Leopoldo Centeno
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de abril de 1967 (57 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | pentatleta, pentatleta (pt) |
Deporte | atletismo |
Participou en | |
1992 | Xogos Olímpicos de 1992 |
1988 | Xogos Olímpicos de 1988 |
Familia | |
Irmáns | Jesús Centeno |
Leopoldo Centeno Moyer, nado en Lugo o 27 de abril de 1967, é un ex-deportista galego, especialista en péntatlon moderno. Competiu en dous Xogos Olímpicos (Seúl 1988 e Barcelona 1992).
É fillo do tamén deportista Leopoldo Centeno, irmán xemelgo de Jesús Centeno, tamén pentatleta olímpico, e irmán máis vello de Rafael Centeno, pentatleta e cociñeiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seu pai Leopoldo practicara varios deportes, entre eles o baloncesto, chegando a militar no Breogán, a hípica ou o péntatlon moderno. Leopoldo fillo comezou na hípica, pasando logo ao péntatlon, deporte que comezou a practicar en Toledo e no que empezou a destacar xunto ao seu irmán xemelgo Jesús e ao irmań menor, Rafael.[1][2]
En 1985 entrou con Jesús na Residencia Blume de Barcelona e en 1988 disputou os seus primeiros Xogos Olímpicos en Seúl, participando tanto na proba individual como na de equipos, nesta última xunto aos irmáns Eduardo e Jorge Quesada, e con Jesús como suplente.[3] Na competición individual acabou na 38ª posición, mentres que na de equipos acabou inicialmente noveno, pero despois o equipo español foi descualificado polo positivo por dopaxe de Jorge Quesada.[4]
Nos Xogos Olímpicos de 1992 participou formando equipo co seu irmán xemelgo e con Carles Lerín, acabando na 12ª posición. Na proba individual foi 37º, un resultado decepcionante, pois nese momento era o sexto no ránking mundial.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barreira, Borja (28 de novembro de 2011). "La dinastía de los Centeno" (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2021.
- ↑ "Dos iguales en la senda de las medallas". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xuño de 1992.
- ↑ "Pentathlon moderno: cuatro hombres y sólo dos apellidos" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). 17 de setembro de 1988. p. 47. Consultado o 13 de agosto de 2021.
- ↑ "El “doping” salpica a España". Mundo Deportivo (en castelán). 25 de setembro de 1988. p. 42. Consultado o 13 de agosto de 2021.
- ↑ Castro, Jorge (16 de marzo de 2020). "De la ilusión del joven al adulto" (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do pentatleta no sitio web do Comité Olímpico Internacional (en inglés).
- Datos do pentatletaen sports-reference.com. Arquivado dende o orixinalArquivado 18 de abril de 2020 en Wayback Machine. (en inglés).