Avenida de García Barbón (Vigo)
Rúa de García Barbón | |
---|---|
Lonxitude | 1,7 km |
Localización | |
Inicio | Sanjurjo Badía |
Fin | Policarpo Sanz |
Localidade | Vigo |
Código postal | 36201 |
A rúa da García Barbón é unha vía urbana da cidade de Vigo. Constitúa unha das principais arterias do rueiro olívico, e unha das vías que conecta o barrio de Teis co centro urbano.
Trátase dunha avenida de entre dous e tres carrís, bidireccional, e que no seu percorrido atravesa rúas importantes coma a rúa de Isaac Peral, Rosalía de Castro, Afonso XIII, República Arxentina e Colón. A rúa termina coa súa unión coa rúa de Policarpo Sanz.
Recibe o seu nome de Xosé García Barbón, empresario verinés afincado e finado en Vigo. Após de emigrar a Habana, volveu á cidade, onde comprou diferentes propiedades e construíu varios edificios senlleiros, coma o Teatro Rosalía de Castro ou a Escola de Artes e Oficios, entre outros.
Historia
[editar | editar a fonte]A rúa de García Barbón foi construída e humanizada a finais do século XIX. Inicialmente a vía era moito máis longa, con aproximadamente 1 700 metros de lonxitude, pois abarcaba a que a día de hoxe é a rúa Policarpo Sanz. Estaba pensada como unha circunvalación que conectase Teis, concretamente a rúa de Julián Estévez, coa Porta do Sol.[1]
A rúa é unha das máis largas de Vigo, e conseguiuse tras fusionar dous ramais paralelos proxectados e expropiar os terreos entre unha e outra vía. Durante a época de José Elduayen encargouse a expropiación dos terreos e a humanización da vía, que custou unhas 150 000 pesetas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "García Barbón, una amplia calle del XIX". La Voz de Galicia. Consultado o 22 de xaneiro de 2025.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avenida de García Barbón |