Avenida da Florida (Vigo)
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avenida da Florida | |
---|---|
Localización | |
Localidade | Vigo |
Código postal | 36210, 36213 |
A avenida da Florida é unha vía urbana da cidade de Vigo. Constitúa unha das principais arterias do rueiro olívico, e unha das varias vías que parten de xeito radial desde a Praza América. Desemboca nunha rotonda sobre o río Lagares, comunicando coas rúa de Citroën e a Estrada de Camposancos. É unha das principais vías de acceso polo sur da cidade.
Recibe o nome da parroquia homónima que percorre, Santo Antonio da Florida, que á súa vez provén probabelmente dunha casa de indianos rosarinos que se estableceron na zona.[1] Coa chegada do tranvía, unha das propias paradas pasou a denominarse tamén A Florida. Finalmente, co desmantelamento destes, a avenida mantivo o mesmo nome.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sestay Martínez, Iván (2008). Toponimia do Val do Fragoso. Coia. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Álvarez Blázquez, Xosé María (1960). La Ciudad y los días. Calendario histórico de Vigo.[cómpre nº de páxina] Editorial Monterrey (en castelán).
Rueiro de Vigo | |
---|---|
Avenidas | |
Calellos, camiños e quellas | |
Estradas | |
Paseos | |
Prazas | |
Rondas | |
Rúas |