Avenida de Europa (Vigo)
Coordenadas: 42°12′47″N 8°45′54″O / 42.212954676266, -8.7650249969767
Avenida de Europa | |
---|---|
Tipoloxía | avenida, bulevar |
Localización | |
Inicio | Coia |
Fin | Avenida de Samil |
Localidade | Vigo |
A avenida de Europa é unha vía urbana de Vigo que conecta a circunvalación da VG-20 a altura de Coia coa praia de Samil.
Historia
[editar | editar a fonte]A construción da avenida data do ano 1980, coa fin de unir o centro da cidade coas praias de Samil e o Vao como vía alternativa á avenida da Atlántida. Nesas datas, España viña de se adscribir á Unión Europea. É por iso que a avenida foi denominada como tal.
Antes da construción da avenida, a contorna era fundamentalmente rural, con vivendas unifamiliares e terreos de minifundio. Coa construción do vial construíronse as primeiras urbanizacións, que alternaban vivendas unifamiliares de tipo chalé con edificios. Ditas urbanizacións supuxeron a creación de rúas perpendiculares á avenida, que recibiron nomes de microtopónimos da contorna, como Cerqueiro, Pereiras ou Lourido.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Ao final da avenida, xunto á praia de Samil, sitúase a escultura O rapto de Europa, de Juan Oliveira Viéitez. A figura simboliza o rapto da princesa fenicia Europa, que segundo a mitoloxía grega raptou o deus Zeus transformado en touro. A princesa porta na man a bandeira da Unión Europea. [1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O Rapto de Europa na páxina do concello.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Miguel Ángel Martínez López. Historias sociais, urbanas e mediáticas do Casco Vello de Vigo. Castrelos 9-10 (1996-1997). 313-338