Saltar ao contido

Paseo de Afonso XII (Vigo)

Paseo de Afonso XII
Localización
InicioRúa de Elduayen
FinRúas de Pi y Margall e Falperra
LocalidadeVigo

O paseo de Afonso XII é unha vía urbana da cidade de Vigo. Comeza na rúa Elduayen e remata na rotonda onde conflúen as rúas Falperra e Pi y Margall. Inaugurouse en 1943 como un bulevar,[1] e leva o nome de Afonso XII de España.

Nela localízase un dos miradoiros máis importantes da cidade, un balcón de balaustrada metálica con bancos e plataneiros onde se atopan dous dos símbolos da cidade: A Oliveira e a escultura A Fada e o Dragón. A primeira remite ao pasado vigués, cando a burguesía da cidade apoiara a Xoana a Beltranexa durante a sucesión da coroa de Castela. Daquela, a cidade estaba ateigada de oliveiras, que foran arrasadas e queimadas como represalia.[2] A oliveira do paseo de Afonso XII lembra esta efeméride, e emula o crecemento da árbore como metáfora de crecemento da cidade. A segunda é unha escultura de Xaime Quesada, homenaxe a poetas, trobadores e cancioneiros da tradición oral galega.

Elementos singulares

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Así era o paseo de Alfonso XII e así o imaxina Alfonso Penela coa peonilización". VigoE. Consultado o 8 de xullo de 2024. 
  2. "Paseo de Alfonso XII". Concello de Vigo. Consultado o 8 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]