Los Cafres
Los Cafres | |
---|---|
Orixe | Vigo, Galiza |
Xénero(s) | punk rock, garage rock, powerpop |
Selo(s) discográfico(s) | DRO |
Membros | Antonio Ambles Pablo Ramallo Carlos Barreiro Billy Domínguez Toni Lápidas |
Na rede | |
Los Cafres foi unha banda de punk rock galega formada no ano 1984 procedente de Teis, Vigo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu guitarrista Pablo Ramallo era insubmiso, feito que complicou bastante a traxectoria da banda ao non poder anunciar os seus concertos por medo a que fose detido pola Policía Militar.
O guitarrista Toni Lápidas tivo que deixar a banda unha semana antes da gravación do único disco da banda por enfermidade grave do seu fillo. O álbum, S.F. 13 Tractor Cerebral, foi lanzado no ano 1988 polo selo DRO e producido por Alberto Torrado, membro de Siniestro Total e Os Resentidos. Tratábase dun disco cru e ruidoso, no que destacaba o tema "Soy una alimaña", que chegou a contar cun videoclip que foi emitido por Televisión Española.[1] Este tema sería versionado en directo por Siniestro Total no seu álbum Cultura Popular.
Finalmente Ramallo sería detido pola Policía Militar e entraría no cárcere, chegando a facerse concertos de Siniestro Total para recadar fondos para axudalo.
Despois da desaparición de Los Cafres Antonio Amblés foi a voz de Los Motores e representante da banda Kannon, ademais de facer aparicións esporádicas con Siniestro Total. Ademais, mentres Los Cafres continuaba en activo participou dos inicios de Def Con Dos na banda Freddy Krueger y los Masters del Universo, que facía versións de Public Enemy e Beastie Boys.
Toni Lápidas tamén chegou a formar parte de Los Motores. A principios da década dos 2000 formou unha banda chamada Familia Waco con Gonzalo del Ría (ex-baixista dos Motores) e Checho Vázquez (o actual vocalista de Malkeda). Posteriormente Toni e Gonzalo formarían o grupo Arponeros, co que editaron un álbum, Nueve días de arte y ensayo, co produtor Javier Abreu, onde versionan os temas de Los Cafres "Soy una alimaña" e "Algún día caeré".
O batería Billy Domínguez formaría en 1994 a banda Killer Barbies xunto con Silvia Superstar, ex-compoñente de Aerolineas Federales.
Membros
[editar | editar a fonte]- Antonio Ambles: voz
- Pablo Ramallo: baixo-guitarra
- Toni Lápidas: guitarra
- Carlos Barreiro (Yogui): baixo
- Billy Domínguez: batería
Discografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fernando Fernández Rego. lafonoteca.net (en castelán).
- Nonito Pereira Jr. Los Cafres S.F. 13 Tractor Cerebral (LP, DRO, 1987)