Les Trois Accords
Les Trois Accords | |
---|---|
Les Trois Accords no 2010 | |
Orixe | Drummondville, Quebec, Canadá |
Período | 1997 - presente |
Xénero(s) | rock, punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Indica Records |
Membros | Pierre-Luc Boisvert Charles Dubreuil Alexandre Parr Simon Proulx |
Antigos membros | Olivier Benoit |
Na rede | |
lestroisaccords.com | |
Les Trois Accords é unha banda de rock de Drummondville, Quebec. A banda lanzou o seu primeiro álbum Gros mammouth album no ano 2003. Algunhas das cancións notables, extraídas dese álbum, son "Hawaïenne", "Saskatchewan" e "Lucille". Xunto cos seus vídeos, as cancións foron ben recibidas no Quebec. En 2004, foi lanzado Gros mammouth album turbo con dous temas adicionais, "Loin d'ici" e "Turbo sympathique". En 2006, lanzaron o seu segundo álbum, titulado Grand champion international de course. O concerto máis importante da banda ata a data foi en setembro de 2005, cando foron abreconcertos de The Rolling Stones en Moncton, Novo Brunswick. O concerto atraeu a uns 85.000 espectadores.
Estilo musical
[editar | editar a fonte]O segundo álbum de Les Trois Accords foi lanzado 5 de setembro de 2006. Este álbum non rompeu co estilo rock-pop de Gros Mammouth e era máis escandaloso nas súas letras. O vídeo musical de "Grand Champion" pode ser visto en Bande à part. O segundo vídeo musical é "Tout sur la plage nu". O álbum chegou á cima das listas logo da súa primeira semana.
Moitas das súas cancións máis recentes pódense clasificar como surrealistas debido á frecuente presenza de paronomasias, xogos de palabras e imaxes infrecuentes.
Tamén lles gusta adornar os seus concertos con pequenas pezas de humor. O sentido do humor tamén é evidente nos seus vídeos musicais onde as imaxes que se mostran non teñen nada que facer coa canción. Vemos, por exemplo, no vídeo musical de "Saskatchewan", os membros do grupo practicar movementos de karate o longo de todo o vídeo. O mesmo ocorre co vídeo musical de " Turbo sympathique", onde o grupo convértese en bombeiros e apaga o lume nun celeiro.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Gros mammouth album | 2003 | Indica Records |
Gros mammouth album turbo | 2004 | Indica Records |
Grand champion international de course | 2006 | Indica Records |
En beau country | 2008 | Phonoscope Productions |
Dans mon corps | 2009 | Indica Records |
J'aime ta grand-mère | 2012 | La Tribu |
Joie d'être gai | 2015 | La Tribu |
Beaucoup de plaisir | 2018 | La Tribu |
Présence d'esprit | 2022 | La Tribu |
Demos
[editar | editar a fonte]- Demo de la Commune (1999)
- Demo Live at Drummondville (2001)
- Demo Jaune-Brun (2002)
Videografía
[editar | editar a fonte]- "Hawaiienne"
- "Loin d'ici"
- "Saskatchewan"
- "Turbo Sympathique"
- "Vraiment beau"
- "Grand champion"
- "Tout nu sur la plage"
- "Ton avion"
- "Youri"
- "Nicole"
- "Dans mon corps"
- "Le bureau du médecin"
Membros
[editar | editar a fonte]- Pierre-Luc Boisvert (baixo; 2001 - actualidade)
- Charles Dubreuil (batería e percusión; 2001 - actualidade)
- Alexandre Parr (guitarra e coros; 1999 - actualidade)
- Simon Proulx (cantante e guitarra; 1997 - actualidade)