Let's Shake Hands
«Let's Shake Hands» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de The White Stripes | |||||
Lanzamento | marzo de 1998 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 1997 | ||||
Xénero musical | garage rock | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 2:01 | ||||
Discográfica | Italy Records | ||||
Produtor(es) | Jack White | ||||
Escritor(es) | |||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Let's Shake Hands" é o sinxelo de estrea da banda estadounidense de garage rock The White Stripes. Foi editado en marzo de 1998 polo selo Italy Records, e trátase da quinta gravación do grupo. Unha gravación ao vivo aparece no seu vídeo Under Blackpool Lights e no álbum en directo Under Great White Northern Lights.
"Let's Shake Hands" amosa o primeiro son garage punk dos inicios da banda, e está acompañado por unha versión de "Look Me Over Closely", unha canción escrita polo músico folk Terry Gilkyson para Marlene Dietrich.
A primeira edición estivo composta por 500 copias en vinilo vermello. Unha segunda edición de 1.000 copas foi prensada en vinilo negro no ano 2002. A portada deste segundo lanzamento era unha foto de mellor calidade que a orixinal. Realizouse unha terceira edición "segreda" no ano 2008 cunha versión estarcida da portada orixinal realizada por Dion Fischer. Foi prensada en vinilo negro e producíronse 1.000 copias numeradas a man. Moi codiciado polos seareiros, este 7" é un dos obxectos máis raros e máis caros da discografía de The White Stripes.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]- "Let's Shake Hands" - 2:01
- "Look Me Over Closely" (versión de Marlene Dietrich) - 2:09