Lysol (álbum)
Aparencia
Lysol | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Melvins | ||||
Publicado | 1992 | |||
Gravación | 1992 | |||
Duración | 31:23 | |||
Xénero(s) | sludge metal | |||
Selo(s) | Boner | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Lysol é un álbum da banda de sludge metal estadounidense Melvins, editado no ano 1992 polo selo Boner Records.
Boner Records descoñecía que Lysol era unha marca rexistrada ata despois de imprimir a primeira serie do discos e libretos. Cando lle pediron permiso á Reckitt Benckiser Corporation para usar o nome, este foi denegado. Boner retitulou oficialmente como Melvins e tapou a palabra Lysol no disco e no libreto. Pouco despois da edición inicial, a cinta e a tinta que tapaban as palabras desprendíanse con facilidade, e moitos seareiros as quitaron. Posteriormente, os intentos de facelo causaban danos e nas seguintes edicións eliminouse completamente a palabra.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas compostos por Buzz Osborne, agás onde se indique.
N.º | Título | Escritor(es) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Hung Bunny" | 10:42 | |
2. | "Roman Dog Bird" | 7:38 | |
3. | "Sacrifice" | Will Shatter | 6:11 |
4. | "Second Coming" | Alice Cooper | 1:14 |
5. | "The Ballad of Dwight Fry" | Michael Owen Bruce, Cooper | 3:11 |
6. | "With Teeth" | 2:26 |