Seven Nation Army
"Seven Nation Army" | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de The White Stripes | |||||
do álbum Elephant | |||||
Lanzamento | 7 de marzo do 2003 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | abril do 2002 | ||||
Xénero musical | garage rock | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 3:52 | ||||
Discográfica | XL Recordings, V2 Records | ||||
Produtor(es) | Jack White | ||||
Escritor(es) | Jack White | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Seven Nation Army" é unha canción da banda estadounidense de garage rock The White Stripes, editada como sinxelo do seu álbum Elephant o 7 de marzo do 2003. O tema estivo no número 1 da lista Modern Rock Tracks durante tres semanas, e gañou o Grammy do 2004 á mellor canción de rock. Seven Nation Army é coñecida polo seu riff de guitarra, que pode escoitarse en case toda a canción. A pesar de que soa como un baixo (instrumento que a banda non usa), o son foi realmente creado por Jack White cunha guitarra semi-acústica usando un pedal Digitech Whammy para baixarlle unha oitava. O riff foi composto nunha proba de son antes dun concerto no Corner Hotel en Melbourne, Australia, segundo as notas do libreto que acompaña ao DVD Under Blackpool Lights. O riff ispirouse no tema principal da Sinfonía nº 5 de Anton Bruckner.
"Seven Nation Army" é como Jack White adoitaba a referirse ao Exército de Salvación (Salvation Army en inglés) cando era un neno[1].
Rolling Stone situou a "Seven Nation Army" no posto 286 na súa lista de 2010 das 500 mellores cancións de todos os tempos[2]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]- "Seven Nation Army"
- "Good to Me" (Brendan Benson)
- "Black Jack Davey" (Tradicional)
O sinxelo en 7" só contén os dous primeiros temas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "bostonphoenix.com - True believers: The White Stripes live out their rock-and-roll fantasy". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2013.
- ↑ "Rolling Stone - 500 greatest songs of all time". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2011. Consultado o 09 de outubro de 2011.