Saltar ao contido

Love Buzz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Love Buzz»
canción de Shocking Blue
do álbum At Home
Lanzamento 1969
Formato {{{formato}}}
Gravada
Xénero musical rock psicodélico
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:40
Discográfica Pink Elephant
Produtor(es)
Escritor(es) Robbie van Leeuwen
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Love Buzz" é unha canción escrita por Robbie van Leeuwen, da banda neerlandesa de rock Shocking Blue, editada orixinalmente como parte do álbum da banda At Home en 1989.

Versións

[editar | editar a fonte]

A banda estadounidense de grunge Nirvana gravou unha versión do tema para o seu álbum de estrea Bleach, e esta sería tamén o seu primeiro sinxelo, editado en novembro de 1988 a través do selo Sub Pop. Sería tamén o primeiro sinxelo lanzado polo club Sub Pop Single of the Month. A versión que aparecía no álbum tiña unha mestura distinta á do sinxelo, ao igual que a súa cara-b, "Big Cheese". A versión de Bleach perde o collage de sons de 10 segundos ao inicio do tema elaborado por Kurt Cobain. "Love Buzz" foi posteriormente editado no EP Blew.

O tema tamén foi versionado por Hatcham Social no seu EP Party, lanzado no ano 2008, e unha remestura de "Love Buzz" foi editada a través de Saint Thomas Records no 2009 pola banda psicodélica de Dallas Lithium X-Mas como sinxelo.

«Love Buzz»
sinxelo de Nirvana
do álbum Bleach
Lanzamento novembro de 1988
Formato {{{formato}}}
Gravada xuño - setembro de 1988
Xénero musical grunge, noise rock
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:35
Discográfica Sub Pop Records
Produtor(es) Jack Endino
Escritor(es) Robbie van Leeuwen
Cronoloxía
«-» «Love Buzz» «"Blew
Miscelanea {{{miscelanea}}}

A versión orixinal de Shocking Blue foi sampleada para a canción "Phoenix" de The Prodigy, incluída no seu álbum do ano 2004 Always Outnumbered, Never Outgunned.