Saltar ao contido

Here She Comes Now/Venus in Furs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Here She Comes Now/Venus in Furs»
sinxelo de Nirvana e Melvins
do álbum Heaven & Hell - A Tribute to The Velvet Underground (Volume One)
Lanzamento 1991
Formato {{{formato}}}
Gravada abril de 1990
Xénero musical grunge
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración
Discográfica Communion
Produtor(es)
Escritor(es)
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Here She Comes Now/Venus in Furs" é un sinxelo compartido das banda estadounidenses Nirvana e Melvins. Foi editado en 1991 e inclúe as cancións "Here She Comes Now" interpretada por Nirvana, e "Venus in Furs" por The Melvins. Ámbalas dúas son versións de The Velvet Underground.

O sinxelo limitouse a 1.000 copias dispoñible en 20 cores distintas. A portada aseméllase á dos álbums onde os temas apareceron por vez primeira: a dos Melvins parécese á do álbum The Velvet Underground & Nico, mentres que a cara de Nirvana ao White Light/White Heat.

A versión de Nirvana apareceu posteriormente no álbum tributo Heaven & Hell - A Tribute to The Velvet Underground (Volume One), e no box set With the Lights Out.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
  1. Nirvana: "Here She Comes Now" (John Cale, Sterling Morrison, Lou Reed)
  2. Melvins: "Venus in Furs" (Reed)