Lepidopsetta bilineata
Lepidopsetta bilineata Solla de rocha do Pacífico | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lepidopsetta bilineata | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
Lepidopsetta bilineata (Ayres, 1855) |
Lepidopsetta bilineata é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,[1] unha das tres que integran o xénero Lepidopsetta,[2] coñecida en galego como solla de rocha do Pacífico.[3]
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1855 polo ictiólogo estadounidense William Orville Ayres, baixo o nome de Platessa bilineata.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome específico, bilineata, fai referencia á rama supratemporal da liña lateral, que está bifurcada. O adxectivo latino bilineata está formado polo elemento bi-, "dous, dúas" e líneata, forma feminina de lineatus, -a, -um "con liña", "que ten liña" (do latín linea, "liña"). Literalmente, "que ten dúas liñas", "bifurcado". A forma feminina é para concordar gramaticalmente co nome do xénero, Lepidopsetta, que é feminino por selo tamén Psetta.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, e polo orixinario que lle deu Ayres, a especie coñécese tamén polos seguintes sinónimos:[1]
- Lepidopsetta bilineata bilineata (Ayres, 1855)
- Platichthys umbrosus Girard, 1856
- Pleuronectes bilineatus (Ayres, 1855)
- Pleuronectes perarcuatus Cope, 1873
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dun peixe mariño, demersal, de até 60 cm de lonxitude (as femias, os machos non superan os 58 cm).[4] e que pode chegar a pesar até 1,8 kg.[5]
A súa columna vertebral está formada por de 39 a 42 vértebras. A aleta dorsal presenta entre 65 e 82 raios, mentres que a analcomprende de 50 a 65. A orixe da aleta dorsal sitúase sobre a parte dianteira do ollo superior. A aleta caudal remata cunha marxe posterior que forma unha ampla "V". A aletas pectorais son pequenas, e poden seren asimétricas.[4]
O espazo intraorbital é estreito.[6]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Lepidopsetta bilineata vive en fondos de area e grava en profundidades de até os 575 m, aínda que comunmente se encontra entre os 0 e os 183 m.[7]
O seu hábitat natural son as augas temperadas do Pacífico norte, entre os 67° N e os 34° N, e entre os 124° L e os 119° O,[8] desde a Baixa California, polo sur, até Alasca, as illas Aleutianas e parte sueste do mar de Bering, polo norte.[7]
Papel no ecosistema
[editar | editar a fonte]Lepidopsetta bilineata ocupa un nivel trófico moderadamente alto na cadea alimentaria.[4]
Alimentación
[editar | editar a fonte]Aliméntase de moluscos, vermes poliquetos, crustáceos, ofiúras e pequenos peixes.
Predadores
[editar | editar a fonte]Esta especie é depredada por mamíferos mariños e por outros peixes, incluíndo diversos tiburóns, o bacallau de Alasca (Gadus chalcogrammus) o bacallau do Pacífico (Gadus macrocephalus) e outros peixes planos, como o hipogloso do Pacífico (Hippoglossus stenolepis) e a limanda áspera (Limanda aspera).[7][9]
Reprodución
[editar | editar a fonte]Ledopsetta bilineata alcanza a madureza reprodutiva entre os 4 e os 7 anos de idade. A desova prodúcese en inverno e principios da primavera. Os ovos son demersais e permanecen na superficie na que se depositan, A eclosión ocorre entre os 6 e os 25 días despois da posta.[9]
Lonxevidade
[editar | editar a fonte]A máxima idade rexistrada alcanza os 22 anos.[10]
Pesca
[editar | editar a fonte]Lepidopsetta bilineata é un saboroso peixe utilizado como alimento, e forma parte importante das pescarías de arrastre no mar de Bering e no golfo de Alasca. Aínda que a súa explotación foi excesiva nos anos 1960, as poboacións recuperáronse e hoxe en día estímase que a súa biomasa no mar de Bering e as illas Aleutianas é moi alta, até dúas veces o nivel necesario para o rendemento máximo sustentábel. En 2008 a súa biomasa estimada na pescaría do golfo de Alasca era dunhas 102.303 t, en comparación coas capturas, que oscilaron desde as 453 t en 2004 e as 4.330 t en 2006.[9]
As capturas comerciais en varios anos no Canadá alcanzaron as 3.000 t.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lepidopsetta bilineata (Ayres, 1855) no WoRMS.
- ↑ Lepidopsetta Gill, 1862 no WoRMS.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Hart, J. L. (1973): "Pacific fishes of Canada". Bull. Fish. Res. Board Can. 180.
- ↑ Fadéev, N. S. (1971): Biology and fisheries of the Pacific Ocean flatfishes. Vladivostok, Russia: Dal'izdat.
- ↑ Orr, J. W. & A. C. Matarese (2000).
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Lepidopsetta bilineata (Ayres, 1855) en FishBase.
- ↑ FAO-FIGIS (2005): A world overview of species of interest to fisheries. Capítulo Lepidopsetta bilineata. FIGIS Species Fact Sheets. Species Identification and Data Programme-SIDP, FAO-FIGIS.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 "Rock Sole Lepidopsetta bilineata (South) and L. polyxystra (North) en Fish Watch, U. S. Seafoods Facts, NOAA.". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2008. Consultado o 03 de abril de 2008.
- ↑ Munk, K. M. (2001): "Maximum ages of groundfishes in waters off Alaska and British Columbia and consideration of age determination". Alaska Fish. Res. Bull. 8 (1): 12-21.
- ↑ Eschmeyer, W. N.; E. S. Herald & H. Hammann (1983): A field guide to Pacific coast fishes of North America. Boston, USA: Houghton Mifflin Company.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lepidopsetta bilineata |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Allen, M. J. & G. B. Smith (1988): "Atlas and zoogeography of common fishes in the Bering Sea and northeastern Pacific". NOAA Tech. Rep. NMFS 66.
- Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Orr, J. W. & A. C. Matarese (2000): "Revision of the genus Lepidopsetta Gill, 1862 (Teleostei: Pleuronectidae) based on larval and adult morphology, with a description of a new species from the North Pacific Ocean and Bering Sea". Fishery Bulletin 98: 539-582.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lepidopsetta bilineata na EOL. Informacións, imaxes e mapas de distribución (en inglés).
- Lepidopsetta bilineata na ADW.