Love Me Do
"Love Me Do" | |||||
---|---|---|---|---|---|
Canción de The Beatles | |||||
do Álbum Please Please Me | |||||
Lanzamento | Reino Unido - 5 de outubro de 1962 Estados Unidos - 27 de abril de 1964 | ||||
Formato | Sinxelo 7", 45 RPM | ||||
Gravada | 4 de setembro (versión sinxelo) e 11 de setembro (versión álbum) de 1962 — EMI Studios, Londres | ||||
Xénero musical | Rock and roll | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 2:22 | ||||
Discográfica | Parlophone (GBR) Tollie Records (USA) | ||||
Produtor(es) | George Martin | ||||
Escritor(es) | Lennon—McCartney | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
«Love Me Do» é a primeira canción gravada polo grupo británico dos Beatles composta por John Lennon e Paul McCartney, principalmente por este último entre 1958 e 1959. A canción foi lanzada como sinxelo no Reino Unido, na súa primeira versión, o 5 de outubro de 1962, con «P.S. I Love You» ocupando a cara B do disco e figura no primeiro álbum de The Beatles, Please Please Me, comercializado o 22 de marzo de 1963. Alcanzou o n.º 17 nunha das listas británicas, sendo relanzado, xa na súa segunda versión, en 1982, alcanzando nesta ocasión o n.º 4. En Estados Unidos, que desde o principio editouse na súa segunda versión, o sinxelo foi n.º 1 en 1964.
Composición e gravación
[editar | editar a fonte]A canción comezaba cun harmónico de blues tocado por John Lennon, agregándose Lennon e McCartney coas voces principais simultaneamente (George Harrison interveu na harmonía vocal); malia que era Lennon o que tiña que cantar o só do título da canción, finalmente decidiuse que o interpretase McCartney, xa que Lennon tiña que utilizar a harmónica cando regresaban os instrumentos no «do» de «love me doo».
«Love Me Do» foi gravada en varias ocasións con tres baterías diferentes:
- Os Beatles gravárona primeramente o 6 de xuño de 1962 con Pete Best á batería, como parte da súa audición nos estudos de EMI de Londres.
- Para o 4 de setembro, Best foi remplazado por Ringo Starr (o produtor George Martin non aprobara a interpretación de Best á batería), e ese mesmo día os Beatles volveron gravar con Starr unha nova versión da canción nos mesmos estudos de EMI.
- Unha semana despois, o 11 de setembro, os Beatles regresaron ao mesmo estudo para gravar «Love Me Do» co batería de sesión Andy White, xa que George Martin estaba pouco satisfeito coa interpretación de Starr á batería, relegándolle para esta ocasión a que tocase a pandeireta na canción.
Con todo, o primeiro sinxelo dos Beatles incluía a versión de «Love Me Do» con Ringo Starr á batería. Foi esta versión a que só puido alcanzar no Reino Unido o n.º 17 no Record Retailer, unha das catro principais listas musicais que había entón en Gran Bretaña. A versión con Andy White á batería non aparecería ata a edición do álbum Please Please Me en marzo de 1963, á vez que as sucesivas reediciones do sinxelo «Love Me Do» xa o facían coa versión que se incluíu no primeiro LP do grupo e a versión de Pete Best sería incluída na recompilación Anthology 1.
Persoal
[editar | editar a fonte]Na versión gravada o 6 de xuño de 1962 e publicada en Anthology 1:
- John Lennon - harmónica, voz principal conxunta
- Paul McCartney - baixo eléctrico, voz principal conxunta
- George Harrison - guitarra acústica
- Pete Best - batería
- Produtor: George Martin
Na versión gravada o 4 de setembro de 1962 e publicada en sinxelo o 5 de outubro de 1962:
- John Lennon - harmónica, voz principal conxunta
- Paul McCartney - baixo eléctrico, voz principal conxunta
- George Harrison - guitarra acústica
- Ringo Starr - batería
- Produtor: George Martin
Na versión gravada o 11 de setembro de 1962 e publicada no álbum Please Please Me:
- John Lennon - harmónica, voz principal conxunta
- Paul McCartney - baixo eléctrico, voz principal conxunta
- George Harrison - guitarra eléctrica
- Andy White - batería
- Ringo Starr - pandeireta
- Produtor: Ron Richards, en ausencia de George Martin
Outras versións
[editar | editar a fonte]"Love Me Do" foi regravada por outros artistas entre eles: Sandie Shaw en 1969, Ringo Starr no álbum solo de 1998 Vertical Man, Emmerson Nogueira en 2004 e David Bowie cantouna na xira de Ziggy Stardust.
Posición nas listas
[editar | editar a fonte]- «Love Me Do» na versión con Ringo Starr a batería
Ano | País | Lista | Posición [1][2][3] |
Semanas n.º 1 | Semanas na lista |
---|---|---|---|---|---|
1962 | ![]() |
Record Retailer | 17 | — | 18 |
New Musical Express | 27 | — | |||
Melody Maker | 21 | — | 16 | ||
1964 | ![]() |
Billboard Hot 100 | 67 | — |
- «Love Me Do» na versión con Andy White a batería
Ano | País | Lista | Posición [4][5][6] |
Semanas n.º 1 | Semanas na lista |
---|---|---|---|---|---|
1964 | ![]() |
Billboard Hot 100 | 1 | 1 | 14 |
Record World | 1 | 1 | |||
Cash Box | 1 | 1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "On The Charts". About The Beatles (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2013. Consultado o 26 de diciembre de 2010.
- ↑ (Harry 2000, pp. 260—273)
- ↑ Cross, Craig (2010). "Love Me Do b/w P.S. I Love You". Beatles-discography.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2010.
- ↑ Price, Randy. "CASH BOX TOP SINGLES – 1964". cashboxmagazine.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2010. Consultado o 25 de diciembre de 2010.
- ↑ "Chart Comparisons - Singles" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 25 de diciembre de 2010.
- ↑ "The Beatles - Billboard Singles". Allmusic (en inglés). Consultado o 20 de diciembre de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Harry, Bill (2000). Virgin Publishing, ed. The Beatles — Encyclopedia. Revised and updated. Londres (en inglés). ISBN 0 7535 0481 2.