Saltar ao contido

Lira italiana napoleónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lira italiana napoleónica †
Lira italiana napoleonica en italiano
Ámbito: Reino de Italia
Fracción:100 centésimos.
Moedas:1, 3 e 10 centésimos.
1, 5, 10 e 15 soldos.
1, 2, 5, 20 e 40 liras.
Emisor:Banco de Francia

A lira italiana napoleónica foi, xunto co franco francés, a moeda oficial do Reino de Italia baixo o poder napoleónico, entre 1806 e 1814.

Contexto histórico-numismático

[editar | editar a fonte]

De xeito análogo ao caso de Francia, a moeda baseada no vello sistema diñeiro, o soldo e a libra —chamada lira en Italia— mantívose vixente ata o século XVIII. Co éxito da Revolución Francesa e o nacemento da I República, o 7 de outubro de 1793, intentouse introducir en Italia unha nova moeda decimal con base na republicana francesa, cunha unidade de 9 gramos de prata fina.[1] Francia cambiou a súa moeda nacional o 7 de abril de 1795, pasando da libra tornesa ao franco francés, que quedou regulado definitivamente pola Lei do 7 de abril de 1803. O franco debía ser de 900 milésimas de prata e cuñaríanse tamén moedas de 20 francos de ouro, igualmente de 900 milésimas, cun peso teórico de 6,251612 g, creando así un sistema bimetálico cunha relación entre o ouro e a prata de 1:15,5.[2]

En 1796, co inicio da Campaña de Italia dirixida por Napoleón Bonaparte, o nacemento das "repúblicas irmás" e a conquista de Italia, as moedas utilizadas na Península Itálica sufriron unha transformación.[2] No Reino de Sardeña, substituído no período napoleónico pola República Subalpina, o escudo piemontés foi substituído polo franco e, mediante un decreto do 13 de marzo de 1801, ordenouse a emisión de moedas de 5 e de 20 francos desta república.[3] A moeda de 5 francos seguía as prescricións establecidas en Francia en 1795, en tanto que a de 20 francos, cuñada en homenaxe da batalla de Marengo, se cuñou cuns parámetros de tamaño diferentes, que se oficializarían dous anos despois, mediante unha lei de 1803.[4] Na República Lígur reorganizouse a moeda coa introdución dun novo sistema baseado na lira xenovesa;[5] no Reino de Etruria a situación seguiu a ser confusa e arraigou a cuñaxe do florín do Gran Ducado de Toscana;[2][6] finalmente, no Reino das Dúas Sicilias mantívose a piastra ata 1812, cando Joachim Murat introduciu a nova lira napolitana, copia fiel do franco francés e que se mantivo en circulación durante tres anos[7].[8]

O nacemento da lira italiana

[editar | editar a fonte]

Na Italia noroccidental Napoleón creou en 1805 o chamado Reino de Italia, que polo Decreto do 21 de marzo de 1806 pasou a dotarse dunha nova moeda, intercambiable co franco francés á par, a lira italiana.[9] Cuñáronse en cobre moedas de 1, 3 e 5 centésimos, en billón a de 10 centésimos, en para as de 25, 50 e 75 centésimos, e 1, 2 e 5 liras, e en ouro de 20 e 40 liras, todas elas cos pesos e coas medidas establecidas pola citada lei de 1803.[10][11]

Todas estas moedas foron deseñadas e gravadas polo escultor e medallista boloñés Luigi Manfredini (1771-1840), e da súa produción encargáronse as cecas de Boloña, Milán e Venecia.[12]

Nome Imaxe Príodo Parámetros técnicos Cecas Tiraxe
Peso Módulo Aliaxe
1 centésimo
[13]
1807-1813 2,1 g 19 mm Cobre

95 %

Boloña

Milán

Venecia

51.132.733
3 centésimos
[14]
6,3 g 24 mm 19.087.136
Soldo
(5 cent.)

[15]
10,9 g 27 mm 15.297.819
10 centésimos
[16]
1808-1813 2,0 g 18 mm Prata

20 %

Milán 6.665.007
5 soldos
(25 cent.)

[17]
1808-1814 1,2 g 15 mm Prata

90 %

Boloña

Milán

Venecia

10.381.586
10 soldos
(50 cent.)

[18]
2,5 g 18 mm 6.399.013
15 soldos
(75 cent.)

[19]
3,7 g 21 mm Milán 52.999
1 lira
[20]
5,0 g 23 mm Boloña

Milán

Venecia

5.131.340
2 liras
[21]
10 g 28 mm 3.020.176
5 liras
[22]
25 g 38 mm 17.533.111
20 liras
[23]
6,4 g 21 mm Ouro

90 %

Milán 454.506
40 liras
[24]
1807-1814 12,9 g 26 mm 878.503
  1. Taracchini, A. (1999). Páxina 65.
  2. 2,0 2,1 2,2 Taracchini, A. (1999). Páxina 66.
  3. "Repubblica Subalpina[Ligazón morta]". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).
  4. Gigante, F. (2017). Páxinas 197-198.
  5. "Repubblica Ligure Arquivado 01 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).
  6. "Regno d'Etruria Arquivado 01 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).
  7. "Regno delle Due Sicilie Arquivado 01 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).
  8. Gigante, F. (2017). Páxinas 556-564.
  9. Taracchini, A. (1999). Páxina 67.
  10. "Napoleone I. Regno d'Italia Arquivado 14 de maio de 2019 en Wayback Machine.". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).
  11. Gigante, F. (2017). Páxinas 211-228.
  12. Imbellone, A. (2007). "Manfredini, Luigi". En Dizionario biografico degli italiani. Vol. 68. Istituto dell'Enciclopedia Italiana.
  13. "Regno d'Italia: Centésimo Arquivado 14 de maio de 2019 en Wayback Machine.". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).
  14. "Regno d'Italia: 3 centésimi Arquivado 01 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).
  15. "Regno d'Italia: soldo Arquivado 01 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).
  16. "Regno d'Italia: 10 centesimi Arquivado 01 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).
  17. "Regno d'Italia: 5 soldi Arquivado 01 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).
  18. "Regno d'Italia: 10 soldi Arquivado 01 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).
  19. "Regno d'Italia: 15 soldi (Moneta)[Ligazón morta]". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).
  20. "Regno d'Italia: 1 lira Arquivado 01 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).
  21. "Regno d'Italia: 2 lire Arquivado 01 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).
  22. "Regno d'Italia: 5 lire o Scudo (Moneta) Arquivado 01 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).
  23. "Regno d'Italia: 20 lire o Marengo (Moneta) Arquivado 01 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).
  24. "Regno d'Italia: 40 lire Arquivado 01 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Numismatica Italiana (Lamoneta.it).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]