Saltar ao contido

Linares, España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Linares, Jaén»)
Modelo:Xeografía políticaLinares, España
Linares (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°06′00″N 3°38′00″O / 38.1, -3.63333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Xaén Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalLinares (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación55.096 (2023) Editar o valor en Wikidata (278,97 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie197,5 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude419 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJuan Fernández Gutiérrez (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal23700 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE23055 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webciudaddelinares.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451863

Linares[1][2][3][4][5] é unha cidade e municipio situada na provincia de Xaén (Andalucía). Segundo o INE, en 2008 tiña 61.340 habitantes.

Localízase nos contrafortes de Serra Morena e ten unha situación privilexiada por ser encrucillada de camiños e pola súa riqueza agrícola, pecuaria e mineira.

Actualmente Linares é unha cidade moderna, vangardista e ben comunicada en pleno proceso de crecemento que se caracterizou por ser un dos municipios máis importantes de Andalucía debido á súa pioneira e florecente industria. Cos seus 55 096 habitantes segundo o padrón municipal do INE de 2023, é a segunda cidade máis poboada da provincia logo de Xaén capital.

Ruínas do pozo San Vicente na mina de San Miguel.

O asentamento existía desde moitos séculos antes da reconquista co nome de Cástulo, se ben foi no século XI cando unha emigración masiva de poboación para asentarse nos arredores do castelo deu lugar á poboación actual.

O poboado naceu coma un lugar estratéxico de Cástulo sobre unha elevación do terreo para vixiar os arredores. Cando a zona foi conquistada polos musulmáns, asentáronse sobre o lugar estratéxico romano.

En 1227 Fernando III de Castela conquistou o castelo de Linares, sitio utilizado polos cristiáns durante a conquista de Andalucía, séndolle concedidos durante este tempo privilexios ao poboado respectados polos sucesivos reis de Castela, quedando incluída Linares dentro do territorio de reguengo que formaba a vila de Baeza.

No século XVI Linares pasou por unha etapa de gran crecemento demográfico e económico debido ao pulo agrícola e gandeiro, o que se materializou na obtención de título de Vila de mans de Filipe II.

Nos séculos XVII e XVIII, paralelamente á agricultura e á gandería, comezou a desenvolverse con forza a explotación de miñas de chumbo no municipio. Non obstante, consérvanse no arquivo de Simancas datos sobre a achega de chumbo de Linares xa na construción de El Escorial no século XVI. Dito pulo na minería traduciuse nunha produción de duascentas mil a trescentas mil arrobas anuais, con destino principal como material bélico. Esta bonanza e o seu consecuente crecemento demográfico converten a Linares nun importante núcleo económico en Andalucía durante o século XIX e inicios do XX.

En 1875 o rei Afonso XII, mediante Real Decreto, concede a Linares o título de Cidade.

O desenvolvemento de Linares durante o século XIX e XX non tería lugar sen a existencia do ferrocarril, que permitiu a unión do municipio coa práctica totalidade do territorio nacional, e o investimento de capital estranxeiro, principalmente desde o Reino Unido, o cal modernizou a extracción e deu lugar á existencia de consulados na cidade.

Xa mediado o século XX, compróbase que o chumbo é un material tóxico para algúns dos seus principais usos, coma a fabricación de tubaxes, o que provoca unha caída moi importante do seu valor no mercado, e o paulatino peche das minas en Linares, sendo a mina de La Cruz a última en pechar en 1991, o que puxo punto final a unha importante etapa da cidade e a necesaria conversión da súa economía.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Gráfica de evolución demográfica de Linares[6] entre 1842 e 2021
     Poboación de dereito segundo os censos de poboación do INE.     Poboación de feito segundo os censos de poboación do INE.Entre o censo de 1877 e o anterior medra o termo municipal porque incorpora a Tobaruela.[7]
  1. Diccionario enciclopédico galego universal, Diciopedia do século 21, Enciclopedia Galega Universal...
  2. Casal Salgado, Manuel (1996). "Linares". Atlas básico universal. En galego. Edicións Sálvora. p. 24. ISBN 84-88724-40-3. Esta obra foi subvencionada pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Política Lingüística. 
  3. Fernández y Fernández, José Armando (dir. e coord.) (1996). "Linares". Atlas de Galicia e de España. Grupo Anaya. p. 63 [A5]. ISBN 84-207-6594-5. A Real Academia Galega acordou informar favorablemente e respaldar como correctas as solucións lingüísticas ofrecidas no Atlas de Galicia e de España do Grupo Anaya, tanto no que se refiere ó tratamento da toponimia galega, como no que se refiere á adaptación dos topónimos foráneos á lingua galega [sic]. 
  4. Santa María, I.; Massó, N. (2009). "Linares". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 132 [E3]. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  5. "Linares" en Sanmartín, G. (coord.) et al. (2012) Criterios para o uso da lingua p. 129. UDC. ISBN 978-84-9749-504-2.
  6. Instituto Nacional de Estadística. "Alteracións dos concellos nos censos de poboación dende 1842". Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  7. Secretaría Xeral Técnica, Ministerio de Administracións Públicas (2008). Variacións dos Concellos de España dende 1842 (PDF) (1.ª ed.). Goberno de España. Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]