Saltar ao contido

Manuela Lema Villar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuela Lema Villar

Pandeireteiras de Mens. Manuela é a primeira pola dereita.
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor en Wikidata
Mens, España Editar o valor en Wikidata
Morte1993 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Actividade
Ocupaciónlabrega Editar o valor en Wikidata
Membro de

Manuela Lema Villar,[1] tamén chamada Manuela de Benita,[2] nada en Mens (Mens, Malpica de Bergantiños) en 1913 e finada en 1993, foi unha cantareira galega.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traballou como labrega.[1] Xunto con Prudencia e Asunción Garrido, Teresa Lema Varela e Adela Rey Torrado formou parte das Pandeireteiras de Mens.[1] Tras coñecer a Manuel Cajaraville Pensado en 1972, acompañaron a Agrupación Folclórica Aturuxo por países europeos e americanos.[1]

Foi escollida, xunto con Prudencia e Asunción Garrido, Adolfina Casás, Rosa Casás e Eva Castiñeira, como parte da candidatura das cantareiras para ser homenaxeada no Día das Letras Galegas 2025.[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Boullón Agrelo, Ana. "Da tradición á vangarda". Real Academia Galega. Consultado o 2025-01-02. 
  2. Busto Miramontes, Beatriz (2021). "Pandereteiras de Mens". Consultado o 2025-01-02. 
  3. As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]