Metro de Vigo
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O metro ou metro lixeiro de Vigo é un proxecto en fase de estudo de ferrocarril metropolitano ou tren lixeiro a implantar na cidade olívica e a súa área metropolitana.
Antecedentes e orixes do proxecto
[editar | editar a fonte]Vigo contou con unha rede de tranvías urbanos e metropolitanos desde 1914 até o 31 de decembro de 1968, ano no que o concello de Vigo adxudicou a Vitrasa o novo servizo de transporte público de autobuses nun controvertido proceso que chegou á mans da xustiza.[1]
Deste xeito, desapareceron os tranvías que daban servizo á cidade de Vigo e máis os núcleos urbanos de Lavadores e Teis, así como a vilas como Nigrán, Baiona, Gondomar ou O Porriño, e con plans para chegaren até Mondariz e o seu balneario, constituíndo unha verdadeira rede tranviaria de proximidades para o hínterland vigués.[2] [3]
Co cambio de século e á luz da inauguración do Metro do Porto, así como co proxecto de converter o tranvía turístico da Coruña nun metro lixeiro útil, xurdiron unha vaga de propostas para pór en marcha servizos de metro lixeiro nas urbes galegas, destacando Vigo.
As propostas chegaban a proxectos e algúns destes lograron ter estudos de viabilidade, mais os cambios de goberno en Vigo e, sobre todo, en Santiago fixeron que os prazos se foran dilatando até a chegada da crise de 2008 e a austeridade que a sucedeu, o que fixo que a Xunta, finalmente, deixara o proxecto do metro vigués nun caixón.
Distintas iniciativas e proxectos
[editar | editar a fonte]Proxecto 2001
[editar | editar a fonte]Coincidindo coas obras do Metro do Porto, na primavera do ano 2001 o responsábel da COTOP, Xosé Cuíña, e o tenente de alcalde de Vigo, Carlos Príncipe, asinaron un convenio de colaboración para pór en marcha o metro lixeiro da cidade.[4] O novo metro lixeiro contaría con tres liñas:[5]
- Liña circular pola Avenida Beiramar - Rúa Colón - Rúa Urzáiz - Gran Vía - Rúa da Coruña
- Liña entre Samil e Gran Vía pola Rúa Venezuela - Avenida das Camelias - Avenida Castelao - Avenida de América
- Liña entre a Avenida Beiramar e Bouzas
Malia a intención de comezar as obras en 2003, o proxecto non saíu adiante por mor da inestabilidade municipal en Vigo.[6]
Proxecto 2005
[editar | editar a fonte]A uns días das eleccións, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, propuxeron unha rede de metro, que non metro lixeiro, parcialmente subterráneo.
O proxecto estimouse nun custo de 442,5 millóns de euros, dos cales 400 corresponderían a infraestrutura, perante ao resto, correspondente aos vehículos. O 46% do custo estimado das infraestruturas estaría adicado ás infraestruturas subterráneas.
- Liña: O Berbés - Estación Marítima - Sede da Xunta - Arenal - Isaac Peral (inicio subterráneo) - Renfe - Gran Vía-Corte Inglés - Praza de España - Gran Vía-A Salgueira - Praza de América - A Florida - A Bouza - Navia[7]
Cun trazado de 8 quilómetros, dos que o 75% transcorrería baixo terra, a viaxe por el sería completada en 17 minutos. A intención era inauguralo en 2009.[8]
Proxecto 2006
[editar | editar a fonte]O cambio de goberno na Xunta tirou por terra o proxecto presentado seis días antes das eleccións polo vicepresidente Núñez Feijóo. O novo proxecto da conselleira María José Caride consistía nunha liña duns 5 quilómetros de lonxitude deseñada polos técnicos da UXT que contaría cunhas 15 paradas.
A única liña partiría da Estación Marítima, conectando polo litoral e Isaac Peral coa estación de Vigo-Urzáiz, para continuar pola Rúa do Príncipe até ás prazas da Independencia e de América, concluíndo no novo barrio de Navia.[9]
O proxecto non chegou a pasar o estudo de viabilidade ao non contemplar conexións coa área metropolitana. [10]
Proxecto 2009
[editar | editar a fonte]O goberno bipartito puxo en marcha un novo proxecto de metro para Vigo no ocaso da lexislatura.[11] Nesta ocasión estudiouse a realización da obra en dúas fases: [12]
- Primeira fase: creación de dúas liñas en superficie (250 millóns de euros).
- Liña 1 - Eixo litoral: Samil - Avenida de Europa - Avenida de Castelao - Rúa da Coruña - Torrecedeira/Pi i Margall - Policarpo Sanz (ou rúas paralelas) - Urzáiz
- Liña 2 - Eixo interior: Univerisade - PSA - Balaídos - Avenida de Fragoso - Praza de América (conexión co eixo litoral)
- Fases posteriores:
- Continuación do eixo interior subterráneo desde a Praza de América - Gran Vía - Urzáiz - Aeroporto
- Continuación do eixo litoral até Teis.
A estimación do custo de toda a infraestrutura estimouse nuns 636,26 millóns de euros. Contaría con 31,7 quilómetros de percorrido, cun 12% da infraestrutura subterránea quedando o resto en superficie e con 39 paradas. A estimación de usuarios rondaba os 23,1 millóns anuais. [13]
A principal novidade respecto os proxectos anteriores foi a valoración de conexións con outros municipios pertencentes a área metropolitana de Vigo. [14]
Proxecto 2011
[editar | editar a fonte]De novo, outro cambio de goberno tralas eleccións de 2009 propiciou que o novo executivo desbotara o proxecto anterior. Con Núñez Feijóo, que xa prometera seis anos atrás a posta en marcha dun metro en Vigo, ao retornar ao poder, esta vez como presidente, prometeu un metro lixeiro para Vigo, A Coruña e, por primeira vez desde instancias autonómicas, tamén para Santiago de Compostela. Os sistemas de metro lixeiro entrarían en funcionamento no ano 2015. [15]
O proceso tivo curto percorrido, o que non evitou a polémica no proceso da avaliación ambiental dos estudos dos metros. [16] Un ano máis tarde, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Agustín Hernández anunciaba a dificultade para continuar co proxecto por motivos económicos, sen chegar a ver a luz o plan encargado un ano antes pola Xunta para o metro lixeiro vigués [17]
Actualidade
[editar | editar a fonte]En 2021, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, descartou definitivamente a posibilidade de que o Concello de Vigo apostase con ou sen o apoio autonómico pola construción dun sistema de tranvía ou metro lixeiro na cidade polo alto custo económico da obra, do mantemento da infraestrutura e o servizo.[18]
En 2023, a agrupación local do BNG propuxo a creación dunha liña de tranvía (ou trolebús) para mellorar o transporte urbano da cidade, seguindo os pasos de cidades como Vitoria-Gasteiz. A liña de 9 quilómetros e 19 paradas, estruturada nun eixo leste-oeste, decorrería na súa totalidade en superficie vertebrando a cidade desde a praia da Calzoa en Samil até Teis.[19] [20] [21]
Nas eleccións de 2024, o partido Sumar propuxo a construción e posta en marcha dun metro lixeiro metropolitano tanto en Vigo como na Coruña, aproveitando as infraestruturas ferroviarias existentes se se puider.[22]
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ https://praza.gal/politica/50-anos-do-cambio-de-tranvias-por-buses-en-vigo-cun-suborno-e-con-rajoy-e-conde-pumpido-como-xuiz-e-fiscal
- ↑ https://www.spanishrailway.com/tranvias-electricos-de-vigo/
- ↑ https://www.vigoe.es/opinion/vigo-tuvo-servicio-de-cercanias-en-la-dictadura/
- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2001/05/02/cuina-principe-firman-convenio-metro-ligero-ante-indiferencia-bng/0003_541387.htm
- ↑ https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/e2c686ce-340a-42c9-8a4f-837507a0e36a_source-aspect-ratio_default_0.jpg
- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2002/09/14/hundimiento-politico-carlos-principe-sume-olvido-plan-metro-ligero/0003_1231094.htm
- ↑ https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/22510e6a-112f-49a5-b1c7-3eb2467c4446_16-9-aspect-ratio_default_0.jpg
- ↑ https://xornal.vigo.org/noticias/4963-xunta-e-concello-propontildeen-que-vigo-conte-cunha-lintildea-de-metro-en-2009
- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2006/02/25/xunta-estudia-viabilidad-construccion-metro/0003_4549370.htm
- ↑ https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/anteproyectos-un-metro-ligero-vigo-coruna-echan-andar-KBCG410082
- ↑ https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2009/20090326/Anuncio11E22_gl.html
- ↑ "En exposición pública los proyectos de metro ligero para A Coruña y Vigo" (en castelán). Parámetro descoñecido
|fecha=
ignorado (suxírese|data=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|nombre=
ignorado (suxírese|nome=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|apellido=
ignorado (suxírese|apelidos=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|sitioweb=
ignorado (suxírese|páxina-web=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|fechaacceso=
ignorado (suxírese|data-acceso=
) (Axuda) - ↑ "El metro de Vigo tendrá 39 paradas y más de 30 km" (en castelán). Parámetro descoñecido
|fecha=
ignorado (suxírese|data=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|apellido=
ignorado (suxírese|apelidos=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|sitioweb=
ignorado (suxírese|páxina-web=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|fechaacceso=
ignorado (suxírese|data-acceso=
) (Axuda) - ↑ https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/anteproyectos-un-metro-ligero-vigo-coruna-echan-andar-KBCG410082
- ↑ https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110214/Anuncio550A_gl.html
- ↑ https://praza.gal/politica/unha-decada-da-desaparicion-do-metro-lixeiro-das-promesas-da-xunta-das-obras-que-feijoo-via-rematadas-en-2009-aos-plaxios-de-2011
- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2012/07/11/metro-ligero-aparca/00031341960948646457399.htm
- ↑ "Caballero descarta un tranvía: «Hay ciudades quebradas por construirlo»". Parámetro descoñecido
|fecha=
ignorado (suxírese|data=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|periódico=
ignorado (suxírese|xornal=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|fechaacceso=
ignorado (suxírese|data-acceso=
) (Axuda) - ↑ https://vigo.bng.gal/articulo/novas/bng-vigo-novo-transporte-alternativo-navia-teis/20230524170745006214.html
- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2023/05/25/bng-resucita-proyecto-metro-ligero-tranvia-navia-teis/0003_202305V25C2994.htm
- ↑ https://pbs.twimg.com/media/Fw_bNuBWAAA5jdN?format=jpg&name=4096x4096
- ↑ https://www.nosdiario.gal/articulo/politica/sumar-aposta-metro-lixeiro-coruna-vigo/20240208142654189747.html