl. Franç., Suppl.: 398 (1805).
- Lavandula delphinensis Jord. ex Billot, Cent. 27, 28: 4 (1859).
- Lavandula Momparler Valencia, descuberta por Juan Ismael Momparler Albors, (2012).
subsp. pyrenaica (DC.) Guinea, Bot. J. Linn. Soc. 65: 263 (1972). Dos Pireneos e norte de España.
- Lavandula pyrenaica DC. in J.B.A.M.de Lamarck & A.P.de Candolle, Fl. Franç. 5: 398 (1815).
- Lavandula vera var. pyrenaica (DC.) Benth., Labiat. Gen. Spec.: 149 (1833).
- Lavandula spica var. pyrenaica (DC.) Nyman, Consp. Fl. Eur.: 572 (1881).
- Lavandula officinalis var. pyrenaica (DC.) Chaytor, J. Linn. Soc., Bot. 51: 174 (1937).
- Lavandula spica var. faucheana Briq., Lab. Alp. Mar.: 468 (1895).
- Lavandula officinalis var. faucheana (Briq.) Rouy in G.Rouy & J.Foucaud, Fl. France 11: 255 (1909).
- Lavandula spica var. turolensis Pau, Bol. Soc. Iber. Ci. Nat. 27: 170 (1928).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ "Lavandula angustifolia". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 6 de abril de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lavandula angustifolia |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lavandula angustifolia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Todo sobre a lavanda. Museo da Lavanda na Provenza (Francia)
- CIES Centro de Interpretación del Espliego Espazo museístico sobre as lavandas, situado en Aragón (España)